Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Berenxenas gratinadas en salsa caseira

15 Xullo, 2015

Berenxenas gratinadas en salsa caseira

Berenxenas gratinadas en salsa caseira

Información nutricional:

Kcal: 170,3
Proteínas: 19,4%
Hidratos de carbono: 30,1%
Lípidos: 50,5%

Ingredientes

  • 150 g berenxena
  • 100 g tomate
  • 40 g pemento verde
  • 40 g cebola
  • 10 g queixo relado
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Trocear a berexena e asar ao forno a 170 ºC durante 20 minutos aproximadamente. Cortar a cebola, o pemento verde e o allo todo iso en brounoisse e rustrir o conxunto cun pouco de aceite de oliva nunha tixola. Cando a cebola tome cor engadir o tomate natural troceado e deixar que se cocine durante 15 minutos. Nunha fonte de forno facer unha cama de salsa caseira, dispoñer a berenxena enriba, cubrir lixeiramente con queixo relando e introducir no forno a 200ºC ata que se gratine a superficie.

Vantaxes:
A berenxena é moi pouco enerxética, o 92% da súa composición é auga. Contén vitaminas do grupo B, A, C e ácido fólico; o mineral máis abundante é o potasio, e en menor medida fósforo, calcio, magnesio e ferro. O seu leve sabor amargo é debido á gran cantidade de compoñentes antioxidantes que posúe, por iso é recomendado o seu consumo en dietas de adelgazamento.

Crema Vichyssoise (de pataca e porro)

Crema Vichyssoise (de pataca e porro)

Crema Vichyssoise (de pataca e porro)

Información nutricional:

Kcal: 218,9
Proteínas: 7,8%
Hidratos de carbono: 50,3%
Lípidos: 41,9%

Ingredientes

  • 100 g pataca
  • 100 g porro
  • 100 mL caldo verduras
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cortar os ingredientes en rebandas finas e refogar nunha pota con aceite de oliva. Cubrir co caldo de verduras e cociñar durante 10 minutos. Triturar e servir quente.

Vantaxes:
O principal compoñente da pataca despois da auga, é o amidón. Cabe destacar o seu baixo aporte de proteínas e graxas. Ademais é unha importante fonte de minerais como potasio, magnesio e fósforo, e vitaminas do grupo B (tiamina, niacina) e vitamina C. Estas substancias son beneficiosas para o organismo, xa que melloran as doenzas relacionadas cos riles ou cistite. É aconsellable o seu consumo pola súa acción diurética e depuradora.

Inconvenientes:
A pesar do seu contido en vitamina C, pérdese a maior parte desta vitamina co pelado, e o resto durante o proceso de cocción.

Braseado de verduras con pataca e aliño de módena

Braseado de verduras con pataca e aliño de módena

Braseado de verduras con pataca e aliño de módena

Información nutricional:

Kcal: 205,6
Proteínas: 10,0%
Hidratos de carbono: 66,8%
Lípidos: 23,2%

Ingredientes

  • 120 g pataca
  • 100 g cebola
  • 70 g tomate
  • 60 g pemento verde
  • 60 g pemento vermello
  • vinagre módena
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementa
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Fornear todas as verduras enteiras, previamente lavadas, a 170 ºC. Retirar cando estean asadas (aproximadamente 1 hora). Seguidamente, quitar as sementes dos pementos e cortar en tiras, cortar en cuartos a cebola e o tomate e colocar nunha fonte fonda para que se mesturen todos os mollos. Engadir sal, aceite de oliva e vinagre de módena. Deixar a mestura en maceración polo menos durante unha hora. Acompañar de pataca cocida. Servir quente ou frío.

Vantaxes:
A combinación de pementos verde e vermello, cebola e tomate aporta ao organismo importantes cantidades de vitaminas do grupo B, A e C, e minerales tales como potasio, magnesio, ferro ou calcio, entre outros. Ademais presentan substancias cun elevado poder antioxidante, propiedade que favorece a loita fronte aos radicais libres que provocan o envellecemento celular.

Pavo á pepitoria

Pavo á pepitoria

Pavo á pepitoria

Información nutricional:

Kcal: 458,7
Proteínas: 41,7%
Hidratos de carbono: 26,1%
Lípidos: 32,2%

Ingredientes

  • 150 g peituga pavo
  • 1 (100g) pataca
  • 60 mL caldo carne
  • 30 g pemento verde
  • 30 g tomate
  • 30 g cebola
  • 10 g fariña
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementa
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Picar a cebola, o pemento verde, o tomate e o allo en brounoisse (picado en cuadradiño fino). Nunha cazola pochar a verdura cun pouco de aceite e a lume suave, engadir dous culleradas de fariña, refogar e verter o viño branco, o caldo de carne, e deixar que comece a ferver. Trocear a peituga, salar lixeiramente, pasar por fariña e fritir nunha tixola. Unha vez dourados introducímolos na salsa previamente preparada; aos 10 minutos engadir a pataca troceada e deixar que coza dentro da salsa ata que a pataca este cocida.

Vantaxes:
O pavo é fonte de proteínas, vitaminas do grupo do complexo B e ácido fólico e de minerais como o fósforo, o potasio, o magnesio, o ferro e o zinc. A carne de pavo contén maior proporción de graxa insaturada que axuda a previr os problemas do corazón. E ademais presenta menor contido en graxas saturadas e menor valor calórico.

Xamonciños de polo asados con cebola ao viño branco

Xamonciños de polo asados con cebola ao viño branco

Xamonciños de polo asados con cebola ao viño branco

Información nutricional:

Kcal: 388
Proteínas: 38,7%
Hidratos de carbono: 25,1%
Lípidos: 36,2%

Ingredientes

  • 150 g polo
  • 50 g arroz
  • 50 g cebola
  • 50 mL viño branco
  • 3 g allo
  • 1 cullerada (10mL) aceite oliva
  • pementa
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Salpementar os zancos de polo previamente limpos e untar de aceite de oliva. Colocalos nunha bandexa apta para o forno e asar a 170ºC durante 20 minutos. Colocar a cebola cortada en tiras finas (corte en juliana) nunha cazola co aceite de oliva. Cociñar coa cazola tapada aproximadamente durante 30 minutos a lume suave, xunto co viño branco. Unha vez cociñados os zancos de polo servilos coa gornición da cebola refogada co viño branco e cos mollos do asado. Acompañar de arroz branco.

Vantaxes:
A carne de polo contén aminoácidos esenciais de fácil asimilación, e polo tanto é unha boa fonte de vitaminas. O seu baixo contido en graxas fai que o aporte calórico non sexa elevado. Contén vitaminas do grupo B, como niacina, piridoxina, riboflavina, tiamina e ácido fólico. Ademais é rica en minerais como potasio, ferro e fósforo.