Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Sopa de cebola

15 Xullo, 2015

Sopa de cebola

Sopa de cebola

Información nutricional:

Kcal: 314,1
Proteínas: 27,5%
Hidratos de carbono: 12,7%
Lípidos: 59,7%

Ingredientes

  • 50 g cebola
  • 1 vaso (250 mL) caldo polo
  • 10 g fariña
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • perexil
  • pementón doce

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cortar a cebola en tiras e refogar en aceite moi suavemente sen que tome cor. Engadir a fariña e un chisco de pementón doce e a continuación o caldo de polo. Deixar cocer 15minutos. Suxerencia de presentación: colocarlle pan torrado enriba con queixo e gratinar se é posible.

Vantaxes:
A cebola pertence ao xénero Allium, o máis importante da familia das Liliáceas. Presenta un baixo aporte calórico polo seu contido en auga que é do 90%, apreciable aporte de fibra e un bo contido mineral e vitamínico, converténdose nun excelente alimento regulador do organismo. As propiedades saudables das cebolas débense, máis que á súa composición nutritiva, á súa abundancia de antioxidantes, entre eles os flavonoides e os compostos azufrados. Estes últimos son substancias precursoras de compostos volátiles que son os que aportan á cebola ese cheiro e sabor tan característicos.

Rosada en salsa verde

Rosada en salsa verde

Rosada en salsa verde

Información nutricional:

Kcal: 405,6
Proteínas: 43,4%
Hidratos de carbono: 29,5%
Lípidos: 27,1%

Ingredientes

  • 150 g rosada
  • 1 (100g) pataca
  • 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
  • 30 g cebola
  • 20 g chícharos
  • 1 dente (5g) allo
  • 10 g espárrago branco
  • 5 g fariña
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Preparar unha salsa verde: refogar en aceite o allo e a cebola picados sen que tomen cor. Engadir un pouco de fariña e caldo de peixe. Deixar cocer 10 min e engadir perexil picado. Cocer a rebanda de rosada 5 minutos ao vapor e cubrir coa salsa deixando cocer outros 5 minutos máis. Acompañar dunhas patacas redondas cocidas, chícharos e espárrago branco.

Vantaxes:
A rosada é un peixe branco, e como tal presenta un baixo contido graxo. Ademais é rica en proteínas de alto valor biolóxico e posúe diferentes vitaminas e minerais. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B. Pero, a cantidade destas vitaminas non é relevante se se compara coa que conteñen alimentos ricos nestes nutrientes (cereais integrais, legumes, verduras de folla verde, fígado e carnes en xeral). En relación ós minerais, posúe potasio, fósforo e magnesio, aínda que todos eles están presentes en cantidades medias se se comparan coas contidas na maior parte dos peixes.

Crema de caldo

Crema de caldo

Crema de caldo

Información nutricional:

Kcal: 246
Proteínas: 21,8%
Hidratos de carbono: 31,2%
Lípidos: 47%

Ingredientes

  • 15 g fabas
  • 50 g pataca
  • 50 g grelos
  • 25 g ósos espiñazo
  • 20 g orella porco
  • 20 g ósos galiña
  • 20 g chourizo
  • unto
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 40 a 50 minutos

Poñer en auga fría a cocer as alubias (remolladas 12h) co unto, ósos e orella. Ao cabo de 1hora e media, retirar os ósos e a carne, engadir as patacas rotas, os grelos e o chourizo enteiro. Deixar cocer 20 min máis. Triturar con turmix e pasar por chinés. Acompañar con anacos de chourizo.

Vantaxes:
O principal compoñente da pataca, despois da auga, é o amidón. Cabe destacar o seu baixo aporte de proteínas e graxas. Ademais é unha importante fonte de minerais como potasio, magnesio e fósforo, e vitaminas do grupo B (tiamina, niacina) e vitamina C. Estas substancias son beneficiosas para o organismo, xa que melloran as doenzas relacionadas cos riles ou cistite. É aconsellable o seu consumo pola súa acción diurética e depuradora. Os grelos presentan un alto contido en vitamina A, C e ácido fólico, ademais de diversos minerais como calcio, potasio, sodio e ferro. Nesta especie predominan unha serie de substancias relacionadas co seu amargor (glucosinolatos alifáticos), ás que se lle atribúen propiedades anticanceríxenas.

Polo asado

Polo asado

Polo asado

Información nutricional:

Kcal: 443
Proteínas: 43,2%
Hidratos de carbono: 15,7%
Lípidos: 41,1%

Ingredientes

  • 200 g polo
  • 75 mL caldo carne
  • 50 g pataca
  • 50 mL viño branco
  • 1 dente (5g) allo
  • 5 g maicena
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: Más de 1 hora minutos

Limpar o polo enteiro, salgar e rocialo con aceite, allo e perexil. Meter no forno a 180ºC durante 1 e 1/2h aprox. Dar a volta á metade do tempo e rociar co viño branco. Sacar o polo da placa de forno e engadir caldo de carne, deixando cocer uns minutos. Espesar con maicena disolta en auga fría. Acompañar de patacas dado.

Vantaxes:
A carne de polo é boa fonte de proteínas, con aminoácidos esenciais de fácil dixestión. Caracterízase polo seu baixo contido en graxas, e a pouca que presenta prevén contra enfermidades cardiovasculares. Predominan vitaminas do grupo B, tales como a niacina, piridoxina, roboflavina tiamina ou acedo fólico. Tamén é rica en minerais como potasio, ferro e fósforo.

Ensalada morna de verduras asadas e pataca

Ensalada morna de verduras asadas e pataca

Ensalada morna de verduras asadas e pataca

Información nutricional:

Kcal: 236,5
Proteínas: 8,1%
Hidratos de carbono: 53,4%
Lípidos: 38,5%

Ingredientes

  • 50 g tomate
  • 50 g berenxena
  • 50 g cabaciño
  • 40 g pemento vermello
  • 30 g cebola
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 (100g) pataca
  • 1 cullerada (5mL) vinagre de módena
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Asar no forno os pementos, tomate, berenxena, cabaciño, cebola e allo. Retirar por orde de cocinado e pelar o que proceda. Cortar en cadrados. Cocer as patacas enteiras (mellor con pel), cortar en dados e mesturar coas verduras. Condimentar con aceite, vinagre e sal. Sérvese a temperatura ambiente.

Vantaxes:
Neste prato combínanse diversas verduras, cabaciño, berenxena, pemento, tomate e cebola, que aportan ao organismo importantes cantidades de vitaminas do grupo B, A e C, e minerais tales como potasio, magnesio, ferro ou calcio, entre outros. Presentan substancias cun elevado poder antioxidante, propiedade que favorece a loita fronte aos radicais libres que provocan o envellecemento celular.