Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

GRUPO CUEVAS APADRIÑA UN ALUMNO DA UNIVERSIDADE DE VIGO

9 Abril, 2013

O pasado mes de outubro Grupo Cuevas e Caldaria Termal asinaron un convenio de colaboración coa Universidade de Vigo co fin de apadriñar un estudante do último curso da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense. Finalizada a convocatoria e o proceso de selección, o Grupo Cuevas apadriñará a un estudante do grao de Administración e Dirección de Empresas, Fernanda Victoria Martínez.
Grupo Cuevas participa nesta iniciativa como parte da súa aposta pola colaboración entre a Universidade e o sector privado, considerando esta relación como beneficiosa para ambas as dúas partes e para a sociedade en xeral. Esta filosofía empresarial tradúcese na posta en marcha nos últimos anos de diferentes liñas de colaboración no campo académico e investigador co campus de Ourense.
Ampliar noticia

CUEVAS E CÍA MARRON GLACÉ PARTICIPARÁ NO SALÓN DE GOURMETS

8 Abril, 2013

Do 8 ao 11 de abril celébrase en Madrid o Salón de Gourmets, Feira Internacional de Alimentación e Bebidas de Calidade.
Esta feira é o maior evento europeo dedicado aos produtos delicatessen, a maior plataforma das firmas de calidade do sector agroalimentario e dos seus procesos de innovación.
Cuevas e Cía estará presente no pabellón 6, stand 6F10.
Saber máis sobre a feira:

INAUGURACIÓN DA NOVA PLATAFORMA TECNOLÓXICA DE FRÍO DE FRUNATUR

4 Abril, 2013

A entrada en servizo da nova plataforma de tecnoloxía avanzada de frío cuadriplica a capacidade de produción de Frunatur, a empresa do Grupo Cuevas especializada na distribución de froitas e hortalizas con altos estándares de calidade. A visita inaugural da conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, coincidiu onte coas primeiras xornadas de actividade da planta, que necesitou un investimento de 1,3 millóns de euros, coa colaboración da propia Consellería. Con esta nova aposta por Frunatur, e o desenvolvemento a medio prazo do plan estratéxico no que contempla a comercialización de produtos de cuarta e quinta gama, Cuevas amplía a oferta de alimentación saudable xa implantada noutras áreas do Grupo, e consolida a súa vocación innovadora e expansiva, ademais da consolidación e xeración de emprego nun período de forte contracción.
Nota de prensa

Vídeo tvg

Vídeo tve

A CASTAÑA: UN RECURSO AUTÓCTONO XERADOR DE RIQUEZA

O xoves catro de abril no marco do Seminario Promercado "Desenvolvemento e valorización de produtos endóxenos" organizado polo Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadas, Cuevas participou co relatorio "A Castaña, un recurso autóctono xerador de riqueza".
Durante toda a xornada, distintos profesionais explicaron como crear empresas e elaborar plans de negocios, como desenvolver o cooperativismo e as sociedades laborais, o desenvolvemento de produtos endóxenos no ámbito agrícola, a valorización do oliveiral galego e un recurso moi ourensano xerador de riqueza como é a castaña.
Ver programa

Ver fotos

NOVE EMPRESAS OURENSÁS ESTÁN ENTRE AS 100 PRIMEIRAS DE GALICIA

2 Abril, 2013

O Informe Ardan 2013, elaborado polo Consorcio da Zona Franca de Vigo revela que sobran os dedos das mans para contabilizar o número de empresas ourensás que se encontran entre as cen que máis facturan en Galicia. Neste ranking hai pouco espazo para as novas firmas e á fronte da explotación económica encóntranse nomes tan consolidados como Copasa, Textil Lonia ou CIE Galfor. Entre as dez máis potentes suman uns ingresos anuais duns 1.800 millóns de euros. O informe tamén deixa en evidencia que as principais firmas manteñen as súas cifras de ingresos ou mesmo as aumentaron no 2011 malia a crise.
Ignacio de las Cuevas ocupa o posto duodécimo no ranking das que máis ingresan e o décimo nas que máis empregan.
Ver reportaxe