Paella de marisco
15 Xullo, 2015
Paella de marisco
Ingredientes
Racións: 1 persona
- 10 g Aceite de oliva
- 15 g Agulla de tenreira
- 3 g Allo
- 65 g Arroz
- 35 g Berberecho
- 2 g Lura
- 5 g Cebola
- 50 g Cigala
- 5 g Gamba
- 10 g Chícharo
- 10 g Feixó
- 30 g Lombo de porco
- 45 g Mexillón
- 10 g Pemento vermello
- 60 g Polo
- 1 g Sal
- 15 g Tomate
- 20 g Viño branco
Instruccións
Sofritimos os ingredientes de xeito escalonado. Primeiro o pemento xunto co tomate, despois engadimos as carnes de tenreira e polo e seguidamente as luras. Finalmente, botamos os mexillóns e os berberechos previamente cocidos. Deixamos que se sofrita todo xunto 5 min máis. Engadimos ao rustrido o arroz xunto co sal e co colorante alimentario. Tras uns minutos, procedemos a bañar a mestura coa auga de cocción (preferiblemente usaremos aquela auga procedente de cocer os mexillóns e os berberechos). Unha vez que comece a ferver colocamos o marisco en forma de adorno enriba de todo o anteriormente dito. O prato estará listo tras 20 min a lume medio.
O protagonista principal deste prato é o arroz, boa fonte de carbohidratos e base ideal que combina perfectamente con outros alimentos. É moi doado de dixerir, xa que a diferenza doutros cereais carece dunha proteína chamada glute que ocasiona serios trastornos dixestivos nalgunhas persoas (enfermidade celíaca). Os mariscos que acompañan ao arroz proporcionan poucas graxas e estas presentan ácidos graxos omega 3 moi beneficiosos para a saúde cardiovascular. Tamén conteñen ferro, calcio e fósforo.