Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

GRUPO CUEVAS PREMIADO EN XANTAR

9 Febreiro, 2014

A cuarta e penúltima xornada do salón internacional de gastronomía e turismo Xantar, que alberga o recinto feiral de Expourense dende o pasado mércores, viviu como acto central a entrega dos "Premios especiais Xantar" con motivo da internacionalidade", que recoñecen aos mellores postos da feira.
Os catro galardoados nesta cerimonia foron as casetas do Barco de Valdeorras (vencedora na categoría de "Mellor posto restaurante"), Cafés Lisboa ("Mellor posto de alimentación"), Entidade Turismo Porto e Norte de Portugal ("Mellor acción promocional en materia de turismo") e Grupo Cuevas e Aquié ("Mellor actividade relacionada coa saúde e a nutrición")
Ampliar noticia

ESTUDANTES DE CARMELITAS OURENSE VISITAN AQUIÉ

6 Febreiro, 2014

Os alumnos de 2º de Bacharelato do Colexio Plurilingüe Santa Teresa de Jesús realizaron unha visita guiada ao supermercado Aquié do grupo ourensano Cuevas, na que puideron coñecer polo miúdo e de primeira man, as interioridades dos modernos sistemas de almacenaxe, distribución e comercialización desta empresa.
Ver fotografías

Ver reportaxe

SUPERMERCADOS AQUIE PRESENTES EN XANTAR

5 Febreiro, 2014

Do 5 ao 9 de febreiro ten lugar en Ourense, Xantar, Salón Galego de Gastronomía e Turismo, unha feira que alcanza o seu décimoquinta edición e que consagra miles de persoas transformando o recinto de Expourense nun gran centro de restauración.
Un ano máis Grupo Cuevas estará presente coa súa marca de supermercados Aquié. O posto reproduce a sección QFH (Que Facemos Hoxe) presente nos supermercados desta cadea onde os clientes teñen un menú diferente cada día do ano.
No posto, os visitantes participarán nun estudo de mercado votando polo sándwich que mais lles guste entre 3 novas variedades. O máis votado porase á venda:
Suprema de touciño entrefebrado e berenxena
Mouse de cogomelos con polo
Imperial de marisco
Ademais, o posto contará cun show cooking en directo (de 12:30 a 16:30) onde os asistentes, ademais de ver como se preparan os pratos do QFH, poderán participar nun curioso xogo tratando de acertar cal é o prato preparado no momento e o prato rexenerado no microondas, deixando en evidencia que os pratos do QFH son totalmente naturais, sen conservantes nin colorantes.
Saber máis sobre a feira

Ver reportaxe TVG (minuto 33:00)

Oir entrevista Onda Cero

CUEVAS MARRON GLACÉ EN LARPEIROS TVG

27 Xaneiro, 2014

Larpeiros da TVG é un programa sobre xente que cociña e divírtese facéndoo. O episodio de hoxe ten como protagonista á castaña. Ensinarannos a cociñar petisús con crema de castañas e coello con castañas. Ademais, Adrián visita a fábrica de Cuevas Marron Glacé e aprende como se elabora o marron en almíbar. Desde o minuto 9:07.
Ver reportaxe

CUEVAS E CÍA MARRON GLACÉ ESTARÁ PRESENTE NA FEIRA ISM EN COLONIA

26 Xaneiro, 2014

Do 26 ao 29 de xaneiro Cuevas e Cía Marron Glacé participa en ISM en Colonia (Alemaña).
ISM é a feira de doces e pastelería máis grande e importante a nivel mundial, que presenta todas as innovacións e artigos de tempada. ISM cobre toda a gama de confeitería en todos os seus sectores: chocolate, azucre de confeitería, pastelería, lambetadas, xeados e materiais en cru.
A feira está aberta só para especialistas e está dirixida a representantes de empresas almacenista e comerciante polo miúdo dos seguintes sectores: doces, alimentos, produtos biolóxicos, droguería, cafetería, pastelería e panadería, entre outros.
Ven a visitarnos, estamos no Hall 11.1 – Stand G016
Saber máis sobre a feira

Ver imaxe