Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Cereixas en augardente

15 Xullo, 2015

Cereixas en augardente

Cereixas en augardente

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 3 g Augardente
  • 3 g Azucre
  • 0.5 g Canela
  • 20 g Cereixa

Instruccións

Nun recipiente con tapa introducimos as cereixas, vertemos a augardente e esparexemos a canela. Mesturamos o contido e deixámolo repousar durante polo menos dous meses e medio. Un práctica moi habitual é a de gardar o recipiente nun lugar escuro e sen humidade ao que, de cando en vez, accedemos para axitalo coa intención de axudar a disolver o azucre.

A cereixa é unha fonte de antioxidantes en forma de vitamina C e bioflavonoides. Posúe ferro, magnesio, potasio, silicio e provitamina A (betacaroteno). O seu consumo diario axuda a reducir os niveis sanguíneos de ácido úrico o que axuda a previr a gota. Contén ácido eláxico que inhibe a reprodución de células canceríxenas. Conteñen potasio que favorece a eliminación de líquidos. Son adecuadas para persoas hipertensas. Tamén son ricas en fibra.

Chocos fritidos

Chocos fritidos

Chocos fritidos

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 20 g Aceite de oliva
  • 100 g Lura pequena
  • 15 g Fariña
  • 1 g Sal

Instruccións

Rebozar os chocos en fariña e fritir nunha tixola en abundante aceite.

O choco é rico en proteínas de alto valor biolóxico pois contén todos os aminoácidos esenciais. Posúe un nivel de graxa moi baixo e a penas ten hidratos de carbono. No entanto, ao cociñalos rebozados e fritos en aceite o seu contido en calorías aumenta. Tamén teñen unha considerable cantidade de colesterol e, por este motivo, non se aconsella o seu consumo a aquelas persoas que teñen un nivel de colesterol elevado. Polo seu contido en purinas, os chocos están contraindicados en caso de hiperuricemia (gota). Son fonte de minerais, calcio, fósforo e sodio e de vitaminas do complexo A e B.

Chulas de arroz

Chulas de arroz

Chulas de arroz

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 7 g Arroz
  • 0.4000000059604645 g Azucre
  • 13 g Fariña
  • 10 g Ovo
  • 7 g Leite

Instruccións

Para facer a masa empezamos botando nun recipiente o azucre e os ovos e mesturámolos ben. Unha vez que estean ben mesturados, engadimos o leite e a fariña, pouco a pouco, ao tempo que imos removendo todo ben. Cocemos o arroz e engadímolo á mestura anterior. Imos collendo pequenos anacos da masa para fritilos nunha tixola con aceite moi quente. Unha vez que collan certa cor, retirámolos e eliminamos a parte da graxa que conteñen con papel. Como presentación final podémoslles botar azucre por enriba.

As chulas son unha das sobremesas caseiras máis tradicionais de Galicia. O arroz constitúe unha boa fonte de hidratos de carbono. É enerxético. O seu contido de graxas e colesterol é practicamente nulo e as calorías que contén son baixas. Posúe minerais como o potasio, o fósforo e o magnesio, aínda que tamén é moi rico en vitaminas do complexo B que axudan o metabolismo con hidratos de carbono e o sistema nervioso na súa totalidade.

Chourizos ao viño

Chourizos ao viño

Chourizos ao viño

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 74 g Chourizo
  • 80 g Pataca
  • 0.5 g Sal
  • 20 g Viño branco

Instruccións

Cocer a lume lento os chourizos en viño. O resultado é óptimo se se fai nunha cazola de barro e se se cortaron, con anterioridade, para que solten parte da graxa. Presentar con patacas cocidas.

O chourizo está elaborado co intestino delgado do porco, nos días posteriores á matanza que se realiza en outono ou principio do inverno. Esta receita é moi sinxela e fai que a cantidade de graxa do chourizo se reduza considerablemente. É fonte de ferro cuxa función é transportar o osíxeno en sangue. A dita función prevén as anemias. Tamén contén cinc que é un antioxidante natural, cicatrizante e axuda a manter as funcións oculares entre outras funcións. O consumo de chourizo non está aconsellado en persoas que sofren hipertensión polo seu elevado contido en sodio.

Chulas

Chulas

Chulas

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 1 g Azucre
  • 13 g Fariña
  • 10 g Ovo
  • 7 g Leite

Instruccións

Bátense os ovos co azucre. Engádese o leite, mesturando ben, e vaise incorporando a fariña, sen deixar de bater, ata conseguir unha masa semilíquida. Vanse botando pequenas cantidades de masa nunha tixola con abundante aceite ben quente, fritíndoas ata que estean douradas. Sácanse e escórrense nun papel de cociña para quitar o exceso de graxa; esparexemos, por riba, cun pouco de azucre.

Esta é unha sobremesa típica e tradicional de Galicia. É un prato con moitas calorías e sérvese quente polo que é ideal como sobremesa de inverno. Tamén hai outra versión das chulas na que estas bólas de masa se facían coa finalidade de aproveitar a comida sobrante. Adoitábanse encher de moi diversos ingredientes, podían ser salgadas recheas de carne, peixe e verdura.