14 Xaneiro, 2013
Qurius Prodware fai un repaso pola historia de Grupo Cuevas probando que tradición e innovación non teñen que ser conceptos antagónicos.
Nestes momentos, Grupo Cuevas avalía xunto a Prodware a migración do ERP Microsoft Dynamics AX á súa última versión, como elemento para soportar o seu crecemento futuro e implementar áreas funcionais non cubertas, como Recursos Humanos ou e-Commerce, e optimizar ao mesmo tempo a súa plataforma coa tecnoloxía mais innovadora dispoñible no mercado.
Víctor C. Lorenzo (director TIC de Grupo Cuevas): "O futuro é unha mestura de pasado e presente, onde combinamos a continua aposta innovadora, o capital humano e o apoio dos socios tecnolóxicos, obtendo un crecemento continuo,".
En resumo, Grupo Cuevas non é só unha compañía innovadora en conceptos e servizo ao cliente, senón que demostra ás claras o impacto da innovación na conta de resultados. Innovar, sen dúbida, paga a pena.
Artigo 1:
Artigo 2:
11 Xaneiro, 2013
Un estudo da Cámara de Comercio de Ourense sobre as perspectivas empresariais de 2013 reflexa que case dous de cada tres empresas baixou volume de facturación durante o pasado exercicio. O obxectivo para 2013 é chegar á estabilización económica.
Artur Yuste, xerente de Grupo Cuevas, sostén que 2013 "vai ser un ano difícil para as empresas, pero as que aguantaron o tirón agora teñen que pasar esta liña coa vista posta en 2014, que se poderá volver a certo equilibrio e crecemento,". Dende o seu punto de vista, é urxente que se free a destrución de emprego e, aínda que o primeiro semestre será malo, esperamos que de cara á segunda metade do ano empécese a mover a actividade empresarial e a que sexa posible crear emprego, aínda que de forma moi suave".
Ver reportaxe
4 Xaneiro, 2013
A cadea Telemiño emite o programa “Las Cuentas Claras”, un espazo dirixido e presentado por Antonio Nespereira que ten á economía e ás empresas ourensanas como eixe principal. O programa de hoxe terá como invitado a Artur Yuste, director de Grupo Cuevas, que na sección “Os Empresarios” falará sobre as perspectivas de crecemento para 2013.
Apartado Televisión á Carta, As Contas Claras, data emisión 04/01/2013, minuto 15:30
Ver reportaxe: