Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Macarróns con salchichas

15 Xullo, 2015

Macarróns con salchichas

Macarróns con salchichas

Información nutricional:

Kcal: 331,8
Proteínas: 13,6%
Hidratos de carbono: 35,8%
Lípidos: 50,6%

Ingredientes

  • 80 g pasta (macarrón)
  • 80 g salsa tomate
  • 50 g salchichas
  • 30 g cebola
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • pementa
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cocer a pasta en abundante auga con sal o tempo que indique o fabricante. Refrescar e escorrer. Mentres, pochar a cebola nunha tixola con aceite de oliva. Engadir as salchichas cortadas en rebandas. Escorrer o aceite sobrante e agregar a salsa de tomate. Para rematar, mezcar coa pasta e servir.

Vantaxes:
As principais características da pasta son o seu grande aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar.

Chícharos guisados

Chícharos guisados

Chícharos guisados

Información nutricional:

Kcal: 227,6
Proteínas: 17,2%
Hidratos de carbono: 59,4%
Lípidos: 23,4%

Ingredientes

  • 125 g chícharos
  • 100 mL caldo verduras
  • 75 g pataca
  • 40 g cenoria
  • 10 mL viño branco
  • 10 g cebola
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • loureiro
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Pelar e torcear en cadrados as patacas e as cenorias. Separadamente cocer os chícharos. Nunha cazola quentar o aceite, dourar a cebola e engadir os chícharos e a cenoria e refogar. Para rematar engadir o viño, o dente de allo, o loureiro e o caldo de verduras. Cocer a lume lento.

Vantaxes:
Os chícharos compóñense fundamentalmente de auga, pero destacan os hidratos de carbono, vitaminas do grupo B e C, minerais (fósforo e magnesio) e fibra , que aportan numerosos beneficios para o organismo. Estas substancias (en especial a vitamina C, calcio, magnesio, ácidos e fibras solubles) favorecen a circulación do sangue diminuíndo o colesterol. Posúen un efecto regulador do azucre en sangue que intervén no mantemento dos niveis. Aportan proteínas vexetais e minerais construtivos favorecendo o desenvolvemento das células e a súa renovación.

Atún con mexillóns en salsa de tomate

Atún con mexillóns en salsa de tomate

Atún con mexillóns en salsa de tomate

Información nutricional:

Kcal: 516,4
Proteínas: 31,1%
Hidratos de carbono: 18,7%
Lípidos: 50,2%

Ingredientes

  • 150 g atún
  • 100 g salsa tomate
  • 75 g pataca
  • 40 g mexillón sen cuncha
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 40 a 50 minutos

Limpar as rebandas de atún quitándolles a pel, as espiñas e a parte negra central próxima á espiña. Salgar lixeiramente as rebandas. Nunha tixola quente a lume medio, cun pouco de aceite de oliva, cociñar os centros de atún volta e volta 1 minuto por cada lado, de mañeira que estean cociñados na superficie e lixeiramente rosados no centro e reservar. Lavar ben os mexillóns e colocalos nunha pota tapada, sen auga, a lume medio, ata que se abran todos. Retirar as cunchas baleiras e colocar os mexillóns (sen o seu cuncha) nunha cazoa baixa xunto cos centros de atún cociñados, salsear coa salsa de tomate. Dar un fervor de 1 minuto e acompañar de pataca cocida.

Vantaxes:
A carne do atún posúe un 12% de graxa, rica en ácidos omega-3, que axudan a rebaixar os niveis de colesterol e triglicéridos do sangue, diminuíndo o risco de doenzas como a aterosclerose, trombose, así como a prevención de enfermidades cardíacas. Ademais, destaca pola súa composición en vitaminas e minerais. Entre as primeiras destacan as do grupo B. Outros grupos importantes de vitaminas son as liposolubles, como a A e D. Os minerais que destacan na composición do atún son o fósforo e o magnesio, dando, ademais, altos niveis de ferro e iodo.

Leite frito

Leite frito

Leite frito

Información nutricional:

Kcal: 371,3
Proteínas: 12,1%
Hidratos de carbono: 49,2%
Lípidos: 38,7%

Ingredientes

  • 250 mL leite desnatado
  • 20 g maicena
  • 20 g azucre
  • 20 g manteiga
  • 5 g ovo
  • 5 g monda limón
  • canela en rama

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Poñer a ferver o leite, a manteiga a canela e o limón xunto co azucre (deixar un pouco de leite frío para engadirlle a maicena). Cando o leite estea fervendo, botar o leite frío mesturado coa maicena e trabállase durante uns poucos minutos. Posteriormente verter nunha placa e deixar enfriar. Unha vez fría, cortar en porcións, envolver en fariña e ovo, e fritir.

Vantaxes:
O leite é un dos alimentos máis completos. Entre os seus compoñentes atopamos vitaminas A, C, e do grupo B, riboflavina e niacina; ademais de ferro, calcio, e proteínas. O seu consumo habitual diminúe nun 60% o risco de contraer cancro de mama, grazas á lactosa; o seu contido en calcio fai que sexa indispensable para evitar a osteoporose, e o seu contido vitamínico fai que o seu consumo habitual supla un terzo das nosas necesidades diarias.

Refogado de cabazas e champiñóns

Refogado de cabazas e champiñóns

Refogado de cabazas e champiñóns

Información nutricional:

Kcal: 143,2
Proteínas: 8,0%
Hidratos de carbono: 34,4%
Lípidos: 57,6%

Ingredientes

  • 80 g cabaza
  • 80 g cabaciño
  • 80 g champiñóns laminados
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Limpar a cabaza e o cabaciño se se desexa. Trocear o cabaciño en cuartos e a cabaza en dados. Rustrir o allo picado nunha tixola con aceite de oliva. Cando comece a dourar engadir a cabaza. Pasados 10 min aproximadamente engadir o cabaciño e os champiñóns laminados. Deixar cocinar a lume moderado durante 10 minutos máis, removendo. Poñer a punto de sal, cubrir con perexil e servir.

Vantaxes:
Debido a que a auga é o principal compoñente da cabaza e que presenta un baixo contido en hidratos de carbono, este alimento faise indispensable na dieta. A cabaza é un bo regulador de azucres en sangue, contén beta-carotenos, actúa como expectorante e presenta propiedades antioxidantes. O champiñón é un dos fungos máis consumidos debido ás súas propiedades remineralizantes e organolépticas. Non presenta un gran contido en minerais, pero si presenta unha gran variedade dos mesmos. Contén, ademais, pequenas cantidades de vitamina A, C, D e B1. O contido calórico deste alimento é baixo, sendo moi adecuado en dietas depurativas ou para perder peso. O seu aporte de fibra non soluble favorece un efecto saciante. Aporta un contido en graxas moi baixo sendo estas moi saudables (acedo linoleico). E o seu contido en selenio confírelle un efecto antioxidante.