Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Pescada á prancha con pisto

15 Xullo, 2015

Pescada á prancha con pisto

Pescada á prancha con pisto

Información nutricional:

Kcal: 314,0
Proteínas: 37,3%
Hidratos de carbono: 24,6%
Lípidos: 38,1%

Ingredientes

  • 150 g lombo pescada
  • 50 g pataca
  • 25 g cebola
  • 25 g salsa tomate
  • 25 g berenxena
  • 25 g cabaciño
  • 20 g pemento verde
  • 20 g pemento vermello
  • 10 g piñóns
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 40 a 50 minutos

Limpar o peixe e filetealo. Preparar un pisto con todas as verduras cortadas en dados. Refogar por orde de dureza no aceite de oliva, primeiro a cebola e pementos, logo o cabaciño e berenxena, finalmente engadir a salsa de tomate. Poñer a punto de sal e cubrir cos piñóns torrdados. Mentres, facer a pescada á prancha. Decorar con perexil.

Vantaxes:
A pescada é un peixe branco, é dicir, baixo en graxas; é rica en proteínas de alto valor biolóxico e posúe diferentes vitaminas e minerais. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B (B1, B2, B3, B9, B12). Pero, a cantidade destas vitaminas presentes na pescada non é relevante se se compara coa que conteñen alimentos ricos nestes nutrientes (cereais integrais, legumes, verduras de folla verde, fígado e carnes en xeral). En relación ós minerais, a pescada posúe potasio, fósforo e magnesio, aínda que todos eles están presentes en cantidades medias se se comparan coas contidas na maior parte dos peixes.

Froita fresca (paraguaio)

Froita fresca (paraguaio)

Froita fresca (paraguaio)

Información nutricional:

Kcal: 55,5
Proteínas: 6,2%
Hidratos de carbono: 93,8%
Lípidos: 0%

Ingredientes

  • 150 g paraguaio

Instruccións

Lavar e servir.

Vantaxes:
O paraguaio é unha variedade de melocotón cunha forma máis aplastada, e por tanto presenta as mesmas características nutrcionais. Son das froitas que máis hidratos de carbono e enerxía aportan. Destacan polo seu gran porcentaxe de fibra, que mellora o tránsito intestinal. Proporcionan minerais como potasio e magnesio. A cantidade de carotenos é máis alta que a doutras froitas, conferíndolle parte das súas propiedades dietoterapéuticas.

Froita fresca (figos)

Froita fresca (figos)

Froita fresca (figos)

Información nutricional:

Kcal: 61,5
Proteínas: 11,1%
Hidratos de carbono: 81,2%
Lípidos: 7,7%

Ingredientes

Instruccións

Pelar e servir.

Vantaxes:
Os figos presentan unha gran cantidade de auga e son ricos en hidratos de carbono, especialmente sacarosa, glucosa e fructosa; polo tanto o seu valor calórico é elevado. Esta froita é rica en fibra, ácidos orgánicos e minerais, como potasio, magnesio e calcio. Tamén conteñen provitamina A, á que se atribúen propiedades antioxidantes.

Froita fresca (pavía)

Froita fresca (pavía)

Froita fresca (pavía)

Información nutricional:

Kcal: 55,5
Proteínas: 6,2%
Hidratos de carbono: 93,8%
Lípidos: 0%

Ingredientes

  • 150 g pavía

Instruccións

Lavar e servir.

Vantaxes:
A pavía é unha variedade de melocotón cuxo froito ten unha pel máis lisa e carne xugosa e pegada ao óso. E por tanto presenta as mesmas características nutrcionais. Son das froitas que máis hidratos de carbono e enerxía aportan. Destacan polo seu gran porcentaxe de fibra, que mellora o tránsito intestinal. Proporcionan minerais como potasio e magnesio. A cantidade de carotenos é máis alta que a doutras froitas, conferíndolle parte das súas propiedades dietoterapéuticas.

Ensalada de fabas

Ensalada de fabas

Ensalada de fabas

Información nutricional:

Kcal: 217,2
Proteínas: 23,0%
Hidratos de carbono: 46,9%
Lípidos: 30,1%

Ingredientes

  • 50 g fabas
  • 45 g pemento verde
  • 30 g cebola
  • 30 g tomate
  • 30 g ovo cocido
  • 5 mL vinagre
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Remollar as fabas en auga o día anterior. Cocer as fabas nun caldo de verduras. Cocer separadamente o ovo. Mentres, picar en anacos moi pequenos as verduras e o ovo e colocalos nun bol. Engadir as fabas unha vez lavadas e escorridas no grifo con auga fría. Cubrir co vinagre e aceite e salar ao gusto.

Vantaxes:
As fabas son alimentos ricos en fibra, folatos, potasio e ferro, mais os seus componentes principais son os hidratos de carbono. Aportan unha cantidade importante de proteína vexetal, de peor calidade que a de orixen animal, xa que non presentan todos os aminoácidos esenciais. Axudan a previr o estreñemento, disminuir o colesterol en sangue e manter os niveis de glucosa en sangue gracias ó seu elevado contido en fibra soluble.