Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Peituga de pavo ao allo

15 Xullo, 2015

Peituga de pavo ao allo

Peituga de pavo ao allo

Información nutricional:

Kcal: 367
Proteínas: 37,1%
Hidratos de carbono: 18,2%
Lípidos: 44,7%

Ingredientes

  • 150 g peituga de pavo
  • 50 g arroz
  • 2 dentes (10g) allo
  • 3 culleradas (15 mL) aceite oliva
  • perexil
  • sal ao gusto
  • loureiro

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer o arroz en auga con sal. Á parte, rustrir o dente de allo nunha sartén con aceite de oliva. A continuación, adubar a peituga e facer á prancha. Servir o arroz como gornición.

Vantaxes:
O pavo é fonte de proteínas, vitaminas do grupo do complexo B e ácido fólico e de minerais como o fósforo, o potasio, o magnesio, o ferro e o zinc. A carne de pavo contén maior proporción de graxa insaturada que axuda a previr os problemas do corazón. Ademais presenta menor contido en graxas saturadas e menor valor calórico.
Por outra parte, o allo presenta numerosas propiedades medicinais, desde unha acción depurativa e tonificante do organismo a propiedades vitalizadoras. Tamén se lle atribúen propiedades antirreumáticas e antigotosas, ademais son expectorantes e anticatarrais.

Inconvenientes:
Inconvenientes do allo: mal sabor de boca que deixa o seu consumo, aínda que se pode contrarrestar mascando unha rama de apio ou perexil fresco, ou preparando un enxugue bucal con auga tibia e zume de limón.

Mazá asada

Mazá asada

Mazá asada

Información nutricional:

Kcal: 131,1
Proteínas: 3,2%
Hidratos de carbono: 94,1%
Lípidos: 2,7%

Ingredientes

  • 1 (160g) mazá
  • 1/4 (50 mL) viño branco
  • 8 g azucre

Instruccións

Tempo preparación: De 15 a 20 minutos

Lavar e quitar o corazón á mazá. Facer un corte pequeno na pel para evitar que rompa no forno. Colocar nunha fonte de forno e poñer viño branco, azucre e auga. Introducir no forno 30 minutos a 170ºC. Pódese consumir quente.

Vantaxes:
A mazá é das froitas máis completas e enriquecedoras na dieta. Está composta dun 85% de auga. Os nutrientes máis abundantes despois da auga son os azucres, sobre todo a fructosa, e en menor proporción sacarosa e glucosa. É fonte discreta de vitamina E e aporta unha escasa cantidade de vitamina C. É rica en fibra, e como mineral destaca o potasio. A vitamina E posúe acción antioxidante, en parte debida ós elementos fitoquímicos que posúe, tales como flavonoides e quercitina.

Macarróns con atún

Macarróns con atún

Macarróns con atún

Información nutricional:

Kcal: 435,1
Proteínas: 17,7%
Hidratos de carbono: 33,9%
Lípidos: 48,4%

Ingredientes

  • 90 g macarróns
  • 50 g atún aceite
  • 150 g salsa tomate
  • 40 g cebola
  • 10 g perexil
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto
  • ourego

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer a pasta en auga fervendo con sal. Mentres, rustrir a cebola nunha tixola con aceite. Engadir a salsa de tomate e o atún desmigado. A continuación engadir a pasta e dar ou punto de sal e pementa. Cubrir con ourego.

Vantaxes:
Ademais do aporte calórico da pasta e do atún, debemos ter en conta que neste prato emprégase salsa de tomate. O tomate e os seus derivados presentan numerosos beneficios para o organismo, tales como propiedades antioxidantes, debidas ó licopeno ou efecto diurético propio do potasio.

Arroz á milanesa

Arroz á milanesa

Arroz á milanesa

Información nutricional:

Kcal: 298,1
Proteínas: 10,4%
Hidratos de carbono: 40,4%
Lípidos: 49,3%

Ingredientes

  • 80 g arroz
  • 20 g champiñóns
  • 20 g xamón cocido
  • 20 g chícharos
  • 10 g perexil
  • 20 g pemento morrón
  • 3 culleradas (30 g) salsa tomate
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto
  • colorante alimentario

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

No aceite de oliva rustrir o allo, engadir os champiñóns laminados e o arroz. Mollar con auga ou caldo de carne, deixar ferver. Poñer a punto de sal. Engadir o pemento en dados e o xamón. Engadir os chícharos crudos. Meter no forno 18 minutos a 180ºC. Acompañar de sasa de tomate. Cubrir con perexil.

Vantaxes:
O compoñente maioritario do arroz é o amidón (70-80%). O contido de proteínas do arroz rolda o 7%, e contén naturalmente apreciables cantidades de tiamina ou vitamina B1, riboflavina ou vitamina B2 e niacina ou vitamina B3, así como fósforo e potasio. Pero no proceso de refinamento e pulido, pérdese ata o 50% do seu contido en minerais e o 85 % das vitaminas do grupo B, quedando xa que logo convertido nun alimento sobre todo enerxético. O arroz é un alimento positivo para a prevención e mellora dalgunhas patoloxías, como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio. Ademais, a súa excelente dixestibilidade, ligada a unha acción astrinxente (debida á carencia de fibra), fan do arroz un alimento indicado para recuperar a mucosa intestinal tras unha gastroenterite.

Xurelo ao forno

Xurelo ao forno

Xurelo ao forno

Información nutricional:

Kcal: 375,5
Proteínas: 29,2%
Hidratos de carbono: 18,0%
Lípidos: 52,8%

Ingredientes

  • 150 g xurelo
  • 30 g cebola
  • 50 mL viño branco
  • 30 g pemento verde
  • 30 g pemento vermello
  • 1/2 (50 g) pataca
  • 1 cullerada (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto
  • perexil

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Limpar e filetear en dous lombos o peixe. Nunha placa de forno poñer a pataca pelada e cortada fina. Enriba os pementos e a cebola picados. Introducir no forno a 180ºC durante 10 min. Retirar do forno e colocar os filetes de xurelo salgados, enriba votar o viño branco e deixar no forno 10 min. máis.

Vantaxes:
O xurelo clasifícase como peixe azul debido o seu contido en lípidos. Na súa composición destacan minerais como ferro, iodo e magnesio, e vitamina D que intervén na absorción e utilización de calcio e fósforo, e cobalamina que participa na maduración dos glóbulos vermellos e favorece a absorción de ferro.