Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Robaliza ao cava

15 Xullo, 2015

Robaliza ao cava

Robaliza ao cava

Información nutricional:

Kcal: 404,2
Proteínas: 48,1%
Hidratos de carbono: 29,1%
Lípidos: 22,7%

Ingredientes

  • 150 g robaliza
  • 1 (100g) pataca
  • 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
  • 60 mL cava
  • 6 g fariña
  • 1 cullerada (6mL) aceite oliva
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Limpar a robaliza e filetear. Sazonar con sal e marcar lixeiramente na prancha. Facer a salsa de cava: refogar a fariña no aceite sen que se queime e engadir o caldo de peixe quente e o cava fervido (para evaporar o alcol). Salgar, debe quedar como unha bechamel lixeira. Cocer a pataca en rebandas a parte, e colocar a robaliza sobre a pataca e cubrir coa salsa. Cubrir con perexil.

Vantaxes:
A robaliza é un peixe branco, cun aporte de lípidos moi baixo. Isto ligado ó subministro de proteínas de alto valor biolóxico, fai deste peixe un dos alimentos con maior valor nutritivo. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B, capaces de regular o aproveitamento dos nutrientes enerxéticos. Aporta minerais como potasio, fósforo, ferro, sodio e magnesio, substancias que interveñen na regulación do sistema nervioso, a actividade muscular, o equilibrio de auga na célula, formación de ósos e dentes, procesos de obtención de enerxía e sistema dixestivo.

Escalope de lombo de porco ao queixo de Arzúa

Escalope de lombo de porco ao queixo de Arzúa

Escalope de lombo de porco ao queixo de Arzúa

Información nutricional:

Kcal: 650,2
Proteínas: 29,8%
Hidratos de carbono: 10,3%
Lípidos: 59,9%

Ingredientes

  • 150 g lombo porco
  • 50 mL caldo carne
  • 50 mL nata
  • 50 g arroz
  • 25 g queixo de Arzúa
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • perexil
  • pementa
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cortar o lombo en escalopíns de 75 gr, salpementar. Mesturar o queixo sen cortiza coa nata e fundir lentamente. Engadirlle o caldo de carne, triturar en túrmix. Pasar a carne na prancha e salsear. Acompañar dun arroz branco ao forno.

Vantaxes:
A carne de porco contén todas as substancias minerais esenciais para o organismo (excepto o calcio). Destaca o seu aporte de ferro hemo, facilmente absorbible. A carne de porco non aporta vitaminas liposolubles, fóra das vísceras como o fígado, rico en vitamina A e D. Si contén vitaminas do complexo B, excepto o ácido fólico.

Inconvenientes:
O porco dixírese con bastante máis dificultade que a carne de vaca ou de cordeiro, sendo o seu consumo pouco adecuado para nenos e persoas maiores. Tampouco é aconsellable para os hipertensos e para aqueles que padecen de exceso de colesterol. Polo seu elevado índice de graxa aconséllase un consumo prudente e medido xa que o abuso de proteínas de orixe animal e de graxas saturadas ten repercusións nocivas na saúde.

Patacas con mexillóns en salsa verde

Patacas con mexillóns en salsa verde

Patacas con mexillóns en salsa verde

Información nutricional:

Kcal: 287,9
Proteínas: 32,5%
Hidratos de carbono: 45%
Lípidos: 22,4%

Ingredientes

  • 1 (125g) pataca
  • 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
  • 25 g pemento verde
  • 25 g chícharos
  • 40 g mexillóns
  • 25 g cebola
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Refogar o allo, a cebola e o pemento verde picados no aceite sen que tome cor. Engadir a pataca en dados. Engadir o caldo de peixe e os chícharos deixando cocer 10 min. Antes de retirar, engadir os mexillóns sen casca.

Vantaxes:
O principal compoñente da pataca despois da auga, é o amidón. Cabe destacar o seu baixo aporte de proteínas e graxas. Ademais é unha importante fonte de minerais como potasio, magnesio e fósforo, e vitaminas do grupo B (tiamina, niacina) e vitamina C. Estas substancias son beneficiosas para o organismo, xa que melloran as doenzas relacionadas cos riles ou cistite. É aconsellable o seu consumo pola súa acción diurética e depuradora. O mexillón aporta proteínas de boa calidade, contén pouca cantidade de lípidos, polo que o seu valor calórico non é moi elevado. Destaca o seu contido en iodo, ferro, calcio, sodio, fósforo e magnesio. Ademais é fonte de vitaminas do grupo B, especialmente ácido fólico, e vitamina E.

Inconvenientes:
A pesar do seu contido en vitamina C, pérdese a maior parte desta vitamina co pelado, e o resto durante o proceso de cocción.

Brócoli con salsa Soubise (bechamel con cebola)

Brócoli con salsa Soubise (bechamel con cebola)

Brócoli con salsa Soubise (bechamel con cebola)

Información nutricional:

Kcal: 301,3
Proteínas: 20,8%
Hidratos de carbono: 21,0%
Lípidos: 58,2%

Ingredientes

  • 150 g brócoli
  • 100 mL leite desnatado
  • 40 g xamón serrano
  • 40 g cebola
  • 6 g fariña
  • 1 cullerada (6mL) aceite oliva
  • pementa branca
  • noz moscada
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cocer o brócoli ao vapor sen pasar en exceso. Preparar unha salsa bechamel con cebola: quentar o aceite e refogar sen que tome cor a cebola en xuliana, engadir a fariña removendo sen cesar. Engadir o leite quente e sen parar de remover. Dar o toque de pementa e noz moscada. Engadirlle uns tacos de xamón. Cubrir o brócoli coa salsa e servir.

Vantaxes:
O brócoli é un alimento con alto contido de antioxidantes e betacarotenos. Igualmente posúe un elevado aporte de vitaminas A, B2 e C, con propiedades diuréticas e depuradoras do sangue. Este vexetal está composto, ademais, por unha elevada cantidade de auga (80-90%). Aporta gran cantidade de fibra dietética e ácido fólico. Con respecto ós minerais, subministra cantidades significativas de potasio, fósforo, ferro e calcio, o que lle confiren importantes propiedades antianémicas.

Agulla de tenreira estufada

Agulla de tenreira estufada

Agulla de tenreira estufada

Información nutricional:

Kcal: 628,4
Proteínas: 37,6%
Hidratos de carbono: 24,0%
Lípidos: 38,4%

Ingredientes

  • 150 g tenreira agulla
  • 1 (100g) pataca
  • 1 vaso (250 mL) caldo carne
  • 60 mL viño tinto
  • 30 g cebola
  • 30 g cenoria
  • 25 g salsa tomate
  • 20 g porro
  • 1 dente (5g) allo
  • 10 g fariña
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 40 a 50 minutos

Cortar a carne en anacos non moi grandes, salgar, pasar por fariña e dourar nunha tixola nun pouco de aceite moi quente. Pasar a unha pota. Nesa tixola dourar as verduras picadas en dados non moi pequenos. Engadir viño á carne e deixar reducir. Engadir as verduras e o tomate. Mollar co caldo e cocer ata que a carne estea tenra. As patacas córtanse en dados e frítense lixeiramente para engadir ao final á carne.

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía. A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.