Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Crema fría de patacas e porros

15 Xullo, 2015

Crema fría de patacas e porros

Crema fría de patacas e porros

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 20 g Nata
  • 60 g Pataca
  • 0.5 g Pementa negra
  • 90 g Porro
  • 0.5 g Sal

Instruccións

Cortamos os porros en catro anacos e as patacas en dous. Poñemos nunha cazola auga con sal, as hortalizas, o medio limón e quéntase ata ebulición, momento no que se baixa o lume e se deixa cocer, lentamente, durante media hora aproximadamente. Unha vez feito, sácaselle o limón e déixase arrefriar. Pasamos a verdura polo triturador e mesturámola coa auga da cocción, alcanzando unha mestura lixeira. Engadimos a nata e poñemos a mestura ao lume ata que rompa a ferver, aderezamos con sal e pementa e deixamos arrefriar para servir.

Os porros son moi axeitados para persoas que seguen dietas de adelgazamento polas súas propiedades: teñen moi poucas calorías, son diuréticos polo seu contido en potasio, o que fai eliminar líquidos e laxantes pola fibra. Destaca o seu contido en vitamina C e do grupo B. As patacas tamén teñen vitamina C e potasio, o que fai que esta crema sexa adecuada para persoas con hipertensión arterial.

Croquetas de acelga

Croquetas de acelga

Croquetas de acelga

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g Aceite de oliva
  • 140 g Acelga
  • 40 g Cebola
  • 30 g Fariña
  • 40 g Ovo
  • 0.5 g Pementa negra
  • 0.5 g Sal

Instruccións

Lávanse as acelgas, en abundante auga, e córtanse. Ponse a ferver a acelga en auga con sal. Sácase e escórrese ben. Tritúrase co batedor e logo engádense os ovos, o sal a cebola cortadiña, o sal e a pementa, ata que se faga unha crema ben densa. Ir agregando, pouco a pouco, a fariña para espesar a crema. Cunha culler grande, ir engadindo, nunha tixola, sobre o aceite ben quente e fritilas. Servilas quentes.

As acelgas son moi recomendables para incluír en dietas de adelgazamento xa que producen saciedade pola súa riqueza en fibra. Teñen poucas calorías e non conteñen nada de colesterol. O contido en graxas é moi baixo. Son ricas en calcio polo que preveñen enfermidades cardiovasculares ao diminuír os niveis de colesterol no sangue, e en potasio que favorece a eliminación de líquidos. ademais, son beneficiosas para persoas hipertensas. En canto a vitaminas, destaca a presenza de folatos, vitamina C e betacaroteno ou provitamina A.

Crêpes de centola

Crêpes de centola

Crêpes de centola

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 3 g Aceite de oliva
  • 5 g Cebola
  • 35 g Centola
  • 15 g Cereixa
  • 5 g Coñac
  • 0.20000000298023224 g Chile
  • 20 g Fariña
  • 40 g Ovo
  • 25 g Leite desnatado
  • 5 g Manteiga
  • 10 g Nata
  • 0.20000000298023224 g Pementa branca
  • 0.20000000298023224 g Sal
  • 25 g Tomate
  • 6 g Cenoria

Instruccións

En primeiro lugar, faremos as filloas mesturando a fariña coa cervexa e mais 150 cc de leite, engadimos os ovos, batemos ben e condimentamos cun chisco de sal e pementa. Derretemos a manteiga, nunha cunca, e preparamos un anaco de algodón co que iremos mollando a tixola onde imos facer as filloas. A lume medio, mollamos a tixola co algodón e vertemos, cun cazo, un pouco da mestura e cando se empece a desprender polos bordos dámoslle a volta. Continuamos, así, ata rematar a masa depositándoas sobre un prato. A continuación, prepárase unha salsa americana para marisco refogando a cebola e a cenoria en aceite, cando empece a tomar cor engádeselle o tomate e a pementa de Caiena. Rectifícase de sal e engádeselle a centola esmigallada, cando estea no seu punto, á mestura e énchese co coñac e préndese lume ata reducir a salsa uns minutos. Esta mestura distribúese sobre as filloas e enrólanse. Póñense nunha fonte de forno, énchense cun pouco de nata líquida e póñense, un momento, a gratinar. Sérvese quente.

A centola contén proteínas e é rica en cinc que facilita a asimilación e o almacenamento da insulina. Ademais, é beneficiosa para o sistema inmunitario. Tamén destaca o seu contido de iodo que axuda a regular o colesterol e a procesar os hidratos de carbono. Ao igual que acontece no resto dos mariscos, polo contido de purinas da centola desaconséllase o seu consumo en persoas que sofren gota ou hiperuricemia. A masa das filloas contén enerxía polo seu contido en hidratos de carbono e, así, aumenta as calorías do prato.

Dourada á prancha

Dourada á prancha

Dourada á prancha

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 140 g Dourada
  • 1 g Chile
  • 100 g Pataca
  • 3 g Perexil
  • 0.5 g Sal
  • 3 g Vinagre

Instruccións

Salgamos a dourada e, coa pel cara a arriba primeiro, estendémola sobre unha prancha. Lista a dourada encherémola cun chorriño de vinagre. Mentres, douramos nunha tixola con aceite un pouquiño de chile e allo para botar sobre a peza. Engadiremos, ademais, un pouco de perexil para condimentar de xeito máis completo o prato.

A dourada recibe este nome porque ten unha raia dourada entre os ollos. Cando se trata de peixe de piscifactoría, como é a maioría que atopamos nos mercados, convértese nunha raia gris ou negra. É un peixe de carne branca e firme e considérase exquisita. Pódese cociñar de múltiples formas pero á prancha é un sinxelo e rápido xeito.

Doce de leite

Doce de leite

Doce de leite

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 30 g Azucre
  • 0.5 g Canela
  • 7 g Galleta
  • 30 g Leite

Instruccións

Cocemos lentamente o leite co azucre e coa canela ata alcanzar unha cor e unha textura consistente. Temperamos e servimos xunto con galletas para completar o prato.

A orixe desta sobremesa sitúase en Arxentina ou Uruguai, onde é bastante típico. Introducírono en España os emigrantes. É unha sobremesa bastante sinxela de elaborar e, ademais, moi versátil xa que se usa de moitas maneiras. O compoñente principal desta sobremesa é o leite, o azucre, o bicarbonato de sodio e a esencia de vainilla para intensificar o seu sabor. O leite posúe principalmente hidratos de carbono e proteínas de moi boa calidade, ademais de calcio. Débese de consumir con moderación xa que contén colesterol e graxas. Non é moi recomendable para persoas obesas, con sobrepeso ou trastornos lipidémicos, así como triglicéridos e colesterol alto.