Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Salmón á grella

15 Xullo, 2015

Salmón á grella

Salmón á grella

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 100 g Pataca
  • 1 g Sal
  • 160 g Salmón

Instruccións

O anaco de salmón sálgase e úntase con moi pouquiño aceite. Colócase na grella con aceite ben quente e déixase asar 5 min por cada lado e 2 máis dándolle voltas. Se se separa a espiña doadamente, o salmón xa estará no seu punto. Sérvese acompañado de patacas cocidas, opcionalmente.

Hai dúas clases de salmón: o salvaxe e o de cultivo. O salvaxe vive tanto en auga doce coma en auga salgada, nas rexións máis frías do hemisferio norte. O sabor do salmón do cultivo pode ser máis ou menos forte. O salmón noruegués ten un contido de graxa máis alto e o seu sabor é algo máis forte que o dos outros salmóns. O salmón é un alimento sumamente rico en proteínas e ácidos graxos omega 3 polo tanto é cardiosaudable. Contén minerais importantes como o iodo que regula o funcionamento da glándula tiroide, o magnesio que intervén na función nerviosa, o fósforo que transforma en enerxía os nutrientes, e o potasio que regula o contido en auga das células.

Cóctel de peixe

Cóctel de peixe

Cóctel de peixe

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 20 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 25 g Cebola
  • 32 g Ovo
  • 80 g Pescada
  • 5 g Perexil
  • 25 g Pemento vermello
  • 25 g Pemento verde
  • 80 g Peixe sapo
  • 10 g Vinagre

Instruccións

Metemos nunha cazola con auga e sal a pescada e o peixe sapo e deixámolos cocer. Unha vez cocidos, escorrémolos e desmiuzámolos en anaquiños. Por outro lado, cocemos os ovos e unha vez cocidos deixámolos arrefriar. Picamos a cebola, os allos, os pementos, o perexil e o ovo cocido, engadimos ao peixe e botámoslle o sal, o vinagre e o aceite.

Este prato, cuxa orixe non está moi clara, converteuse nun típico do Nadal nos últimos anos. Pode elaborarse con peixe ou marisco. É un prato axeitado para incluír en dietas de adelgazamento debido as poucas calorías e graxa que ten. É un alimento que proporciona proteínas e é rico en minerais esenciais para o bo funcionamento do organismo, como o magnesio, sodio, potasio, e fósforo.

Cóctel quente de cigalas

Cóctel quente de cigalas

Cóctel quente de cigalas

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 25 g Cabaciña
  • 30 g Cebola
  • 1 g Ceboliño
  • 75 g Cigala
  • 0.5 g Sal
  • 3 g Vinagre
  • 70 g Cenoria

Instruccións

Preparar, en primeiro lugar, un caldo de marisco tras cocer, exclusivamente, as cabezas das cigalas con sal. Seguidamente, cocer a cebola, as cenorias e a cabaciña nese caldo. Finalmente, pelar as colas das cigalas e poñelas a refogar cos vexetais anteriores ben escorridos e engadir, tamén, na tixola unhas gotas de vinagre.

A cigala é un crustáceo e, de todos eles, é o que ten menos calorías e tamén menos graxas, aínda que estas son poliinsaturadas que se coñecen como omega 3 e son beneficiosas para previr enfermidades cardiovasculares. Cabe destacar o seu contido en proteínas de alto valor biolóxico, non obstante o seu contido en colesterol, fai que as persoas con hipercolesterolemia deban moderar o seu consumo. Contén cantidades significativas de vitamina B3 que axuda a reducir o colesterol. Tamén destaca o seu contido en vitamina B5 que resulta beneficiosa para combater o estrés. Tamén contribúe a reducir o colesterol.

Salmonetes ao forno

Salmonetes ao forno

Salmonetes ao forno

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 50 g Cebola
  • 30 g Limón
  • 5 g Manteiga
  • 15 g Pan relado
  • 90 g Pataca
  • 2 g Sal
  • 140 g Salmonete
  • 30 g Viño branco

Instruccións

Picamos a cebola en anacos moi finos, despois, engadimos aceite e colocamos todo nunha fonte a xeito de base e, enriba, poñemos os salmonetes cun pequeno corte. Agregámoslles un chorriño de limón, pan relado e manteiga. Introducimos no forno a lume medio durante 30 min. Cando pasen un cuarto de hora no forno, regámolos con viño.

Os gregos e os romanos apreciaban o salmonete polo seu agradable sabor. Ademais, mitificárono pola súa capacidade de adquirir tonalidades máis fortes e intensas a medida que se achega o momento da súa morte. Hai dous tipos de salmonete: de area ou lama e o de rocha que é o máis apreciado, de cor vermella e estrías douradas. Os dous tipos de salmonete habitan no Mediterráneo e no Atlántico. É un peixe semigraxo que contén fósforo, iodo, potasio e magnesio. Destaca o contido en iodo importante para a regulación da glándula tiroide.

Rosquillas

Rosquillas

Rosquillas

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 2 g Aceite de oliva
  • 3 g Azucre
  • 1 g Canela
  • 5 g Fariña
  • 0 g Licor doce (Anís)
  • 2 g Manteiga

Instruccións

Unha vez que temos o azucre, o anís e o aceite lixeiramente mesturados, imos botando a fariña e amasamos o conxunto. Unha vez que estea lista a masa, dámoslle forma de rosquilla e colocámolas nun recipiente para evitar que toquen unhas con outras, e introducímolas no forno a 180 ºC durante 30 min. Cando estean listas engadímoslles o azucre e a canela pola superficie, e se se desexa unhas gotiñas de anís.

As rosquillas consómense e elabóranse en toda Galicia. As típicas das romarías son orixinarias de Ribadavia, en Ourense, por iso recibiron o nome de rosquillas de tipo ribeiro. As rosquillas e demais doces semellantes naceron como un derivado do proceso de panificación xa que a súa elaboración, é practicamente a mesma que se emprega para facer o pan. Polos ingredientes que contén e a súa elaboración consumíanse polas clases máis populares.