Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Minestra galega

15 Xullo, 2015

Minestra galega

Minestra galega

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 36 g Alcachofa
  • 50 g Ceboliña
  • 15 g Espárrago
  • 60 g Chícharo
  • 30 g Ovo
  • 20 g Xamón curado
  • 38 g Feixó
  • 60 g Pataca
  • 30 g Pemento verde
  • 50 g Tomate
  • 25 g Cenoria

Instruccións

Douramos os ingredientes con aceite quente na base dunha cazola. Despois, cocemos a mestura durante 20 min, escorremos e servimos. Opcionalmente, podemos servir con ovos escalfados, tomates e espárragos.

Este é un prato moi nutritivo e completo que incorpora multitude de verduras presentes na rica e abundante horta galega. A minestra é un prato que ten vitaminas principalmente do grupo B, A e C. Ten poucas calorías debido ao seu gran contido de auga polo que é un prato moi axeitado para incluír en dietas de adelgazamento. Tamén contén fibra que regulan o tránsito intestinal e minerais, como o potasio, o magnesio, o ferro e o calcio.

Merengada

Merengada

Merengada

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 8 g Améndoa torrada
  • 10 g Azucre
  • 34 g Clara de ovo
  • 0.5 g Limón

Instruccións

Batemos a punto de neve as claras, engadímoslles o zume de limón e posteriormente o azucre. Douramos a mestura no forno durante 15 min a fogo baixo. Picamos as améndoas e servimos a merengada cubríndoa coas améndoas.

Este é unha sobremesa cuxo termo merengada provén de merendinio que significa merenda, xa que na antigüidade en Galicia era moi común tomar esta sobremesa despois de comer e antes de cear. É barato e doado de elaborar. É un prato cunha grande cantidade enerxética, baixo en graxa e alto en hidratos de carbono. Non é adecuado para persoas diabéticas. As persoas con problemas de obesidade e hipercolesterolemia deben consumilo ocasionalmente.

Pescada ao forno con grelos

Pescada ao forno con grelos

Pescada ao forno con grelos

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 20 g Cabaciña
  • 20 g Caldo de peixe
  • 20 g Cebola
  • 60 g Grelo
  • 160 g Pescada
  • 20 g Pan relado
  • 90 g Pataca
  • 20 g Pemento vermello
  • 20 g Pemento verde

Instruccións

Douramos lixeiramente as patacas cortadas en láminas finas. Picamos as verduras e dourámolas nunha tixola con sal, viño branco e allo. Metemos no forno as patacas, e colocadas enriba destas as verduras. Deixamos 15 min a 175 ºC. Cando pase este tempo, sacamos a bandexa do forno e colocamos a pescada enriba das patacas, botámoslle un chorro de aceite de oliva e o caldo de peixe e deixamos enfornar outros 10 min.

A pescada é un peixe moi apreciado que presenta un baixo contido en calorías e en graxa, polo que se atopa dentro do grupo de peixes brancos. Destaca o seu contido en ácidos graxos poliinsaturados omega 3 que teñen propiedades cardiosaudables e reducen os niveis de colesterol. Entre as vitaminas presentes neste peixe destacan as do grupo B que proporciona un mellor aproveitamento dos nutrientes enerxéticos. En canto aos grelos, estes teñen calcio e vitamina C, ademais de ter propiedades antioxidantes. Tamén conteñen fibra e, polo tanto, melloran o tránsito intestinal. Conteñen poucas calorías.

Pescada á galega

Pescada á galega

Pescada á galega

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 20 g Aceite de oliva
  • 10 g Allo
  • 40 g Cebola
  • 40 g Chícharo
  • 150 g Pescada
  • 100 g Pataca
  • 0.5 g Sal
  • 25 g Viño branco

Instruccións

Poñer a cocer, en auga con loureiro, as patacas cortadas en toros grosos. Transcorridos 8 min, engadir o peixe e cocer de 5 a 8 min máis. Á parte, preparar unha allada co aceite, co allo e co pemento. Servir a pescada enriba das patacas acompañada por chícharos cocidos á parte, e a allada por enriba.

Este prato típico de Galicia é de doada elaboración e saudable xa que a forma de cociñado dos ingredientes é a cocción. Para darlle sabor régase cun rustrido elaborado con aceite de oliva, allo e pemento. A pescada debido ao seu baixo contido graxo e ás poucas calorías considérase un alimento axeitado para persoas que sofren de sobrepeso ou obesidade ou que teñen alteracións dos niveis de colesterol ou triglicéridos en sangue. Os chícharos son unha boa fonte de proteína vexetal e presentan unha elevada cantidade de magnesio que axuda na síntese das proteínas. Tamén son ricos en ferro para previr anemias. Contén calcio que intervén na formación dos ósos e fósforo que intervén na formación de enerxía.

Pescada en salsa de vieira

Pescada en salsa de vieira

Pescada en salsa de vieira

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 20 g Aceite de oliva
  • 1.5 g Allo
  • 50 g Cebola
  • 5.5 g Limón
  • 190 g Pescada
  • 10 g Pan relado
  • 1 g Perexil
  • 1 g Pemento doce
  • 0.5 g Sal

Instruccións

Colocamos, sobre unha fonte de forno, o peixe desprovisto de espiñas. Regámolo con limón e reservámolo. Á parte, sofritimos a cebola, o allo e, case antes de retirar, botamos o perexil. Unha vez temperado o sofrito, botamos o pemento e vertemos sobre o contido da fonte. Antes de levar esta última ao forno, cubrimos a peza con pan relado. Enfornamos durante unha hora e vinte minutos.

A pescada é un peixe branco xa que presenta unha baixa cantidade de graxas e de calorías. Contén ácidos graxos omega 3 polo que se lle atribúen propiedades cardiosaudables. A pescada é rica en proteínas de alto valor biolóxico e fonte de minerais como o potasio, que intervén no sistema nervioso e na actividade muscular. O fósforo que intervén no proceso de obtención de enerxía e está presente en ósos e dentes e o magnesio que se relaciona co funcionamento do intestino, dos nervios e dos músculos. En canto ás vitaminas destaca a B12 que é importante para o metabolismo e para o mantemento do sistema nervioso.