Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Lagosta cocida

15 Xullo, 2015

Lagosta cocida

Lagosta cocida

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 30 g Cebola
  • 127.6500015258789 g Lagosta
  • 1 g Loureiro
  • 30 g Pemento vermello
  • 1 g Sal
  • 10 g Vinagre

Instruccións

Retiramos da peza as patas, a cola e a cabeza e cocemos en auga, preferiblemente de mar, segundo o peso. A relación tempo/peso é a seguinte: 20 min/kg de exemplar.

No século XV, o valor que se lle daba á lagosta en Galicia era moi baixo. Podémola atopar ao longo de toda a costa galega, desde a mariña lucense ata A Guarda en Pontevedra, aínda que as máis grandes son as das Rías baixas. A lagosta ten unha carne tersa e preta. Antigamente comíase cocida, por iso era pouco valorada, pero coa introdución en Galicia das salsas e das maionesas empezouse a preparar deste xeito nas casas señoriais e burguesas.

Lamprea ao estilo da miña avoa

Lamprea ao estilo da miña avoa

Lamprea ao estilo da miña avoa

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 0.5 g Canela
  • 50 g Cebola
  • 0.5 g Cravo
  • 150 g Lamprea
  • 50 g Pan
  • 20 g Pan relado
  • 1 g Perexil
  • 0.5 g Pementa branca
  • 0.5 g Sal
  • 20 g Zume de laranxa

Instruccións

Ao cortar a lamprea reservamos o sangue. Nunha tarteira, ponse a lamprea xunto co seu propio sangue, ademais da cebola, dos allos, do perexil, da pementa, do cravo, do pan relado, do zume de laranxa e do aceite. Cociñámolo a lume lento e, una vez feito, sérvese en fonte de barro con torradas de pan feitas no forno.

A lamprea adoita remontar os ríos para desovar, momento no que se produce a súa captura. En tempos pasados, un tanto por cento moi importante da lamprea que se capturaba consumíase seca, é dicir, curada, acompañada de verdura e incorporada mesmo ao cocido. O resto da lamprea consumíase guisada. A receita evolucionou cociñándoa co seu sangue, cebola, perexil e viño tinto e hoxe é un dos pratos característicos de Galicia, desde decembro a marzo.

Lagostinos cocidos con maionesa

Lagostinos cocidos con maionesa

Lagostinos cocidos con maionesa

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 80 g Lagostino
  • 0.5 g Loureiro
  • 20 g Maionesa
  • 0.5 g Sal

Instruccións

Nunha cazola botamos auga, loureiro e sal e deixamos que rompa a ferver. Cando ferva a auga botamos os lagostinos. Deixámolos cocer 15 ou 20 min.

Os lagostinos presentan un baixo contido en graxas e calorías pero teñen unha cantidade considerable de colesterol, como acontece coa maioría dos crustáceos, polo que as persoas que sofren hipercolesterolemia deben consumilo ocasionalmente. Son ricos en sales minerais, especialmente ferro, cinc, potasio e iodo. Presentan unha elevada cantidade de purinas polo que non son aconsellables en persoas que sofren gota. Dada a súa alta cantidade de proteínas, os lagostinos son un alimento que se recomenda especialmente para o desenvolvemento muscular sobre todo durante a infancia, a adolescencia e o embarazo.

Linguado ao forno con xamón

Linguado ao forno con xamón

Linguado ao forno con xamón

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 15 g Aceite de oliva
  • 1 g Allo
  • 40 g Xamón curado
  • 160 g Linguado
  • 5 g Limón
  • 5 g Pan relado
  • 100 g Pataca
  • 1 g Perexil
  • 0.5 g Pementa branca
  • 0 g Sal

Instruccións

Introducimos nuns cortes que lle facemos ao linguado unhas tiras de xamón e aderezamos con sal e pementa. Botamos sobre o linguado pan relado, perexil, allo moi picado, un chorro de aceite e as patacas. Introducímolo no forno e, transcorrido un tempo de enfornado, botámoslle un chorriño de limón. Unha vez que estea ben asado, deixámolo no forno en repouso.

Este peixe presenta un escaso contido graxo polo que é adecuado para dietas hipocalóricas. O linguado é un alimento rico en vitamina B6 tamén coñecida como piridoxina. Isto fai que este alimento sexa moi recomendable en casos de diabete, depresión e asma. Ademais, a vitamina B6 deste peixe axuda a previr enfermidades cardíacas e mesmo pode axudar na loita contra o cancro. Cabe destacar o contido en iodo que regula o funcionamento da glándula tiroide e fortalece a estrutura ósea. É adecuado para persoas diabéticas e hipertensas.

Linguado fritido

Linguado fritido

Linguado fritido

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 20 g Aceite de oliva
  • 203 g Linguado
  • 95 g Pataca
  • 1 g Sal

Instruccións

Rebozar o linguado en fariña e fritir nunha tixola aceite abundante. Servir acompañado o peixe cunhas patacas cocidas previamente.

O linguado común distribúese ao longo do Atlántico norte, e é bastante abundante no Mediterráneo. O linguado é moi axeitado para persoas que seguen unha dieta de adelgazamento xa que só contén 80 cal por cada 100 g. O linguado é un peixe con contido graxo moi baixo. É moi rico en magnesio, calcio e fósforo. Tamén o poden comer as persoas diabéticas e hipertensas. Como vantaxe adicional ten unha gran versatilidade en cociña. En canto ao seu contido en vitaminas, podemos destacar as vitaminas B1, B2, B3, B6 e B12 e ácido fólico.