Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Ensalada morna de pasta fresca con caviar vexetal

15 Xullo, 2015

Ensalada morna de pasta fresca con caviar vexetal

Ensalada morna de pasta fresca con caviar vexetal

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g Aceite de oliva
  • 20 g Oliva negra
  • 5 g Allo
  • 50 g Berenxena
  • 40 g Cebola
  • 50 g Espaguetes
  • 0.5 g Estragón
  • 10 g Limón
  • 0.5 g Pementa negra

Instruccións

Asamos a berenxena, o allo, a cebola bañados de aceite de oliva no forno a uns 170 ºC, durante unha hora. Unha vez asados e fríos, cortamos en cadradiños (do tamaño de graos de arroz) a berenxena, a cebola, ademais das olivas negras. Introducimos, no recipiente do batedor, os allos, o zume de limón, o sal, a pementa negra, o aceite de oliva e o estragón. Bátese ata conseguir unha emulsión e vértese sobre a mestura picada anteriormente. Á parte, cócese a pasta fresca. Mestúrase todo e sérvese.

A pasta contén unha gran cantidade de hidratos de carbono de absorción lenta (amidón), tamén proteínas (glute), e unha cantidade moi baixa de graxas. A berenxena pola súa parte contén fibra e potasio, este último é necesario para a actividade muscular. O seu compoñente maioritario é a auga. O allo reduce o colesterol. É un depurador do sangue e é eficaz en casos de hipertensión, ademais de posuír efectos antibacterianos. Todas estas propiedades débense a un composto de xofre denominado alicina, e tamén a unha substancia volátil denominada ajona, que se obtén cando é machucado. A cebola favorece a dixestión. Polos seus compostos ricos en xofre prevén enfermidades infecciosas, tamén ten efectos depuradores do sangue polo que é aconsellable para persoas diabéticas.

Ensalada mixta

Ensalada mixta

Ensalada mixta

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g Aceite de oliva
  • 25 g Cebola
  • 65 g Leituga
  • 80 g Tomate
  • 3 g Vinagre

Instruccións

Lavamos os ingredientes e cortámolos. Colocámolos nunha fonte regamos con aceite e vinagre ao gusto.

A ensalada mixta combina moi ben con todo tipo de pratos, ademais de ser idónea, polo seu baixo contido calorífico, para incluír nas dietas de adelgazamento. A leituga contén fibra e é diurética, o que axuda a persoas con retención de líquidos. Tamén posúe vitamina C e A que son antioxidantes. O tomate é un bo desintoxicante, xa que elimina ácido úrico e reduce o colesterol. Son unha fonte de potasio, fósforo e magnesio, necesarios para a actividade normal de nervios e músculos.

Filete de porco

Filete de porco

Filete de porco

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 30 g Aceite de oliva
  • 105 g Filete de porco magro
  • 155 g Pataca
  • 1 g Sal

Instruccións

Fritir o filete, nunha tixola, con abundante aceite.

O filete de porco é un corte de carne magra xa que contén poucas graxas. A carne de porco é unha fonte de proteína esencial porque ten un alto contido de aminoácidos esenciais, algúns deles non son sintetizados polo organismo humano. O contido en colesterol do filete é baixo polo que está recomendado para persoas con hipercolesterolemia. Tamén o poden consumir as persoas que padecen gota xa que a carne de porco é unha das que menos purinas contén.

Fanecas fritidas con cachelos

Fanecas fritidas con cachelos

Fanecas fritidas con cachelos

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 15 g Aceite de oliva
  • 138 g Faneca
  • 15 g Fariña
  • 10 g Limón
  • 125 g Pataca
  • 1 g Sal

Instruccións

Rebózanse as fanecas, previamente preparadas, en fariña e frítense en aceite quente. Mentres tanto, prepáranse os cachelos cocendo as patacas con monda e partidas en dúas en abundante auga con sal. Cando estean a media cocción, escórreselles a auga e déixase o pucheiro preto do lume para que rematen de cocer e se sequen coa calor.

A faneca é un peixe branco moi consumido en Galicia que presenta gran cantidade de espiñas. O seu contido graxo é baixo aínda que vai incrementado pola súa fritura en aceite. A contribución de vitaminas é elevada, destacando a vitamina A e a B12. A vitamina A é fundamental para a visión mentres que a B12 prevén a anemia perniciosa. A faneca é un alimento de doada dixestión e con poucas calorías. As patacas cocidas (cachelos) posúen poucas calorías. Conteñen unha boa cantidade de vitamina C, fibra e potasio. Ademais, non conteñen glute polo que resultan axeitadas para persoas celíacas.

Fabada galega

Fabada galega

Fabada galega

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 15 g Chourizo
  • 45 g Faba fresca
  • 25 g Morcilla
  • 20 g Touciño entrefebrado

Instruccións

Botaremos nun cazo con auga anacos bastante grandes de allo, cebola e outros non tan grandes de rabo, pata e orella de porco. Despois, incluiremos as fabas xunto con pemento e tras uns minutos engadimos o xamón, o chourizo e xusto despois o touciño e a morcilla. Poñerémolo a lume alto ata que ferva a auga e despois a lume lento durante aproximadamente unhas 2 h.

As fabas constituían a base da alimentación popular galega no século XIX. O cultivo da faba está moi estendido en Galicia. As fabas conteñen unha cantidade importante de proteínas que supera mesmo á das carnes, pero a súa calidade é inferior. Por outra banda, son tamén importantes en calquera dieta equilibrada debido a que a súa inxestión proporciona un alto valor de saciedade grazas aos seus hidratos de carbono complexos de lenta absorción. É destacable o contido en calcio, fibra e vitaminas B1, B2, B9, e C. Tamén conteñen ferro cuxa absorción a favorece o contido de vitamina C das fabas.