Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

MARRON GLACÉ CUEVAS NO PROGRAMA SOPA DE FESTA (TVG)

10 Novembro, 2014

A castaña, outro dos productos estrela do outono, será esta noite a protagonista dunha nova edición do programa da Televisión de Galicia "Sopa de Festa".
Desde o campo á mesa será a temática das reportaxes que poderán ver hoxe os espectadores galegos. Deste xeito, o equipo de reporteiros de “Sopa de Festa” visitou a vila de Riós, en Ourense, unha das zonas con máis produción de castañas, para percorrer os fermosos soutos onde se cultivan e tamén falar cun produtor da zona sobre a campaña deste ano.
Alí mesmo, en Riós, a audiencia tamén descubrirá que algunhas carnes exóticas á grella, como serpe, cocodrilo ou búfalo, poden ter como acompañamento perfecto no prato unhas boas castañas.
Por outro lado, o equipo tamén visitou a fábrica de marron glacé, un produto diferente e exclusivo que se leva elaborando en Ourense desde hai máis de tres décadas.
Ver programa completo

ARTUR YUSTE FALA PARA O SUPLEMENTO EURO

9 Novembro, 2014

O suplemento Euro do xornal La Región recolle neste número unha ampla entrevista con Artur Yuste, director xeral de Grupo Cuevas:
"Lonxe de saír da crise vivimos adaptados a unha forma de vida diferente"
"En distribución vender o mesmo cada ano significa perder"
"Debemos potenciar unha Universidade que está a sacar bos profesionais e buscar talento para a empresa"
"Cada vez temos máis ollos cara a Castela e León para crecer a través de alianzas ou outras posibilidades"
Ver entrevista completa

MAITE GONZÁLEZ, XERENTE DE MARRON GLACÉ CUEVAS, EN LAS CUENTAS CLARAS (TELEMIÑO)

7 Novembro, 2014

Estamos en plena época de venda e consumo de castañas. Ourense é a única provincia galega que ten todos os seus municipios incluídos na Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia. Aínda que os presaxios da campaña eran bos, as chuvias caídas a destempo produciron unha mingua na calidade. Marrón Glacé do Grupo Cuevas está en pleno proceso de produción para poñer no mercado un produto que xa permite facturar mais de dous millóns de euros ao ano á compañía. Maite González, xerente de Cuevas y Cía, empeza recoñecendo que a campaña está a ter moita mingua de produción.
"El principal problema al que se está enfrentando Europa en este momento es la gran crisis productiva que tiene Italia con el problema de la avispa del castaño. Este parásito a diezmado la producción en Italia casi un 60%. Italia, principal productor de castañas de Europa. Toda esa falta de producto tiene que suplirla comprando en países vecinos como es Portugal y España. Hay una escasez enorme de castaña en el mercado"
Ver entrevista completa

MAITE GONZÁLEZ, XERENTE DE MARRON GLACÉ CUEVAS, NAS MAÑÁS DA COPE

6 Novembro, 2014

Maite González, xerente de Marron Glacé fala con Juan Maceiras nas Mañás da Cope sobre a campaña da castaña deste ano.
"Somos unha das poucas empresas que posúe dúas tecnoloxías de pelado: pelado a lume para o produto destinado a conservas de castañas (gornicións, purés e cremas) e un pelado máis suave, a vapor, para a elaboración de marron glacé".
"Nos dous últimos anos acometemos unha renovación case integral da tecnoloxía do pelado porque é onde realmente se vai parte da marxe industrial do produto e tamén lle prestamos especial atención á tecnoloxía do envasado para que o produto sexa doadamente exportable e teña unha vida útil o máis longa posible, sen renunciar ao perfil organoléptico do produto".
"Temos que loitar para que o sector se organice, haxa plantacións regulares con variedades identificadas con alto valor dependendo do tipo de industria".
Minuto 2:05
Escoitar programa completo

GAÑADORES DO CONCURSO DE DEBUXOS AQUIÉ

20 Outubro, 2014

Os supermercados Aquié celebraron o seu VI Concurso de debuxos A que sabe ou verán?. Estes foron os gañadores que lograron conquistar o xurado coa súa imaxinación:
Centro de Santiago de Compostela
Xurado formado por:
Palmira Roo Creo, Subdirectora Comercial Del correo Gallego
Carmen Laje Veloso, profesora de debuxo Artístico na EASD Mestre Mateo
Mari González Lamelas, Director Supermercados Aquié
Premiados:
Carlota Amor Martínez Risco, primeiro premio
Cristina Pérez Filgueira, segundo premio
Zaira Varela Lorenzo, terceiro premio
Centro do Porriño
Xurado formado por:
Nelson Santos, Alcalde do Porriño
Gino Roncal, Xefe de publicidade de Atlantico Diario
Mari González Lamelas, Director Supermercados Aquié
Premiados:
Yael Sebastián Briceño Feijoó, primeiro premio
Lucas Bacelo Ribeiro, segundo premio
Nacho Rodríguez, terceiro premio
Centro de Ourense
Xurado formado por:
Ana Garrido, Concelleira de educación
Mari Sol Rojo Vázquez, profesora en Escola de Arte de Ourense
Artur Yuste, Director Grupo Covas
Premiados:
Xacobe González González, primeiro premio
Mateo Salgado Díaz, segundo premio
Andrea Rodríguez Fernández, terceiro premio
Ver reportaxe Santiago

Ver reportaxe O Porriño

Ver reportaxe Ourense