Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

GRUPO CUEVAS DESÉXALLES FELIZ 2015 COA CAMPAÑA “HALO DE SABER”

31 Decembro, 2014

“Halo de saber” é a campaña escollida por Grupo Cuevas para felicitar as festas. Miguel Cibeira, Gilberto Fernández, Manuel Pombar, María Fernández, Filomena Seguín e José Pérez cóntannos a súa experiencia, sabedoría, paixón, coñecemento, ilusión e historia. Un patrimonio inmaterial de incalculable valor, o legado dos nosos maiores, que transmiten coa mesma naturalidade coa que o recibiron, co respecto ás raíces fortes e profundas como as dos castiñeiros que tanto aman, coa grandeza que nace da humildade e a supervivencia, coa sinxeleza que dá saberse parte da natureza, cos ollos de quen mira de fronte, de quen ten alma de bosque.
Eles naceron, creceron, xogaron, alimentáronse, traballaron, criaron aos seus fillos e saíron adiante. A castaña foi o fío das súas vidas. A mesma castaña que aliviou os seus sufrimentos, alegrou as súas mesas ou confeitou as súas celebracións. E así moitos anos, un detrás doutro. 2015 volverá a ser bo e eles sábeno, porque todos os anos que vemos pasar son bos. Claro que aínda se poden facer mellores, se non se lles pide máis do que poden dar. Habémolo de saber. Feliz 2015.
Ver campaña

PUBLICIDADE CON HISTORIA DE CUEVAS Y CÍA S.L.

27 Decembro, 2014

O xornal La Región entrega unha nova lámina da colección de Publicidade con historia. Nesta ocasión o anuncio elixido foi publicado pola empresa Cuevas y Cía S.L., un eslabón máis do emblemático Grupo Cuevas. A empresa publicitábase a mediados do século pasado no xornal como distribuidor das Pinturas Sherwin-Williams, un dos produtos estrela que comercializaba en exclusiva.
Ver noticia

SELECCIÓN DE LOTES, CESTAS E BAÚIS DE GRUPO CUEVAS

25 Novembro, 2014

Lentamente, como unha vella locomotora, a máquina do Nadal ponse en marcha. As rodas móvense devagar, ata coller o ritmo. Pouco a pouco o seu espírito conéctanos como pezas dunha engrenaxe, como a maquinaria dun vello reloxo.
Algo pasa en Nadal, que todo encaixa, os amigos, a familia, os recordos, a alegría. Algo máxico nos move ao mesmo compás, e sen decatarnos formamos parte dunha mesma ilusión, dun mesmo sentimento.
En Grupo Cuevas alégranos formar parte deste gran mecano, gústanos pensar que achegamos o noso granito de area para crear ese sentimento común, que tamén somos parte do Nadal.
Descargar catálogo

ALUMNOS DE EASD MESTRE MATEO VISITAN AQUIÉ

17 Novembro, 2014

Alumnos da Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo visitan hoxe o noso supermercado Aquié en Santiago de Compostela. O grupo pretende coñecer de primeira man como unha empresa puxo en práctica o que estudan na teoría nas materias de Envases e Embalajes e Marketing no Grado de Deseño de Produto.
Ver imaxes

CUEVAS MARRÓN GLACÉS VENDE A CASTAÑA POLOS CINCO CONTINENTES

16 Novembro, 2014

Pasou de ser un produto case deostado a ser considerado unha delicadeza para o padal. De ser alimento para o gando a venderse nas tendas selectas. A empresa Cuevas tívoo claro hai décadas. O seu produto Marrón Glacé conquistou padais de 25 países, pero ata chegar aquí, o percorrido tivo varias etapas de maceración. "Cuevas comezou con espírito exportador para vender fóra todo tipo de produtos agrosilvestres e despois especializouse coa castaña". Así o resume Maite González, xerente de Marrón Glacé Cuevas, para recordar que, efectivamente, a empresa xa ten nos seus xenes a venda no exterior.
Marrón Glacé Cuevas transforma ao ano 800.000 castañas, das que un 25% se dedica á exportación. Un total de 25 países dos cinco continentes aprecian o seu sabor.
Ver entrevista completa