Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Coliflor ao gratén

15 Xullo, 2015

Coliflor ao gratén

Coliflor ao gratén

Información nutricional:

Kcal: 297,8
Proteínas: 17,7%
Hidratos de carbono: 39,4%
Lípidos: 42,9%

Ingredientes

  • 150 g coliflor
  • 1/2 grande (80 g) pataca
  • 8 g fariña
  • 1/2 vaso (100mL) leite desnatado
  • 5 g queixo parmesano
  • 20 g xamón cocido
  • 1 cullerada (8mL) aceite oliva
  • sal ao gusto
  • noz moscada
  • pementa branca

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Limpar e escoller follas de coliflor do mesmo tamaño. Cocer nunha cacerola as patacas e a coliflor. Escorrer e reservar. Noutra pota preparar a bechamel co aceite, a fariña e o leite quente. Unha vez preparada a bechamel, engadir o xamón en tiras. Cubrir con queixo as patacas e coliflor e gratinar uns minutos no forno a 180ºC.

Vantaxes:
Aporta moi pouco valor calórico, o cal é adecuado en dietas de adelgazamento. A coliflor é unha boa fonte de fibra e vitaminas, entre as que destacan os grupos B ou C. Estas particularidades convértena nun bo alimento para incluílo na dieta de mulleres embarazadas xa que favorece o crecemento e desenvolvemento do feto. Tamén aporta boas cantidades de minerais como potasio, magnesio ou fósforo. As súas propiedades diuréticas eliminan o exceso de líquidos polo que proporcionan beneficios para a hipertensión e redución do ácido úrico. As altas porcentaxes de elementos fitoquímicos (glucosinolatos, isotiocianatos, indoles e fibra) favorecen a prevención de enfermidades dexenerativas como o cancro.

Polo ao allo con patacas palla

Polo ao allo con patacas palla

Polo ao allo con patacas palla

Información nutricional:

Kcal: 510,2
Proteínas: 40,9%
Hidratos de carbono: 17,4%
Lípidos: 41,7%

Ingredientes

  • 225 g polo
  • 75 mL caldo carne
  • 25 mL viño branco
  • 10 g fariña
  • 1/3 (45 g) pataca conxelada
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto
  • caiena
  • perexil

Instruccións

Tempo preparación: De 15 a 20 minutos

Fritir o polo salpementado. Nunha tixola á parte nun pouco de aceite refogar o allo laminado e caiena. Cubrir de fariña sen que se queime. Mollar con viño branco deixando reducir. Mollar con caldo de carne. Cocer un par de minutos. Acompañar de pataca palla.

Vantaxes:
Este prato combina as propiedades do polo, sendo este rico en aminoácidos de fácil asimilación, vitaminas do grupo B e minerais como potasio, ferro e fósforo; coas propiedades da pataca, que destaca polo seu contido en amidón, o seu baixo aporte de proteínas e graxas; e é unha importante fonte de minerais como potasio, magnesio e fósforo, e vitaminas do grupo B e vitamina C.

Arroz branco con champiñóns

Arroz branco con champiñóns

Arroz branco con champiñóns

Información nutricional:

Kcal: 381,0
Proteínas: 17,5%
Hidratos de carbono: 35,2%
Lípidos: 47,3%

Ingredientes

  • 80 g arroz
  • 75 g champiñóns enlatados
  • 75 g salsa tomate
  • 50 mL caldo de ave
  • 40 mL auga
  • 11 g cebola
  • 8 g xamón cocido
  • 1 dente (4g) allo
  • 1 cullerada (8mL) aceite oliva
  • loureiro
  • perexil picado
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Refogar, nunha cazola coa metade do aceite, o allo e a cebola picada. Engadir o arroz e mollar co caldo de carne quente. Poñer sal e loureiro e deixar cocer ó forno 20 minutos a 180ºC. Nun cazo á parte, refogar a lume vivo os champiñóns en aceite e engadir o xamón en dados, e a salsa de tomate. Deixar cocer varios minutos. Presentar o arroz branco cocido e sobre este a salsa de champiñóns co xamón. Cubrir con perexil.

Vantaxes:
O arroz é rico en amidón, contén vitaminas do grupo B, fósforo e potasio. É un alimento positivo para a prevención e a mellora dalgunhas patoloxías como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio. A excelente dixestibilidade do arroz, ligada a unha acción astrinxente (debida a carencia de fibra), fan do arroz un alimento indicado para recuperar a mucosa intestinal tras unha gastroenterite. A isto hai que sumarlle as propiedades antioxidantes dos champiñóns, debidas á ergotioneína.

Atún encebolado

Atún encebolado

Atún encebolado

Información nutricional:

Kcal: 452,3
Proteínas: 37%
Hidratos de carbono: 24%
Lípidos: 39%

Ingredientes

  • 150 g atún
  • 1 (100g) pataca
  • 1 pequena (75g) cebola
  • 1/2 (50 g) pemento verde
  • 50 mL caldo de peixe
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 15 a 20 minutos

Refogar en aceite o allo picado, a cebola e o pemento verde en tiras. Engadir o caldo de peixe e deixar quecer 5 minutos. Salar e dourar o atún na prancha volta e volta. Cubrir coa salsa e rematar no forno durante 5 ou 10 minutos a 180ºC.

Vantaxes:
A carne do atún posúe un 12% de graxa, rica en ácidos omega-3, que axudan a rebaixar os niveis de colesterol e triglicéridos do sangue, diminuíndo o risco de doenzas como a aterosclerose, trombose, así como a prevención de enfermidades cardíacas. Ademais, destaca pola súa composición en vitaminas e minerais. Entre as primeiras destacan as do grupo B. Outros grupos importantes de vitaminas son as liposolubles, como a A e D. Os minerais que destacan na composición do atún son o fósforo e o magnesio, dando, ademais, altos niveis de ferro e iodo.

Grellada de verduras

Grellada de verduras

Grellada de verduras

Información nutricional:

Kcal: 141,4
Proteínas: 10,6%
Hidratos de carbono: 25,8%
Lípidos: 63,6%

Ingredientes

  • 1 pequeno (75 g) tomate
  • 50 g cabaciño
  • 50 g berenxena
  • 1 (40 g) cenoria conxelada
  • 20 g espárrago verde
  • 25 g perexil
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 15 a 20 minutos

Lavar, limpar as verduras e cortar. Poñer sal e facer lixeiramente á prancha. A cenoria é preferible cocela uns minutos antes. Cubrir con perexil e poñer un pouco de aceite de oliva virxe.

Vantaxes:
A combinación de espárrago verde, tomate, cenoria, berenxena, cabaciño e perexil aporta ó organismo importantes cantidades de vitaminas do grupo B, A e C, e minerais tales como potasio, magnesio, ferro ou calcio, entre outros. Ademais presentan substancias cun elevado poder antioxidante, propiedade que favorece a loita fronte ós radicais libres que provocan o envellecemento celular.