Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Salmón en “papillote”

15 Xullo, 2015

Salmón en

Salmón en "papillote"

Información nutricional:

Kcal: 218,3
Proteínas: 33,8%
Hidratos de carbono: 12,2%
Lípidos: 54,0%

Ingredientes

  • 120 g salmón fresco
  • 50 g feixóns verdes
  • 50 g cenorias
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 15 a 20 minutos

Limpar os feixóns verdes e pelar as cenorias. Cortar en bastóns e cocer por separado. Nun papel de forno colocar os feixóns e as cenorias e por riba deles o salmón con sal e aceite. Pechar o papel de forno coma un sobre, para que non se abra. Meter no forno 10 min. a 180ºC. Abrir o sobre no momento de ser consumido.

Vantaxes:
O salmón é un peixe azul, cun alto contido en proteínas e ácidos omega 3, que contribúen a baixar o colesterol. Ademais os ácidos graxos omega-3 axudan a controlar a presión arterial, melloran a función cardíaca e reducen o impacto doutros factores de risco cardiovascular. A súa riqueza en graxa fai que o salmón conteña cantidades interesantes dalgunhas vitaminas como A e D, ademais de ser fonte de magnesio e iodo.

Inconvenientes:
Ó igual que os demais peixes azuis o salmón presenta o inconveniente de conter purinas, que no organismo se transforman en ácido úrico, polo que é aconsellable limitar o seu consumo en caso de hiperuricemia ou gota.

Lentellas ao pobre

Lentellas ao pobre

Lentellas ao pobre

Información nutricional:

Kcal: 229,6
Proteínas: 28,7%
Hidratos de carbono: 68,4%
Lípidos: 2,9%

Ingredientes

  • 1 vaso (250 mL) auga
  • 70 g lentellas
  • 30 g cebola
  • 30 g cenoria
  • loureiro
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cortar as verduras en dados. Poñer a cocer todos os ingredientes xuntos nunha cazola. Cocer ata que a lentella estea tenra. Dar o toque de sal e deixar repousar.

Vantaxes:
As lentellas son fonte natural de proteínas. A riqueza proteica e de ácidos nucleicos favorece a loita fronte ó envellecemento celular. As lentellas posúen un alto contido en hidratos de carbono, pero as legumes teñen a capacidade de controlar a glucosa que se incorpora no sangue. Ademais, as lentellas conteñen unha alta porcentaxe de potasio, que favorece a eliminación de líquidos do organismo. Son ricas en vitaminas do grupo B, ácido fólico e ferro.

Inconvenientes:
O ferro de orixe vexetal é de máis difícil absorción que o ferro de orixe animal.

Espetada de lombo de porco

Espetada de lombo de porco

Espetada de lombo de porco

Información nutricional:

Kcal: 472,5
Proteínas: 17,1%
Hidratos de carbono: 20,8%
Lípidos: 62,1%

Ingredientes

  • 100 g lombo porco
  • 1 (100g) pataca
  • 60 g viño branco
  • 25 g champiñóns enteiros
  • 10 g pemento vermello
  • 10 g pemento verde
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • pementa branca
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cortar o lombo en dados e insertar nunha espetada intercalando dados de pementos e champiñóns. Quentar no forno introducindo a espetada salpementada nunha placa. Regar co viño branco e retirar cando estea tenra. Acompañar de puré de pataca.

Vantaxes:
A carne de porco contén todas as substancias minerais esenciais para o organismo (excepto o calcio). Destaca o seu aporte de ferro hemo, facilmente absorbible. A carne de porco non aporta vitaminas liposolubles, fóra das vísceras como o fígado, rico en vitamina A e D. Si contén vitaminas do complexo B, excepto o ácido fólico.

Inconvenientes:
O porco dixírese con bastante máis dificultade que a carne de vaca ou de cordeiro, sendo o seu consumo pouco adecuado para nenos e persoas maiores. Tampouco é aconsellable para os hipertensos e para aqueles que padecen de exceso de colesterol. Polo seu elevado índice de graxa aconséllase un consumo prudente e medido xa que o abuso de proteínas de orixe animal e de graxas saturadas ten repercusións nocivas na saúde.

Espaguetis con setas

Espaguetis con setas

Espaguetis con setas

Información nutricional:

Kcal: 258,5
Proteínas: 9,1%
Hidratos de carbono: 11,3%
Lípidos: 79,6%

Ingredientes

  • 75 g espaguetti
  • 50 g setas
  • 50 g nata
  • 10 g queixo relado
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto
  • pementa branca

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer a pasta en auga fervendo con sal o tempo que indique o fabricante. Escorrer e refrescar. Nunha cazola quentar aceite e engadir as setas moi picadas. Deixar cociñar uns minutos e engadir a nata deixando cocer 5 min. máis. Mesturar a pasta coa salsa e salpementar. Cubrir con queixo.

Vantaxes:
As principais características da pasta son ó seu gran aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e ó seu baixo contido en graxas. As setas conteñen un 90% de auga, hidratos de carbono e fibra, polo que se recomenda en dietas de adelgazamento. Son ricas en vitaminas do grupo B, potasio, fósforo, iodo, calcio, e outras substancias beneficiosas para o organismo.

Froita fresca (laranxa)

Froita fresca (laranxa)

Froita fresca (laranxa)

Información nutricional:

Kcal: 56
Proteínas: 8,6%
Hidratos de carbono: 91,4%
Lípidos: 0%

Ingredientes

  • 1 (160g) laranxa

Instruccións

Pelar e servir.

Vantaxes:
A laranxa é unha importante fonte de vitamina C, flavonoides e beta-caroteno. Outros compoñentes que lle reportan numerosos beneficios son ácido fólico e fibra soluble, un elevado contido en auga, potasio, ácido cítrico e ácido oxálico. Entre estes beneficios cabe destacar a función antioxidante, inhibición da oxidación do LDL-c colesterol “malo”), polo que se fai moi interesante de cara á prevención de enfermidades. Ten un efecto diurético e favorece a eliminación do ácido úrico e das súas sales.

Inconvenientes:
O ácido oxálico que conteñen as laranxas pode formar sales co calcio e formar oxalato cálcico, polo que o seu consumo pode agravar casos de cálculos renais.