Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Berberechos ao vapor

15 Xullo, 2015

Berberechos ao vapor

Berberechos ao vapor

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 49.5 g Berberecho
  • 0.5 g Sal

Instruccións

O máis importante é asegurarse de que os berberechos eliminen toda a area que poidan conter no seu interior. Para isto somérxense en auga con sal durante unhas horas. Escórrense e pásanse a unha pota ao lume con dous dedos de auga fría. Cando rompa a ferver apágase e déixase repousar un par de minutos. Cólanse novamente e sérvense nunha bandexa.

Os berberechos están presentes en todas as rías galegas, especialmente na ría de Arousa, na Costa da Morte e noutras localidades das Rías Baixas. A recolección de berberechos remóntase á prehistoria, á idade de bronce e á de ferro, na que era un elemento básico da dieta humana, e ademais utilizábase a cuncha, rica en calcio, para fertilizar o chan dos campos de cultivo.

Ollomol ao forno

Ollomol ao forno

Ollomol ao forno

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 3 g Allo
  • 1 g Azafrán
  • 150 g Ollomol
  • 50 g Cebola
  • 30 g Limón
  • 15 g Pan relado
  • 100 g Pataca
  • 30 g Viño branco

Instruccións

Sobre un refrito de cebola e allo, previamente preparado, colócase o ollomol ao que se lle practicaron uns pequenos cortes sobre o lombo nos que se colocan uns toros de limón. Engadir un pouco de sal e abundante pan relado ata cubrir por completo o peixe. Antes de meter no forno para dourar, engadir un bo chorro de viño enriba do peixe. Ademais, se se engade un pouco de azafrán disolto en medio vaso de auga o resultado da presentación é mellor.

Esta sinxela receita é típica de Madrid e de Castela. Nos últimos anos converteuse nun prato típico do Nadal. O ollomol é un peixe azul que posúe un alto contido de ácidos graxos poliinsaturados omega 3 polo que se recomenda o seu consumo polo seu potente efecto cardioprotector. Contén poucas calorías xa que é un peixe magro e, por iso, é adecuado para incluír en dietas de adelgazamento.

Berberechos aliñados

Berberechos aliñados

Berberechos aliñados

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 33.75 g Berberecho
  • 50 g Cebola
  • 0.5 g Pemento doce
  • 0.5 g Pemento picante
  • 1 g Sal

Instruccións

Douramos nunha tixola unha cebola e engadimos, tras uns minutos, os berberechos previamente cocidos ao vapor. Cando a mestura tome unha cor torrada, apagamos o lume e engadimos o pemento doce e o picante. Servimos con pataca cocida.

Este prato elabórase engadindo aos berberechos pemento doce e picante. Antigamente en tempos onde non abundaban algúns alimentos, en concreto a carne, este prato podía ser un bo substituto. Podemos atopar berberechos en case todas as rías galegas. Caracterízase por ter unha cantidade de graxa practicamente nula polo que é idóneo para dietas de adelgazamento. Contén minerais como o calcio que contribúe ao crecemento e ao soporte da nosa estrutura ósea, o iodo para fortificar e normalizar as funcións da glándula tiroide, e o ferro que axuda á produción de hemoglobina, esencial en dietas para corrixir a anemia.

Biquiños de coco relado

Biquiños de coco relado

Biquiños de coco relado

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 20 g Azucre
  • 34 g Clara de ovo
  • 28 g Coco relado
  • 0.5 g Manteiga

Instruccións

Separamos as claras dos ovos. Xunto cun chisco de sal e outro de azucre, batemos as claras ata alcanzar case o punto de neve. Xusto nese instante, botamos o azucre, pouco a pouco, ata conseguir un merengue. Despois, botamos coco relado e mesturamos novamente. Untamos unha bandexa e colocamos, en montonciños separados, a mestura anterior e enfornamos a lume medio.

É unha sobremesa que ten a súa orixe na cociña venezolana, aínda que está presente noutros países da zona caribeña como Porto Rico. É habitual consumilos durante a Semana Santa. O coco achéganos importantes minerais como o potasio, o magnesio e o calcio. Ademais, é rico en fibra, o que axuda a un mellor funcionamento do noso intestino pero débese consumir en pequenas cantidades polo seu elevado contido de graxas saturadas.

Bica

Bica

Bica

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 20 g Azucre
  • 30 g Fariña de millo
  • 30 g Ovo
  • 2 g Fermento
  • 3 g Manteiga

Instruccións

Prequentamos o forno a 150 ºC e mentres mesturamos ben o azucre xunto coa manteiga derretida. Botamos os ovos e removemos todo ben. Despois, imos botando, lentamente, a fariña e o fermento xa mesturados sen parar de bater. Botamos a masa nun recipiente e metémola no forno.

Na antigüidade, este doce substituía ao pan cando este se acababa. Está feito por unha masa fermentada de ovos, manteiga, azucre, rela de limón e canela enfornada. É típica da provincia de Ourense, sobre todo da zona oriental da bisbarra de Trives, por iso se coñece tamén como bica de Trives. É moi consumida durante o Entroido na zona de Laza en Ourense.