Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Mª JOSÉ FERNÁNDEZ FALA SOBRE AS 8 CLAVES PARA ENCONTRAR TRABALLO

30 Abril, 2014

O público asistente á xornada de onte do Triángulo de emprego de Porriño, coñeceu as oito claves para conseguir un posto de traballo, a través do relatorio da responsable de Recursos Humanos e desenvolvemento de persoas do Grupo Cuevas, María José Fernández, quen afirma que nas entrevistas se teñen en conta outros factores, máis alá da formación ou a experiencia laboral.
Según Fernández, la pasión, el trabajo, la focalización, el empuje, las ideas, la mejora, el servicio y la perseverancia son los ocho elementos básicos, "ya no solo de cara a afrontar una entrevista de trabajo, sino cualquier otro proyecto en la vida". La responsable de Recursos Humanos, puso de ejemplo a la empresa Ignacio de las Cuevas como firma que lleva a la práctica esta filosofía: "Hacemos entender a nuestro personal que el optimismo y todas estas cualidades antes mencionadas tienen que formar parte de su currículum para poder trabajar con nosotros; y es que, está comprobado, que a mayores niveles de optimismo y felicidad del trabajador mayor tasa de productividad", indicaba.
Ler noticia

GRUPO CUEVAS REÚNE AOS DEPORTISTAS OURENSANOS QUE FIXERON HISTORIA

24 Abril, 2014

Seis dos máis destacados deportistas ourensanos de todos os tempos estarán presentes nunha exposición conxunta promovida polo Grupo Cuevas no seu supermercado Aquié (Cale Doutor Fleming Nº30, Ourense), na que se poderá coñecer o historial, parte do equipamento utilizado e algúns dos galardóns que os distinguiron entre os mellores da súa especialidade.
Nesta exposición, na que colaborou o Consello municipal de Deportes de Ourense, están representados destacados campións do deporte minoritario como Dani Pérez (ximnasia de trampolín), Juan Daniel Feijóo (halterofilia), Ivan Salgado (xadrez), Alejandro Fernández (atletismo), Marta Míguez (lanzamento de xavelina) e o kickboxer con Cipri Gómes.
Con esta iniciativa, aberta a todo o público, o Grupo Cuevas avanza no seu obxectivo de facilitar o coñecemento e o acceso a distintas actividades destacadas dende unha perspectiva diferente e nun lugar tan especial como é un supermercado, polo que tamén propicia os seus clientes unha compra entretida e proveitosa. O desenvolvemento deste concepto é unha das razóns que lle valeu á marca Aquié o recoñecemento en 2009 como unha das seis tendas máis innovadoras do mundo.
Ler noticia

ENTREVISTA DE ARTUR YUSTE PARA A REVISTA INNOVAMÁS

22 Abril, 2014

A revista Innovamás, primeiro medio de comunicación de Galicia especializado no fomento e divulgación de que é a innovación, a través de exemplos e casos de éxito de empresas que innovaron nos seus servizos e produtos, entrevista a Artur Yuste, director xeral de Grupo Cuevas.
"A innovación en Cuevas é unha cultura asentada que nos permite ser útiles aos que confían en nós"
Ler entrevista

GRUPO CUEVAS COLABORA CO BANCO DE ALIMENTOS

O Banco de Alimentos de Ourense pechou as cifras do exercicio 2013, coa constatación de dúas realidades: segue incrementándose a cifra de familias que necesitan desta axuda básica na provincia e tamén sobe de forma importante a de quilos captados directamente entre a poboación ourensana a través de diversas campañas. Un exemplo de campaña foi a levada a cabo polos floristas de Ourense que recadaron 2.320 € coa venda de rosas solidarias no Paseo. Este importe transformarase en alimentos para familias necesitadas que se irá cambiando en Grupo Cuevas. A entrega fíxose efectiva nos almacéns da firma ourensana e nela participaron Fina Campuzano e Jesús de Dios polos floristas, e Cecilio Santalices polo Banco de Alimentos.
Ver noticia

GRUPO CUEVAS EXEMPLO DE INNOVACIÓN NA CEO

4 Abril, 2014

Onte celebrouse na Confederación de Empresarios de Ourense unha iniciativa adicada á innovación que estivo dirixida ás firmas locais e tamén aos estudantes do máster de creación, dirección e innovación na empresa que imparte a facultade de Empresariais, centro que tamén organizou o evento.
Para coñecer algunhas claves sobre como innovar e saber que camiño seguiron algunhas empresas, a xornada contou coa participación de catro directivos, dous de Ourense e outros dous de Alicante. Pola parte local Artur Yuste, director xeral de Grupo Cuevas e Argimiro Levoso, xerente de Cooperativa do Ribeiro, foron os encargados de dar exemplo.
Ver noticia