Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Ensalada mariñeira

15 Xullo, 2015

Ensalada mariñeira

Ensalada mariñeira

Información nutricional:

Kcal: 282,3
Proteínas: 28,8%
Hidratos de carbono: 27,8%
Lípidos: 43,5%

Ingredientes

  • 75 g pasta
  • 40 g gambas
  • 35 g atún
  • vinagre
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 10 a 15 minutos

Cocer a pasta o tempo que nos indique o fabricante. refrescar e escorrer. Refogar as gambas. Mesturar todo xunto co atún e aliñar.

Vantaxes:
As principais características da pasta son o seu gran aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. E ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar. A carne do atún posúe un 12% de graxa, rica en ácidos omega-3, que axudan a rebaixar os niveis de colesterol e triglicéridos do sangue, diminuíndo o risco de doenzas como a aterosclerose, trombose, así como a prevención de enfermidades cardíacas. Ademais, destaca pola súa composición en vitaminas e minerais. Entre as primeiras destacan as do grupo B. Outros grupos importantes de vitaminas son as liposolubles, como a A e D. Os minerais que destacan na composición do atún son o fósforo e o magnesio, dando, ademais, altos niveis de ferro e iodo.

Tenreira en salsa de cenoria e tomate

Tenreira en salsa de cenoria e tomate

Tenreira en salsa de cenoria e tomate

Información nutricional:

Kcal: 478
Proteínas: 34,3%
Hidratos de carbono: 18,2%
Lípidos: 47,6%

Ingredientes

  • 150 g tenreira guisar
  • 80 g pataca
  • 50 g tomate
  • 50 mL caldo carne
  • 30 g cenoira
  • 40 g cebola
  • 1 cullerada (10mL) aceite oliva
  • pementa
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cortar a tenreira en anacos e refogala. Cortar a cebola, a cenoria, e o tomate pelado. Agregar á tenreira, engadir o caldo de carne e deixar cocinar. Cando todo estea cocido, rectificar de sal e engadir pementa. Deixar ata que se converta nunha salsa. Acompañar de patacas fritas cortadas en dados.

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía. A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.

Caldo vexetal

Caldo vexetal

Caldo vexetal

Información nutricional:

Kcal: 182,4
Proteínas: 10,7%
Hidratos de carbono: 62,1%
Lípidos: 27,3%

Ingredientes

  • 70 g feixóns verdes
  • 70 g cabaciño
  • 75 g pataca
  • 60 g cenoira
  • 50 g porro
  • 1 dente (5g) allo
  • pementa
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 40 a 50 minutos

Cortar en anacos pequenos, porro, cenoria, feixóns verdes, cabaciño pelado e patacas, estas últimas deben de ir "rotas" non cortadas para que solten o amidón. Nunha cazola con aceite de oliva, fritir os allos, a continuación agregar os vexetais e refogar ben. Cubrir con auga e deixar a lume lento uns 40 minutos. Unha vez terminada a cocción, poñer a punto de sal e pementa. Despois, triturar cunha batidora e pasar por un coador.

Vantaxes:
A combinación de porro, allo, feixóns verdes, cenoria e pataca aporta ó organismo importantes cantidades de vitaminas do grupo B, A e C, e minerais tales como potasio, magnesio, ferro ou calcio, entre outros. Ademais presentan substancias cun elevado poder antioxidante, propiedade que favorece a loita fronte ós radicais libres que provocan o envellecemento celular.

Coello ao forno con uvas

Coello ao forno con uvas

Coello ao forno con uvas

Información nutricional:

Kcal: 490,6
Proteínas: 24,6%
Hidratos de carbono: 18,9%
Lípidos: 56,6%

Ingredientes

  • 150 g coello
  • 50 g arroz
  • 20 g uvas
  • 50 mL caldo carne
  • 30 g cebola
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 40 a 50 minutos

Colocar o coello despezado nunha bandexa de forno cunha base de aceite de oliva. Engadir un pouco de caldo de carne por enriba e fornear durante 10 minutos a 200ºC. Poñer unha cazola a lume suave coa cebola bastante picada. Cando a cebola comece a dourarse, engadir o caldo de carne. Remover a mestura suavemente. Manter esta salsa durante tres minutos a lume forte e deixar que se reduza ata un terzo do seu volume. Coar a salsa para retirar a cebola. Nesta salsa, confitar as uvas e reservalas para acompañar ao coello cando estea cocinado. Sérvese quente.

Vantaxes:
O coello pola súa composición está recomendado en caso de seguir dietas baixas en graxa e colesterol, en caso de trastornos cardiovasculares. Ó ser unha carne branca, o seu contido en ácido úrico é menor en comparación coas carnes vermellas, o que a converte nunha carne apta para persoas con hiperuricemia ou gota.Contén proteínas de boa calidade en cantidades similares ó resto de carnes. Destaca sobre o resto de carnes polo seu elevado contido en potasio, fósforo e calcio. Ademais, o aporte de sodio é moderado, polo tanto o seu consumo é adecuado en casos de hipertensión.

Inconvenientes:
Debido a abundancia de fibras musculares o coello é unha carne máis difícil de dixerir, e isto pódeno notar as persoas que sofren de estómago delicado.

Froita fresca (clemendilla)

Froita fresca (clemendilla)

Froita fresca (clemendilla)

Información nutricional:

Kcal: 60
Proteínas: 8,0%
Hidratos de carbono: 89,8%
Lípidos: 2,2%

Ingredientes

  • 150 g clemendilla

Instruccións

Pelar e servir.

Vantaxes:
A clemendilla é unha variedade da mandarina e como tal é unha das froitas con mais carotenoides, aporta beta-criptoxantina e beta-caroteno. A actividade antioxidante destes elementos fitoquímicos e da vitamina C, é a de combater a acción nociva dos radicais libres, substancias responsables do desenvolvemento de enfermidades cardiovasculares, dexenerativas e cancro. Debido ó contido en auga, potasio e ácido cítrico, as clemendillas presentan propiedades diuréticas. Pola súa abundancia en ácido fólico, o seu consumo é adecuado para mulleres embarazadas (previndo da espiña bífida).