Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Raxo con pementos

15 Xullo, 2015

Raxo con pementos

Raxo con pementos

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 130 g Lombo de porco
  • 100 g Pataca
  • 80 g Pemento verde
  • 1 g Sal

Instruccións

Cómpre cortar o lombo en dados e despois aderezámolo con sal e pementa. Laminamos o allo, refogándoo en aceite e engadimos estes anacos de carne ata que se douren. Cortamos os pementos en tiras e a pataca en dados e fritímolos á parte.

O lombo de porco coñecido en Galicia. Tamén se chama como "raxo". Posúe gran cantidade de proteínas e é das partes do porco que menos graxas contén. A metade dos ácidos graxos que presenta son insaturados, o que lle atribúe propiedades cardiosaudables. Contén ferro, cinc e vitaminas do grupo B. Os pementos que acompañan ao lombo de porco proporcionan fibra ao prato. Os pementos teñen poucas graxas e calorías, xa que o seu contido en auga é elevado. Son un bo antioxidante polo seu contido en vitamina C, A e E. Pola súa cantidade de potasio é un bo regulador da presión arterial e axeitado para persoas hipertensas.

Acelgas con allada

Acelgas con allada

Acelgas con allada

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 15 g Aceite de oliva
  • 150 g Acelga
  • 1.5 g Allo
  • 100 g Pataca
  • 1 g Pemento doce
  • 1 g Sal
  • 1 g Vinagre
  • 35 g Cenoria

Instruccións

Cocemos as patacas, as cenorias e as acelgas. Escorremos e reservamos. Á parte, preparamos a allada, botando os allos en aceite quente. Unha vez feitos retiramos do lume e esparexemos con pemento e vinagre. Vertemos a allada sobre os alimentos reservados anteriormente.

As acelgas empezáronse a cultivar en Asia e consómense desde a antigüidade. Os romanos facían sopas coas acelgas. Cultívanse en climas mornos polo que as podemos atopar en Europa e en países bañados polo mar Mediterráneo. As acelgas están dispoñibles todo o ano. Proporcionan fibra polo que axudan ao tránsito intestinal. Ademais, son unha importante fonte de iodo, ferro, magnesio e calcio. En canto ás vitaminas, destaca o ácido fólico, a vitamina C e a provitamina A.

Xoubiñas fritidas

Xoubiñas fritidas

Xoubiñas fritidas

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 10 g Fariña
  • 0.5 g Sal
  • 100 g Xouba

Instruccións

Escámanse as xoubiñas e extraemos a tripa. Sálganse e rebózanse en fariña. Frítense en aceite moi quente, colocándoas, na tixola, de forma que a cabeza dunhas coincidan coa cola das doutras. Cando están douradas por un lado, dáselles a volta coa axuda dunha tapadeira, coma se fose unha tortilla, e déixanse dourar moi ben polo outro lado. Sérvense moi quentes.

A mellor época para consumir as sardiñas é o verán. É cando máis abundan e mellor é o seu sabor xa que acumulan máis graxa e isto fai que o seu aroma se acentúe. A sardiña é un peixe graxo e está dentro do grupo dos peixes azuis. Debido ao seu contido en purinas non están recomendadas para persoas que sofren gota. Teñen un alto contido de proteínas, polo que están aconselladas para a poboación infantil, adolescente e mulleres embarazadas xa que necesitan unha maior necesidade de proteínas. Deben ter especial coidado as persoas que seguen dietas de adelgazamento, neste caso prepáranse fritas e non se deben de consumir de forma habitual.

Xoubiñas guisadas con salsa de tomate

Xoubiñas guisadas con salsa de tomate

Xoubiñas guisadas con salsa de tomate

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 4 g Allo
  • 1 g Alfabaca
  • 5 g Brandy
  • 37 g Cebola
  • 0.5 g Sal
  • 60 g Tomate
  • 100 g Xouba

Instruccións

Facer un rustrido con allo, cebola e tomate moi maduro e pelado. Picar estes ingredientes miudiños e darlle ao rustrido un toque cun chorriño de brandy. Despois, guisar a lume lento as xoubas nunha cazola de barro e, cando estean listas, dispoñer o rustrido anterior no fondo.

É moi típico en Galicia preparar estes pequenos exemplares da sardiña guisados. É un peixe azul que se coñece e pesca desde a antigüidade. Presenta un alto contido en auga, proteínas e graxas insaturadas. Estas últimas conteñen ácidos graxos omega 3, con propiedades cardiosaudables. Teñen un alto contido en vitaminas A, B, D e K, e son ricas en minerais como sodio, fósforo, calcio, magnesio e ferro. O tomate contén un lixeiro sabor doce, idóneo para acompañar as sardiñas. Ademais ten vitamina C, un antioxidante e posúe poucas calorías, dado o seu elevado contido en auga. Contén fibra para mellorar o tránsito intestinal e apenas contén sodio polo que é idóneo para persoas hipertensas.

Acelgas con pasas

Acelgas con pasas

Acelgas con pasas

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 160 g Acelga
  • 5 g Allo
  • 20 g Cebola
  • 16 g Pasas de Corinto
  • 80 g Pataca
  • 9 g Piñón
  • 0.20000000298023224 g Sal

Instruccións

Cocemos as acelgas e acompañámolas de patacas fritidas en tacos, a cebola e o allo estufados e con piñóns e pasas pasados pola tixola.

Este prato contén unha gran cantidade de fibra que posúen as acelgas e as pasas, necesaria para regular o tránsito intestinal. O seu contido en calorías compénsase xa que as pasas conteñen bastantes calorías debido aos hidratos de carbono simples que conteñen e as acelgas presentan unha baixa cantidade de calorías. As acelgas son unha importante fonte de iodo que manten o correcto funcionamento da glándula tiroide. O prato tamén posúe ferro, contido nas acelgas nas pasas que axuda a previr a anemia. Tamén cabe destacar o calcio que teñen que axuda a previr a osteoporose e manter os ósos e os dentes sans.