Sopa de allo
15 Xullo, 2015
Sopa de allo
Ingredientes
Racións: 1 persona
- 10 g Aceite de oliva
- 5 g Allo
- 55 g Ovo
- 10 g Xamón curado
- 40 g Pan
Instruccións
Fritimos nunha tixola con aceite ben quente os trociños de pan que cortamos. Unha vez que estean fritos retirámolos e con ese mesmo aceite fritimos uns allos cortados en láminas, e engadimos o pemento unha vez apagado o lume. Botamos este rustrido sobre os anacos de pan e engadimos caldo ou auga e deixamos 15 min de cocción. Pasado este tempo engadímoslle ao caldo un ovo batido e en canto volva ferver retírase e consúmese.
Esta receita é moi antiga e tradicional da cociña popular española. É sinxela, económica, rápida e nutritiva. Hai multitude de receitas pero todas co allo e co pan como ingredientes básicos. Ao se tratar dunha receita de orixe humilde esta foi evolucionando co tempo polo que se lle engadiron outros ingredientes. O allo é eficaz para combater a hipertensión, fluidifica o sangue e diminúe o colesterol malo, ademais de ser moi depurativo en liñas xerais.