Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Ensalada completa

15 Xullo, 2015

Ensalada completa

Ensalada completa

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g Aceite de oliva
  • 30 g Oliva
  • 15 g Atún
  • 15 g Cebola
  • 30 g Espárrago
  • 55 g Leituga
  • 40 g Millo
  • 70 g Tomate
  • 3 g Vinagre

Instruccións

Lavamos os ingredientes e cortámolos. Colocámolos, nunha fonte, e regamos con aceite e vinagre ao gusto.

A ensalada completa permítenos incorporar unha gran variedade de verduras e hortalizas que cobren as necesidades diarias de vitaminas e minerais. A leituga ten un baixo contido calorífico que favorece a dixestión e, en xeral, é beneficiosa para todo o aparato dixestivo. Ademais contén calcio, magnesio, fósforo, potasio, sodio e ferro. O atún posúe grandes cantidades de ácidos graxos omega 3, bos para o corazón, ademais contén proteínas e poucas calorías e graxas. Os espárragos e o millo proporcionan fibra á ensalada. O tomate é un bo antioxidante polo seu contido en licopeno. Tamén é rico en cobre e en potasio. A cebola, polo seu contido en compostos de xofre, ten poder bactericida.

Ensalada muiñeira

Ensalada muiñeira

Ensalada muiñeira

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g Aceite de oliva
  • 20 g Oliva
  • 75 g Leituga
  • 0.5 g Pementa negra
  • 30 g Queixo de tetilla
  • 0.5 g Sal
  • 5 g Vinagre

Instruccións

Lavar ben a leituga, escorrela e cortala en anacos grandes. Poñela logo sobre unha fonte para servir e sazonala con sal, pementa e co aceite e co vinagre batidos. Retirarlle a tona ao queixo, cortalo en dadiños e colocalos sobre a leituga xunto coas olivas.

A leituga ten un baixo contido en graxas e en hidratos de carbono, unha elevada cantidade de auga polo que contén moi poucas calorías. É idónea para dietas de adelgazamento. É especialmente rica en potasio e en betacaroteno. Este último outórgalle propiedades antioxidantes e anticanceríxenas. O queixo de tetilla contén calcio que fortalece os ósos e é recomendable para mulleres embarazadas. Ten unha boa cantidade de proteínas que interveñen no desenvolvemento muscular e, tamén, contén fósforo que mellora as funcións biolóxicas do cerebro. As olivas polo seu contido en sal deben consumirse moderadamente por persoas obesas ou hipertensas. Conteñen vitamina A, C, calcio, ferro e fibra.

Ensalada de angulas con escarola

Ensalada de angulas con escarola

Ensalada de angulas con escarola

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g Allo
  • 55 g Angula
  • 55 g Escarola
  • 3 g Limón
  • 40 g Tomate
  • 5 g Vinagre

Instruccións

Colocar nunha fonte a escarola e as angulas. Aliñar cunha emulsión de auga quente e aceite mesturada con allo, tomate sen pel picado de xeito moi fino, limón, vinagre, sal e pementa.

A escarola apenas ten calorías, e presenta un elevado contido de auga. Contén unha gran cantidade de vitamina C polo que é un bo antioxidante. Tamén destaca o seu contido en provitamina A que se transforma en betacaroteno no fígado e é fundamental na produción de glóbulos vermellos e brancos. A escarola é beneficiosa para o sistema dixestivo debido a que as súas follas conteñen intibina, este é o composto responsable do seu sabor amargo. A angula presenta un gran contido en graxa. É rica en proteínas e destaca polo seu gran valor enerxético. O contido en colesterol é baixo. Posúe minerais como o ferro, o calcio e o iodo.

Ensalada de congro

Ensalada de congro

Ensalada de congro

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 15 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 50 g Cebola
  • 70 g Congro
  • 60 g Ovo
  • 1 g Loureiro
  • 40 g Cogombros novos en vinagre
  • 1 g Perexil
  • 0.20000000298023224 g Sal
  • 10 g Vinagre
  • 40 g Cenoria

Instruccións

Pon o congro, nun só anaco, a ferver cunha cebola partida en catro, o loureiro, a póla de perexil, a cenoria e un chisco de sal. Cando estea cocido, sácase e pártese en toros. Cóbrese con maionesa ou cunha salsa vinagreta. Salsa maionesa: poñer nun recipiente o ovo cru, un chisco de sal, un chorriño de vinagre e 150 cc de aceite e lígase co batedor. Salsa vinagreta: pícanse, moi fino, unha cebola, os cogombros novos, o ovo duro, o perexil e o allo. A esta mestura engádelle 150 cc de aceite, medio decilitro de vinagre e a auga, condiméntase con sal. Esta salsa debe baterse no momento de servirse.

O congro é un peixe semigraxo. Non ten escamas e as súas espiñas retíranse con facilidade, o que facilita o seu consumo na poboación infantil. Contén vitamina A que prevén enfermidades nos ollos. Fortalece o sistema inmunitario e ten propiedades anticancerosas. A súa alta cantidade de vitamina D fai que sexa recomendable para fortalecer a pel e os ósos. Pódese acompañar de maionesa ou de salsa vinagreta. A maionesa aínda que é ten bastantes calorías. Tamén é fonte de vitaminas A e E que actúa como un antioxidante xa que combate a acción dos radicais libres. A salsa vinagreta tamén posúe vitamina E, contén unha considerable cantidade de calorías e non contén purinas polo que as persoas con gota poden consumila sen problemas.

Ensalada de garavanzos

Ensalada de garavanzos

Ensalada de garavanzos

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g Aceite de oliva
  • 40 g Cebola
  • 90 g Garavanzo
  • 40 g Ovo
  • 1 g Perexil
  • 50 g Tomate
  • 5 g Vinagre

Instruccións

Colocar os garavanzos unha vez cocidos e escorridos nunha ensaladeira. Cortar os ovos e os tomates e engadilos aos garavanzos xunto coa cebola. Aliñar con aceite e vinagre e salgar ao gusto. Servir esparexido con perexil.

Os garavanzos conteñen moita fibra que axuda a aliviar o estrinximento. Reducen o colesterol e son moi útiles para as enfermidades cardiovasculares. O seu contido en hidratos de carbono de asimilación lenta fai que sexan adecuados para persoas diabéticas. Por outro lado, o ovo contén cantidades significativas dunha ampla gama de vitaminas e minerais como son o fósforo, selenio, ferro, iodo e cinc, que contribúen a cubrir gran parte das inxestións diarias. A acción antioxidante dalgunhas vitaminas do ovo axudan a protexer o noso organismo de procesos dexenerativos diversos (cancro, diabete e cataratas) así como das enfermidades cardiovasculares.