Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Lumbrigante cocido

15 Xullo, 2015

Lumbrigante cocido

Lumbrigante cocido

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 15 g Aceite de oliva
  • 190 g Lumbrigante
  • 30 g Cebola
  • 1 g Loureiro
  • 30 g Pemento vermello
  • 1 g Sal
  • 10 g Vinagre

Instruccións

Botamos o lumbrigante en auga con sal ou, se é posible, en auga de mar e poñémolo a cocer 20 min por cada quilo de exemplar. Podemos servilo aberto pola metade se este non é moi grande para facilitar o seu consumo. Se o lumbrigante é máis grande procederemos a eliminar as patas, a cabeza e a cola para servilo.

É dos máis tradicionais e apreciados en Galicia. A carne dun bo lumbrigante cociñado é branca, con fíos avermellados, brillante, compacta, firme, pouco graxa, moi saborosa, perfumada, de gran valoración culinaria e rica en proteínas e sales minerais. Cocido e servido con varias salsas é a forma máis habitual de preparalo pero para coñecer o seu sabor en estado puro a mellor forma é simplemente cocido. A carne do lumbrigante contén ácidos graxos omega 3, substancias que reducen o risco de enfermidades cardíacas. É rico en proteínas, potasio, magnesio, calcio, fósforo, ferro, cinc e vitaminas A, B2 (riboflavina), B3 (niacina), B6 e B12.

Bonito encebolado

Bonito encebolado

Bonito encebolado

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 150 g Bonito
  • 75 g Cebola
  • 120 g Pataca
  • 1 g Sal
  • 40 g Viño branco

Instruccións

Quentamos o bonito, un pouco, en aceite quente e retiramos. É importante que sexa o mesmo aceite o que se use para, posteriormente, dourar a cebola que regaremos con viño branco. Volvemos incorporar o bonito que rematará de cociñarse coa cebola e co viño, coa calor do lume a salsa será cada vez máis espesa.

O bonito é un peixe azul de carne saborosa e textura suave. É un peixe graxo, rico en ácidos graxos omega 3 esenciais para previr enfermidades cardiovasculares e reducir o colesterol. Cabe destacar o seu contido en antioxidantes que interveñen na prevención dalgúns tipos de cancro. O inconveniente do bonito é o seu contido en purinas polo que está desaconsellado para persoas con gota.

Bonito con tomate ao viño

Bonito con tomate ao viño

Bonito con tomate ao viño

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 150 g Bonito
  • 50 g Cebola
  • 1 g Loureiro
  • 120 g Pataca
  • 1 g Sal
  • 40 g Tomate
  • 40 g Viño branco

Instruccións

Douramos en aceite a cebola e cando adquira cor botamos os tomates. Minutos máis tarde salgamos e incorporamos á mestura o viño branco e o loureiro. Tras 10 min, engadimos o bonito e deixamos que se cociñe ata o punto óptimo. Serviremos acompañado con patacas cocidas que se introducirán na cazola minutos antes.

En Galicia hai dous portos moi importantes con respecto ao volume de pesca do bonito: Burela e Celeiro, situados na mariña lucense. O bonito é un peixe cun gran contido en calorías por este motivo se considera que provoca gran sensación de fartura. Hoxe en día, as ventrescas de bonito considéranse un prato exquisito. Existen numerosas formas de preparación, con tomate, rebozado, ao forno ou empanado.

Brócoli á galega

Brócoli á galega

Brócoli á galega

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g Aceite de oliva
  • 75 g Brócoli
  • 80 g Pataca
  • 0.5 g Pemento doce
  • 0.5 g Sal
  • 20 g Cenoria

Instruccións

Lavamos e mondamos as patacas e as cenorias. Poñémolas a cocer, na pota rápida, cun vaso de auga e sal durante 10 min.

O brócoli contén moi poucas calorías e unha alta cantidade de fibra. Entre os minerais que contén están o potasio e o ferro, necesarios para a formación de glóbulos vermellos, e o calcio que axuda a fortalecer os ósos. Ten un gran valor nutritivo polo seu contido en antioxidantes e betacarotenos. As cenorias que acompañan o brócoli tamén conteñen fibra e teñen poder de saciedade. Polo seu contido en vitamina A son adecuadas para manter unha boa visión. As patacas son moi enerxéticas polo seu contido en hidratos de carbono. Conteñen vitamina C, potasio e magnesio. As patacas son interesantes para persoas que queren perder peso debido ao seu contido en fibra e o seu baixo contido en calorías.

Botelo

Botelo

Botelo

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 15 g Allo
  • 270 g Costela de porco
  • 150 g Pataca
  • 0.5 g Pemento doce
  • 0.5 g Pemento picante
  • 50 g Rabo de porco
  • 250 g Repolo
  • 0.20000000298023224 g Sal
  • 10 g Tripa de tenreira

Instruccións

Ponse a cocer nunha pota, a lume lento, o botelo. Un botelo que pese un quilo deberá cocer unhas dúas horas. Incorporamos a verdura 45 min antes da súa cocción. Por último, 30 min antes da cocción, engadiranse as patacas. A súa salsa vermella será o complemento ideal que dará a cor, o aroma e o sabor ás verduras e ás patacas. Sérvese nunha fonte fonda, coa gornición rodeando o botelo.

Crese que a súa orixe é romana e que o consumiron os romanos durante a súa estancia na bisbarra do Bierzo. Posteriormente converteuse nun manxar reservado para abades, bispos e reis e consumíase en datas sinaladas. Pola proximidade xeográfica existente, tamén se elabora na zona da montaña luguesa e ourensá. Está composto de carne e ósos de porco embutidos dentro das tripas máis grosas do porco. Faise cos ósos do costelar, do espiñazo e do rabo de porco. Consómese cocido e acompañado de patacas e repolo.