Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Repolo cocido

15 Xullo, 2015

Repolo cocido

Repolo cocido

Información nutricional:

Kcal: 204,8
Proteínas: 19,4%
Hidratos de carbono: 13,6%
Lípidos: 67,1%

Ingredientes

  • 150 g repolo
  • 50 g cenoria
  • 30 g xamón serrano
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Limpar, cortar en dados grandes o repolo e lavar. Separadamente, nunha pota refogar no aceite as cenorias en rebandas e o xamón. Engadir o repolo. Cubrir con auga e cocer ata que estea tenro. Escorrer e servir quente. Pódese aliñar con aceite virxe e vinagre na mesa.

Vantaxes:
O repolo destaca pola elevada presenza de auga na súa composición. Este alimento aporta ó organismo potasio, magnesio, calcio e vitaminas. Contén boas cantidades de fibra e hidratos de carbono, fundamentais para a recuperación de enerxía e resistencia físicas. Ademais, o repolo presenta betacaroteno ou provitamina A, vitamina C, E, niacina e folatos. A transformación do betacaroteno en vitamina A axuda á visión, ó bo estado das mucosas, cabelo, pel, ósos e ó bo funcionamento do sistema inmunolóxico.

Crema de acelgas con taquiños de xamón

Crema de acelgas con taquiños de xamón

Crema de acelgas con taquiños de xamón

Información nutricional:

Kcal: 237,2
Proteínas: 17,6%
Hidratos de carbono: 37,5%
Lípidos: 44,9%

Ingredientes

  • 100 g acelgas
  • 1/2 vaso (100 mL) auga
  • 1/2 vaso (100mL) leite desnatado
  • 50 g porro
  • 50 g pataca
  • 20 g taquiños xamón serrano
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Refogar no aceite de oliva o branco do porro e a pataca todo cortado en dados. Engadir o auga e o leite. Cando comece a ferver engadir a acelga limpa cortada. Deixar cocer lentamente 15 minutos. Triturar e pasar por chinés. Acompañar duns taquiños de xamón en dados lixeiramente torrados.

Vantaxes:
O principal compoñente das acelgas é a auga, e as porcentaxes dos macronutrientes (proteínas, hidratos de carbono e lípidos) son moi baixas, polo que se converte nun alimento moi recomendado en dietas de adelgazamento. As acelgas son ricas en nutrientes reguladores como fibra, minerais e vitaminas, presenta un elevado contido en folatos, provitamina A e vitamina C. En canto os minerais, contén potasio, magnesio, sodio, iodo, ferro e calcio. Todas estas substancias aportan numerosos beneficios para o organismo. Ademais contén ácido oxálico, que prevén a formación de cálculos renais e artrites.

Salmón en salsa verde

Salmón en salsa verde

Salmón en salsa verde

Información nutricional:

Kcal: 446,1
Proteínas: 38,4%
Hidratos de carbono: 26,8%
Lípidos: 34,8%

Ingredientes

  • 150 g lombo salmón
  • 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
  • 1 (100g) pataca
  • 30 g cebola
  • 20 g chícharos
  • 10 g espárrago branco
  • 5 g fariña
  • 1 dente (5g) allo
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Preparar unha salsa verde: refogar en aceite o allo e cebola picados sen que tome cor. Engadir un pouco de fariña e caldo de peixe. Deixar cocer 10 minutos e engadir perexil picado. Marcar o lombo de salmón na prancha e colocar nunha placa de forno, cubrir coa salsa, meter ao forno 5 minutos. Acompañar dunhas patacas redondas cocidas, chícharos e espárrago branco.

Vantaxes:
O salmón é un peixe azul, cun alto contido en proteínas e ácidos omega 3, que contribúen a baixar o colesterol. Ademais os ácidos graxos omega-3 axudan a controlar a presión arterial, melloran a función cardíaca e reducen o impacto doutros factores de risco cardiovascular. A súa riqueza en graxa fai que o salmón conteña cantidades interesantes dalgunhas vitaminas como A e D, ademais de ser fonte de magnesio e iodo.

Inconvenientes:
Ó igual que os demais peixes azuis o salmón presenta o inconveniente de conter purinas, que no organismo se transforman en ácido úrico, polo que é aconsellable limitar o seu consumo en caso de hiperuricemia ou gota.

Refogado de alcachofas con xamón

Refogado de alcachofas con xamón

Refogado de alcachofas con xamón

Información nutricional:

Kcal: 290,1
Proteínas: 11%
Hidratos de carbono: 37,9%
Lípidos: 51,1%

Ingredientes

  • 100 g alcachofas
  • 1 (100g) pataca
  • 20 g xamón serrano
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Quentar o aceite e refogar o xamón uns segundos. Engadir alcachofas cortadas en metades e refogar lixeiramente. Servir sobre unhas patacas cocidas en rebandas. Suxerencia de presentación con ovo escalfado.

Vantaxes:
O potasio e a fibra son dous dos nutrientes máis abundantes desta hortaliza. Tamén destaca polo seu alto contido en magnesio, fósforo e calcio. Na súa composición atopamos a cinarina, que ten efecto colerético, é dicir, que estimula a función do fígado e facilita a dixestión de graxas. Posúe, tamén, esteroles, que teñen capacidade para limitar a absorción do colesterol no intestino.

Pavo ao curry

Pavo ao curry

Pavo ao curry

Información nutricional:

Kcal: 472,6
Proteínas: 38,5%
Hidratos de carbono: 23,8%
Lípidos: 37,7%

Ingredientes

  • 150 g peituga pavo
  • 1/2 vaso (100 mL) caldo polo
  • 25 g arroz branco
  • 25 g arroz salvaxe
  • 30 g mazá
  • 30 g cebola
  • 20 mL nata
  • 10 g fariña
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • 2 g curry
  • perexil
  • pementa
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cortar o pavo en dados de 30g aprox. salpementar, pasar por fariña e fritir lixeiramente. Reservar. Facer a salsa refogando a cebola en aceite uns minutos, engadir a mazá pelada e sen corazón. Engadir un pelín de farina e o caldo de polo deixando cocer 10 minutos. Triturar a salsa e poñer o curry ao gusto. Introducir o pavo na salsa e cocer 10 min. Cocer o arroz (mestura de branco e salvaxe) e poñer de base. Poñer o pavo enriba e decorar con perexil.

Vantaxes:
O pavo é fonte de proteínas, vitaminas do grupo do complexo B e ácido fólico e de minerais como o fósforo, o potasio, o magnesio, o ferro e o zinc. A carne de pavo contén maior proporción de graxa insaturada que axuda a previr os problemas do corazón. E ademais presenta menor contido en graxas saturadas e menor valor calórico.