Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Refogado de chícharos con lagostinos

15 Xullo, 2015

Refogado de chícharos con lagostinos

Refogado de chícharos con lagostinos

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 10 g Caldo de peixe
  • 40 g Cebola
  • 80 g Chícharo
  • 5 g Fariña
  • 60 g Ovo
  • 30 g Lagostino
  • 50 g Pataca
  • 0.5 g Sal

Instruccións

Poñer nunha cazola a auga, o sal e a pastilla de caldo. Cando comece a ferver, incorporamos os chícharos e as patacas, mondadas e picadas en tacos, déixanse cocer uns 15 min. Nunha tixola, ponse o aceite e, cando estea tépedo, incorporamos a cebola picada moi fina e o allo. Unha vez dourada, engadimos os lagostinos pelados e partidos pola metade e, tamén, as cabezas. Dóuranse un pouco e, a continuación, bótaselles a fariña, sofrítese un pouco e engádeselles o viño branco, déixase que reduza un pouco, a continuación bótanse os chícharos e as patacas, dándolles unhas voltas. Engádeselles o caldo dos chícharos, déixanse reducir e, a continuación, engádense os ovos. Mestúrase todo moi ben, e cando o ovo estea un pouco feito estará listo para servir.

Os chícharos son unha boa fonte de fibra que axuda a reducir o nivel de colesterol e a mellorar o tránsito intestinal. Tamén conteñen proteínas que son importantes na dieta de persoas vexetarianas. Destaca o seu contido en vitamina B1 ou tiamina, que é moi importante para o sono, o estado de ánimo e o apetito. Pola súa parte, os lagostinos, ricos en proteínas supoñen unha importante contribución de iodo, imprescindible para a síntese das hormonas tiroides. O seu contido en colesterol e en purinas é elevado polo que non son aconsellables para persoas que seguen unha dieta baixa en ácido úrico.

Requeixo con mel

Requeixo con mel

Requeixo con mel

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 15 g Azucre
  • 200 g Leite cru
  • 10 g Mel

Instruccións

Deixar repousar o leite durante un día, nun lugar temperado, para que forme nata por enriba. Resérvase á parte a nata. Unha vez callado todo o leite, escórrese nun coador cun pano. Bótase nunha cunca e bátese coa nata que retiramos e o azucre. Servimos con mel por enriba, opcional.

Antigamente o requeixo foi un derivado lácteo moi apreciado. Obtíñase deixando actuar á natureza, deixando o leite nunha pota de barro para que callase de forma natural e engadíaselle limón para facilitar a súa coagulación. En moitas ocasións, engadíaselle mel e, excepcionalmente, azucre. Tamén era moi habitual en Galicia que se consumise xunto ao lar.

Repolo recheo de vitela

Repolo recheo de vitela

Repolo recheo de vitela

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 50 g Cebola
  • 120 g Filete de tenreira
  • 30 g Pemento verde
  • 100 g Repolo
  • 10 g Viño branco
  • 30 g Cenoria

Instruccións

Introducimos o repolo, antes de escaldalo, en auga e vinagre. Reservamos. Sofritimos a cebola, o allo, a cenoria e o pemento ata que adquira un ton dourado a cebola e, nese momento, botamos a agulla de tenreira en anacos grandes. Regamos con viño e aderezamos con sal e pementa ao gusto. Cocemos 1 h a lume moi lento, ata que estea moi branda a carne. Enrolamos as follas de repolo co refrito e coa carne desfeita. Servimos quente.

O repolo ten un alto contido de auga polo que a contribución de calorías ao prato é baixa. Tamén contén fibra, potasio, cantidades apreciables de calcio e magnesio, e un alto contido de vitamina C. É hipoglucemiante, é dicir, fai descender o nivel de azucre en sangue dos diabéticos. Por outro lado, a vitela ou carne de tenreira contén proteínas de alto valor biolóxico, ademais de minerais como o ferro de doada absorción, cinc e selenio e vitaminas A, B6, B12, D e E.

Rodaballo en salsa verde

Rodaballo en salsa verde

Rodaballo en salsa verde

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 15 g Aceite de oliva
  • 2 g Allo
  • 50 g Cebola
  • 50 g Chícharo
  • 100 g Pataca
  • 3 g Perexil
  • 160 g Rodaballo
  • 0.5 g Sal
  • 30 g Viño branco

Instruccións

Fritimos no fondo dunha cazola, a lume lento durante uns minutos, unhas patacas en toros non moi grosos sobre un fondo de allo e cebola previamente dourados. Engadiremos despois duns minutos a auga de cocción, algúns chícharos, o rodaballo torado e o viño. Coceremos a lume baixo. O aderezo con perexil é opcional.

O rodaballo é un peixe semigraxo que está incluído dentro do grupo dos peixes brancos e, ademais, é de fácil dixestión. Destaca o contido en potasio necesario para o sistema nervioso e a actividade muscular. Contén, ademais, unha cantidade moderada de fósforo que intervén no sistema nervioso, na actividade muscular e en procesos de obtención de enerxía. Os chícharos que acompañan o rodaballo proporcionan enerxía debido ao seu contido en hidratos de carbono, graxas e proteínas. Destaca a seu contido en fibra que contribúe a reducir o nivel de colesterol, mellora o tránsito intestinal e proporciona unha maior sensación de saciedade.

Rodaballo guisado

Rodaballo guisado

Rodaballo guisado

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 20 g Aceite de oliva
  • 2 g Allo
  • 60 g Cebola
  • 120 g Pataca
  • 5 g Perexil
  • 1 g Pemento picante
  • 40 g Pemento vermello
  • 40 g Pemento verde
  • 160 g Rodaballo
  • 1 g Sal
  • 10 g Vinagre
  • 20 g Viño branco

Instruccións

Sofritimos allo, pemento e cebola e, posteriormente, unhas patacas, engadimos auga xusto cando as patacas alcancen un punto medio de fritura e cocémolas xunto co rodaballo. Mentres preparamos un refogado de allo, viño branco, perexil, azafrán e chile (ao gusto) que botaremos sobre o rodaballo e as patacas ao final.

O rodaballo é un peixe semigraxo que contén poucas calorías polo que se pode incluír nas dietas de control de peso. Contén proteínas de elevado valor biolóxico. Debida ao seu alto contido en potasio e á súa moderada cantidade en sodio, as persoas hipertensas poden consumilo sen ningún problema. O rodaballo é xunto ao salmón o peixe que máis ácido fólico contén. Este é esencial na elaboración de anticorpos. Prevén a depresión e cumpre importantes funcións relacionadas coa actividade cerebral. Os pementos que acompañan ao rodaballo posúen vitamina C e gran cantidade de potasio polo que son depurativos e diuréticos. Ademais teñen fibra polo que sacian e melloran o tránsito intestinal.