Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Fabas á bilbaína

15 Xullo, 2015

Fabas á bilbaína

Fabas á bilbaína

Información nutricional:

Kcal : 263,4
Proteínas: 15,68%
Hidratos de carbono:28,84%
Lípidos:10,19%

Ingredientes

  • 60 g fabas
  • 20 g xamón en tacos
  • 20 g pemento vermello
  • 20 g cebola
  • 1 g loureiro
  • 1 g perexil
  • 1 g pementa branca
  • 1 g sal
  • 5 g allo
  • 10 g aceite oliva

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Deixar as fabas a remollo en auga fría, durante a noite anterior. Poñer as fabas nunha pota con auga fría, loureiro e sal. Cando rompa o fervor, engadir máis auga fría e cocer a modo. Mentras, picar finiño o allo e a cebola, o pemento en cadrados e o xamón en taquiños. Nunha tixola calentar o aceite e refogar o allo, a cebola e o pemento, engadir o xamón e deixar que se faga 5 minutos. Cando estén casi tenras, engadir o sofrito, sazonae e darlle un fervor final.

Vantaxes:
As fabas son alimentos ricos en fibra, folatos, potasio e ferro, pero os seus compoñentes principais son os hidratos de carbono. Aportan unha cantidade importante de proteína vexetal, de peor calidade cá de orixe animal, xa que non presentan todos os aminoácidos esenciais. Axudan a previr o estrinximento, diminuír o colesterol en sangue e manter os niveis de glucosa en sangue grazas ó seu elevado contido en fibra soluble.

Ben me sabes

Ben me sabes

Ben me sabes

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 8 g Azucre
  • 1 g Canela
  • 11 g Galleta
  • 56.5 g Ovo
  • 30 g Viño fino (Xerez, Manzanilla)

Instruccións

Formamos nunha fonte unha base de galletas bañadas en xerez, despois vertemos encima unha mestura feita de claras (a punto de neve) con xemas (previamente mesturadas con azucre) e, por último, cubrimos lixeiramente de canela. Deixamos arrefriar e servimos.

Coñécense con este nome diversos pratos en numerosos países de fala hispana. O “ben me sabes” é un prato doce de procedencia árabe, aínda que só se conserva na Illas Canarias, Castela-A Mancha, Andalucía, e en varios países de América Latina. En Canarias o doce elabórase con mel e améndoas; en cambio en América é unha especie de flan de coco con anacos de biscoito. En Colombia prepárase coa caseína do leite cortado mesturado con doce de panela e canela. É moi popular en Antequera (Málaga) onde se cre que a súa orixe se remonta ao século XVII onde o elaboraban no convento de clausura as monxas clarisas.

Fabas brancas con cabaza

Fabas brancas con cabaza

Fabas brancas con cabaza

Información nutricional:

Kcal:
Proteínas:
Hidratos de carbono:
Lípidos:

Ingredientes

  • 75 g fabas
  • 50 g cabaza
  • 15 g porro
  • 25 g cebola
  • 5 g allo
  • 1 g pementón doce
  • 1 g sal
  • 10 g aceite oliva suave

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

dgf

Vantaxes:
As fabas son alimentos ricos en fibra, folatos, potasio e ferro, pero os seus compoñentes principais son os hidratos de carbono. Aportan unha cantidade importante de proteína vexetal, de peor calidade cá de orixe animal, xa que non presentan todos os aminoácidos esenciais. Axudan a previr o estrinximento, diminuír o colesterol en sangue e manter os niveis de glucosa en sangue grazas ó seu elevado contido en fibra soluble.

Plátano flambeado con chocolate

Plátano flambeado con chocolate

Ingredientes

Instruccións

Tempo preparación: De 10 a 15 minutos

Facer un caramelo na tixola con auga e azucre. Engadir o plátano pelado e cortado en rodajas. Deixar caramelizar. Facer un caramelo na tixola con auga e azucre. Engadir o plátano pelado e cortado en rodelas. Deixar caramelizar.Engadir o licor e prender lume para que se evapore o alcol. Engadir o zume e deixar que reduza. Aparte ferver o leite, retirar o lume e engadir o chocolate troceado para que se funda. Servir o plátano tépedo ou quente co chocolate por encima.

Bolos do pote

Bolos do pote

Bolos do pote

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Fariña de millo
  • 1 g Sal
  • 5 g Touciño

Instruccións

Amasar a fariña coa auga cun chisco de sal, formar unha masa que non se pegue de forma que se poidan formar pequenas pelotas, o tamaño dependerá do gusto de cada un. Nas pelotas incluír un pequeno anaco de touciño, un anaco de cebola, un anaco de chourizo, un anaco de lacón ou calquera outro ingrediente segundo a preferencia de cada un. Cociñar as pelotas preparadas salteándoas un pouco na tixola e, seguidamente, cocelas ben en auga fervendo ou, mellor aínda, co caldo do cocido para que se poidan servir como substituto das patacas.

Este prato facíase antigamente en inverno cando se remataban as patacas ou había pouca fariña e non se podía moer o trigo. Debido a esta escaseza amasábanse estes bolos aos que se lles podía engadir cebola ou touciño e mesmo chourizo, pasábanse pola tixola e despois cocíanse no caldo.