25 Novembro, 2014
Lentamente, como unha vella locomotora, a máquina do Nadal ponse en marcha. As rodas móvense devagar, ata coller o ritmo. Pouco a pouco o seu espírito conéctanos como pezas dunha engrenaxe, como a maquinaria dun vello reloxo.
Algo pasa en Nadal, que todo encaixa, os amigos, a familia, os recordos, a alegría. Algo máxico nos move ao mesmo compás, e sen decatarnos formamos parte dunha mesma ilusión, dun mesmo sentimento.
En Grupo Cuevas alégranos formar parte deste gran mecano, gústanos pensar que achegamos o noso granito de area para crear ese sentimento común, que tamén somos parte do Nadal.
Descargar catálogo
17 Novembro, 2014
Alumnos da Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo visitan hoxe o noso supermercado Aquié en Santiago de Compostela. O grupo pretende coñecer de primeira man como unha empresa puxo en práctica o que estudan na teoría nas materias de Envases e Embalajes e Marketing no Grado de Deseño de Produto.
Ver imaxes
16 Novembro, 2014
Pasou de ser un produto case deostado a ser considerado unha delicadeza para o padal. De ser alimento para o gando a venderse nas tendas selectas. A empresa Cuevas tívoo claro hai décadas. O seu produto Marrón Glacé conquistou padais de 25 países, pero ata chegar aquí, o percorrido tivo varias etapas de maceración. "Cuevas comezou con espírito exportador para vender fóra todo tipo de produtos agrosilvestres e despois especializouse coa castaña". Así o resume Maite González, xerente de Marrón Glacé Cuevas, para recordar que, efectivamente, a empresa xa ten nos seus xenes a venda no exterior.
Marrón Glacé Cuevas transforma ao ano 800.000 castañas, das que un 25% se dedica á exportación. Un total de 25 países dos cinco continentes aprecian o seu sabor.
Ver entrevista completa
10 Novembro, 2014
A castaña, outro dos productos estrela do outono, será esta noite a protagonista dunha nova edición do programa da Televisión de Galicia "Sopa de Festa".
Desde o campo á mesa será a temática das reportaxes que poderán ver hoxe os espectadores galegos. Deste xeito, o equipo de reporteiros de “Sopa de Festa” visitou a vila de Riós, en Ourense, unha das zonas con máis produción de castañas, para percorrer os fermosos soutos onde se cultivan e tamén falar cun produtor da zona sobre a campaña deste ano.
Alí mesmo, en Riós, a audiencia tamén descubrirá que algunhas carnes exóticas á grella, como serpe, cocodrilo ou búfalo, poden ter como acompañamento perfecto no prato unhas boas castañas.
Por outro lado, o equipo tamén visitou a fábrica de marron glacé, un produto diferente e exclusivo que se leva elaborando en Ourense desde hai máis de tres décadas.
Ver programa completo
9 Novembro, 2014
O suplemento Euro do xornal La Región recolle neste número unha ampla entrevista con Artur Yuste, director xeral de Grupo Cuevas:
"Lonxe de saír da crise vivimos adaptados a unha forma de vida diferente"
"En distribución vender o mesmo cada ano significa perder"
"Debemos potenciar unha Universidade que está a sacar bos profesionais e buscar talento para a empresa"
"Cada vez temos máis ollos cara a Castela e León para crecer a través de alianzas ou outras posibilidades"
Ver entrevista completa