2 Xuño, 2013
Frunatur deu un importante salto cualitativo coa posta en marcha dunha nova plataforma de almacenamento e distribución de froitas e verduras nas súas instalacións do polígono de San Cibrao. "Nós valoramos o cambio, pero tamén os nosos clientes o aprecian", destaca a responsable da empresa, Sonsoles Bermejo. O Grupo Cuevas, matriz desta compañía, investiu 1,3 millóns de euros nunha terminal que funciona xa a pleno rendemento dende o mes de marzo. É ademais, unha especie de cabeza de ponte para modernizar unha das áreas de negocio de Cuevas para incrementar as súas redes de penetración no mercado galego. "O noso proxecto é seguir crecendo, dar ese impulso para a estratexia de crecemento", subliña Sonsoles Bermejo.
Ler reportaxe completa
13 Maio, 2013
O portal Innovaspain.com acaba de editar o primeiro Anuario da Innovación en España 2013, nel recolle unha entrevista con Artur Yuste, director xeral de Grupo Cuevas.
"Estamos obrigados a innovar constantemente porque queremos ser útiles aos que confían en nós"
Ver entrevista
Saber mais sobre Innovaspain.com:
22 Abril, 2013
Dende o día 22 de abril e ata o 10 e maio, catro mozos, alumnos do Curso de Xestión de Stocks, Almacén e Control de Caixa impartido por COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) no se centro de Ourense, dependentes da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, realizan prácticas en Grupo Cuevas. O curso promovido dentro do Convenio Programa de Formación Profesional de Persoas con Discapacidade que residan na Comunidade Autónoma de Galicia, está subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo.
Mediante o convenio asinado entro Grupo Cuevas e COGAMO, o grupo empresarial ourensano acolle a catro mozos que realizarán as súas prácticas repartidos en distintos sectores, un no almacén central de distribución de alimentación do Polígono de “O 21”, outro no Cuevas Cash de Avd. Otero Predrayo o dous no Supermercado Aquié de Dr. Fleming. Estas prácticas supoñen un importante paso na formación destes mozos, xa que entran en contacto co día a día dun ámbito laboral real.
Benvidos a Grupo Cuevas
Dende o pasado venres 19 de abril, o supermercado Aquié da rúa Dr. Fleming de Ourense acolle unha mostra de plantas curiosas. Carnívoras, exóticas, medicinais, aromáticas, as súas características e propiedades. O público, mentres fai a compra, viuse sorprendido cunha colorista exposición, que valorou moi positivamente e pola que mostrou grande interese. Ao mesmo tempo, e co motivo do "Día da maceta", o luns 22 regaláronse sementes dunha das plantas expostas, a Acacia de Constantinopla, para que poidan plantala na súa casa. Unha mostra que sen dúbida converte o momento de facer a compra nunha experiencia un pouco mais agradable.
Ver foto
14 Abril, 2013
Dos montes ourensanos a 26 países como delicatessen. A empresa exporta marron glacé a 5 continentes, con América Latina, Europa e países árabes como principais consumidores. Un de cada dous cociñeiros estrela Michelín usa a castaña nas súas cartas.
Maite González, xerente de Cuevas Marron Glacé, é a embaixadora do produto no exterior. Asegura que nos últimos anos a gastronomía se está a reconciliar coa castaña, que cada vez está máis presente na alta cociña.
Ver reportaxe