Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Acelgas á crema con xamón

15 Xullo, 2015

Acelgas á crema con xamón

Acelgas á crema con xamón

Información nutricional:

Kcal: 232,6
Proteínas: 21,8%
Hidratos de carbono: 21,8%
Lípidos: 56,3%

Ingredientes

  • 150 g acelgas
  • 1/2 vaso (100mL) leite desnatado
  • 25 g xamón cocido
  • 6 g fariña
  • 1 cullerada (6mL) aceite oliva
  • noz moscada
  • pementa branca
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cocer as acelgas, incluída a penca, en auga abundante, refrescar e escorrer. Separadamente, preparar unha bechamel; quentar o aceite nun cazo e engadir a fariña. Remover con variña e engadir o leite quente. Remover ata que ferva e espese. Engadimos sal, pementa e noz moscada ao gusto. Engadir os taquiños de xamón e as acelgas, deixando cocer todo xunto uns minutos máis.

Vantaxes:
O principal compoñente das acelgas é a auga, e as porcentaxes dos macronutrientes (proteínas, hidratos de carbono e lípidos) son moi baixas, polo que se converte nun alimento moi recomendado en dietas de adelgazamento. As acelgas son ricas en nutrientes reguladores como fibra, minerais e vitaminas, presenta un elevado contido en folatos, provitamina A e vitamina C. En canto os minerais, contén potasio, magnesio, sodio, iodo, ferro e calcio. Todas estas substancias aportan numerosos beneficios para o organismo. Ademais contén ácido oxálico, que prevén a formación de cálculos renais e artrites.

Crema de cenoria

Crema de cenoria

Crema de cenoria

Información nutricional:

Kcal: 202,4
Proteinas: 12,1%
Hidratos de carbono: 43,8%
Lípidos: 44,1%

Ingredientes

  • 1/2 vaso (120 mL) auga
  • 1/2 vaso (120mL) leite desnatado
  • 1 (36 g) cenoria
  • 1/2 (60 g) pataca
  • 20 g porro
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: Menos de 5 minutos

Refogar en aceite, a lume baixo, o porro, a cenoria e a pataca cortados en dados, durante 4 min. A continuación engadir o leite e a auga e cocer lentamente durante 20-30 min. Pasar por túrmix e coador chino. Poñer a punto de sal.

Vantaxes:
A cenoria é un alimento excelente dende o punto de vista nutricional grazas ó seu contido en vitaminas e en sales minerais. Pero o gran atractivo das cenorias débese á presenza do beta-caroteno ou provitamina A, pigmento natural que o organismo transforma en vitamina A segundo o necesita. Isto, xunto coa seu aporte en vitamina E, fai desta hortaliza unha fonte natural de antioxidantes. Ademais a cenoria presenta propiedades beneficiosas para a visión, o bo estado da pel, dos dentes e das enxiras.

Peituga de avestruz con gornición

Peituga de avestruz con gornición

Peituga de avestruz con gornición

Información nutricional:

Kcal: 299
Proteínas: 45,1%
Hidratos de carbono: 10,2%
Lípidos: 44,5%

Ingredientes

  • 150 g peituga avestruz
  • 1/4 (30 g) pemento vermello
  • 1/3 (50 g) tomate
  • 1/4 (30 g) cebola
  • 50 g cabaciño
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementa
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 15 a 20 minutos

Facer a peituga á prancha. Para facer a guarnición saltear as verduras. Servir todo xunto.

Vantaxes:
A carne de avestruz caracterizase por ser unha carne de ave vermella, con proteínas de alto valor biolóxico, baixa en calorías e colesterol e con certo sabor doce debido ó alto contido de glucóxeno. Ademais, o seu baixo contido en sodio constitúe outra vantaxe para as persoas que teñen que seguir unha dieta baixa neste mineral.

Inconvenientes:
A ausencia de graxa causa unha perda de xugosidade durante a mastigación, posto que a graxa estimula a salivación. Así pois a carne de avestruz pode dar a impresión de ser moi seca se o tempo de cocción é demasiado longo.

Feixóns verdes con taquiños de xamón

Feixóns verdes con taquiños de xamón

Feixóns verdes con taquiños de xamón

Información nutricional:

Kcal: 168,2
Proteínas: 14,8%
Hidratos de carbono: 22,7%
Lípidos: 62,5%

Ingredientes

  • 130 g feixóns
  • 20 g xamón serrrano
  • 1/2 dente (3 g) allo
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Limpar os feixóns. Cocer os feixóns en auga fervendo, cocer sempre destapados, para mellorar a cor verde. Nunha tixola quentar o aceite e engadir o xamón en taquiños. Servir os feixóns co xamón e o aceite por enriba.

Vantaxes:
Os feixóns caracterízanse polo seu baixo aporte calórico, fundamentalmente debido ó seu escaso contido en graxas e á súa riqueza en fibra; son pobres en sodio e conteñen vitaminas como a vitamina A e B6 (piridoxina).

Xelatina de laranxa

Xelatina de laranxa

Xelatina de laranxa

Información nutricional:

Kcal: 114,6
Proteínas: 4,6%
Hidratos de carbono: 95,4%
Lípidos: 0%

Ingredientes

  • 200 g zume laranxa
  • 8 g xelatina neutra
  • 10 g azucre

Instruccións

Tempo preparación: De 5 a 10 minutos

Remollar as follas de xelatina en auga fría. Quentar sen fervor un pouco do zume nun cazo, engadir o azucre e a xelatina. Mesturar co resto do zume e poñer nun molde. Para desmoldar, quentar o recipiente por fóra en auga quente e darlle a volta sobre o prato.

Vantaxes:
A xelatina é coláxeno hidrolizado, a proteína que forma os tendóns, texidos cartilaxenosos, osos e texidos conectores. Este alimento contribúe á mellora na hidratación e nenos e tamén en adultos. Presenta un baixo contido en azucres e colesterol, e non presenta materia grasa, polo que diminúe o risco de obesidade infantil.