18 Maio, 2015
Supermercados Aquié convocan o seu tradicional Concurso de Debuxo Infantil que ten como tema: A que sabe o verán?. Poderán participar todos os nenos menores de 12 anos que presenten un debuxo antes do 30 de xuño.
Bases do concurso
4 Maio, 2015
Ignacio Balboa entrevista a Artur Yuste, director xeneral de Grupo Cuevas, sobre pasado, presente e futuro deste grupo empresarial.
Minuto 21:45
"Din os que saben de economía en Galicia que os de Ourense son catedráticos nisto da economía e que non se ofenda ningún empresario de ningunha das outras catro provincias galegas pero é certo. Hai unha tradición de emprendemento, de traballo, de tradición, de empresas familiares… ben, que lles vou contar a vostedes que non saiban. Hai unha empresa que xa leva uns aniños que empezou sendo unha pequena cousa e hoxe converteuse nun grupo empresarial cun montón de diferentes áreas de negocio e que a min me gustaría que vostedes coñecesen un pouquiño mais a fondo. Estoume a referir a Grupo Cuevas e para preguntarlle a alguén de Grupo Cuevas chamamos a Artur Yuste"
Escoitar programa
3 Maio, 2015
Moitas veces tomamos como referencia exemplos de fóra da nosa provincia para poder mellorar a nosa situación económica. Por desgracia, en Ourense aínda subsiste o estigma de que o que vén de lonxe é o mellor e o que temos preto ou o que facemos aquí vale moito menos.
Nestes momentos existe un claro interese por fomentar todo aquilo que rodea o emprendemento e as novas iniciativas empresariais. É a provincia de Ourense terra de emprendedores? Podería pensarse que non, e que o que se estila é que emprendan outros. Non obstante, a pouco que analicemos esta realidade, podemos encontrar exemplos de grandes emprendedores.
Este sería o caso de Grupo Cuevas, que iniciou a súa actividade empresarial en 1867, sendo a primeira empresa española que creou unha fábrica de marrón glacé. A diversificación deste grupo empresarial foi unha constante nos últimos anos, pero sempre tendo como punto de referencia a explotación dun produto tan noso como a castaña. Este grupo empresarial exporta marrón glacé a 26 países nos 5 continentes e contribuíu a crear a "marca Ourense" en todo o mundo.
Alberto Vaquero García. Profesor de economía aplicada.
A Región, suplemento Euro, 3 de maio de 2015, páxina 11.