4 Abril, 2014
Onte celebrouse na Confederación de Empresarios de Ourense unha iniciativa adicada á innovación que estivo dirixida ás firmas locais e tamén aos estudantes do máster de creación, dirección e innovación na empresa que imparte a facultade de Empresariais, centro que tamén organizou o evento.
Para coñecer algunhas claves sobre como innovar e saber que camiño seguiron algunhas empresas, a xornada contou coa participación de catro directivos, dous de Ourense e outros dous de Alicante. Pola parte local Artur Yuste, director xeral de Grupo Cuevas e Argimiro Levoso, xerente de Cooperativa do Ribeiro, foron os encargados de dar exemplo.
Ver noticia
28 Marzo, 2014
Jose Antonio Quintana traballa no departamento administrativo de Grupo Cuevas. Ten 33 anos, está casado e é pai dunha nena. Tamén ten a súa perna e o seu brazo dereitos paralizado por hemiplexía. Naceu con iso e quizais por iso está afeito a que calquera faceta da vida, tamén a laboral, requira moito esforzo. Afronta esa realidade con naturalidade pero con decisión.
Ver reportaxe
21 Marzo, 2014
No programa de hoxe de TVE1 Xoán fai a compra para 2 persoas, para una semana, por 20 € en Aquié.
Non ir con fame, levar unha lista da compra e comprar produtos frescos de tempada son algúns dos consellos.
Presentación en minuto 038 e reportaxe en minuto 30’10
5 Marzo, 2014
O espazo Boca a Boca, presentado por Fátima Rodríguez, é o programa dos cidadáns de Santiago de Compostela. Actualidade, sociedade, tendencias, negocios emerxentes, os problemas dos compostelanos…Un escaparate de toda a actualidade social realizado dende a rúa.
Nesta ocasión Fátima visita o supermercado Aquié para facer unha peculiar homenaxe ao entroido a través dos traxes expostos no supermercado Aquié. "Saberías identificar ti a un Peliqueiro?"
Pica no enlace de abaixo, diríxete a TV á carta, programa Boca a Boca, programa do 05/03/14
www.santiagotv.es
21 Febreiro, 2014
Os supermercados Aquié chegaron á capital de Galicia. O grupo ourensán Cuevas abriu recentemente un novo centro na esquina de República Arxentina e Hórreo, ocupando unha superficie duns mil metros cadrados. O supermercado Aquié ofrece unha serie de "acenos" aos seus clientes a través de exposicións temáticas que loitan contra o tedio de facer a compra. Para abrir refacho en Santiago, dende hoxe e ata o 14 de marzo, Aquié móstranos algúns dos traxes tradicionais galegos de entroido. Desta forma, nos corredores do súper os clientes poderán atopar, entre outros, traxes de Peliqueiros de Laza, Troteiros de Bande, Pantallas de Xinzo, Felos de Maceda etc.
Ver imaxe