Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Amorodos con azucre

Amorodos con azucre

Amorodos con azucre

Información nutricional:

Kcal: 108
Proteínas: 7%
Hidratos de carbono: 93%
Lípidos: 0%

Ingredientes

  • 200 g amorodo
  • 10 g azucre

Instruccións

Tempo preparación: Menos de 5 minutos

Lavar e botarlle azucre

Vantaxes:
Os amorodos son froitas que aportan poucas calorías e o seu compoñente máis abundante, despois do auga, son os hidratos de carbono (fructosa, glucosa e xilitol). Destaca polo seu aporte de fibra, que mellora o tránsito intestinal. Ademais son moi boa fonte de vitamina C e ácido cítrico, ácido salicílico, ácido málico e oxálico, potasio e en menor proporción conteñen vitamina E.

Fabas á vinagreta

Fabas á vinagreta

Fabas á vinagreta

Información nutricional:

Kcal: 269,90
Proteínas:13,47%
Hidratos de carbono:9,87%
Grasas:24,46%

Ingredientes

  • Cocidas (180 g) fabas
  • 20 g cebola
  • 50 g ovo cocido
  • 10 g pemento vermello
  • 10 g pemento verde
  • 20 g tomate
  • 20 g xamón cocido
  • 1 g sal
  • 2 g perexil
  • 10 g aceite oliva

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Facer unha vinagreta coa cebola, pementos, tomate, ovo cocido, perexil, todo picado finamente. Engadir o aceite, vinagre, sal e a guarnición de xamón cocido cortadp en dados. Lavar as fabas do bote escurridas e engadir á mezcla anterior

Vantaxes:
As fabas son alimentos ricos en fibra, folatos, potasio e ferro, pero os seus compoñentes principais son os hidratos de carbono. Aportan unha cantidade importante de proteína vexetal, de peor calidade cá de orixe animal, xa que non presentan todos os aminoácidos esenciais. Axudan a previr o estrinximento, diminuír o colesterol en sangue e manter os niveis de glucosa en sangue grazas ó seu elevado contido en fibra soluble.

Lentellas con berenxena

Lentellas con berenxena

Lentellas con berenxena

Información nutricional:

Kcal:280,3
Proteina:17,205
Hidratos de carbono:84,97
Lipidos:5,91

Ingredientes

  • 6 g de lentellas
  • 3 d de cenoria
  • 30 g de cebola
  • 30 g pemento verde
  • 30 g de tomate
  • 30 g berenxena
  • 5 g allo
  • 1 g sal
  • 5 g aceite oliva

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Poñer as lentellas nunha cazola co touciño entrefebrado, coa cebola, co tomate, co pemento, coa cenoria, co allo e co aceite. Cubrir todo con auga e, cando comece a ferver, baixar a intensidade do lume para que o fervor sexa suave. Á metade de cocción, engadir as berenxenas cortadas en dados. Condimentar con sal e deixar repousar 10 minutos fóra do lume pero coa cazola tapada.

Vantaxes:
As lentellas son fonte natural de proteínas. A riqueza proteica e de ácidos nucleicos favorece a loita fronte ó envellecemento celular. As lentellas posúen un alto contido en hidratos de carbono, pero os legumes teñen a capacidade de controlar a glucosa que se incorpora no sangue. Ademais, as lentellas conteñen unha alta porcentaxe de potasio, que favorece a eliminación de líquidos do organismo. Son ricas en vitaminas do grupo B, ácido fólico e ferro.

Inconvenientes:
O ferro de orixe vexetal é de máis difícil absorción que o ferro de orixe animal. Por outra parte, aínda que o chourizo presenta proteínas de gran valor biolóxico, debemos moderar o seu consumo polo seu alto contido enerxético e graxo.

Crioulo ao forno

Crioulo ao forno

Crioulo ao forno

Información nutricional:

Kcal: 825,1
Proteinas: 46,3%
Hidratos de carbono:29,8%
Grasas:58,9%

Ingredientes

  • 150 g chourizo criollo
  • 100 g puré patacas

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

O chourizo faise na plancha ou ó forno enteiro. Servir o chourizo cortado en toros sobre un puré de pataca. Pódese acompañar con algunha salsa ó gusto.

Vantaxes:
O chourizo presenta un gran contido en calorías polo seu contido en graxa, ainda que parte de esta graxa pérdese ó cociñalo.Tamén aporta ferro, que axuda ás persoas que padecen anemia e presenta un gran contido proteico.