9 Agosto, 2013
Supermercados Aquié convoca o seu tradicional Concurso Infantil de Debuxos que nesta edición 2013 ten como tema: A que sabe o verán?.
Poderán participar todos os nenos que non superen os 12 anos de idade e o concurso finaliza o sábado 5 de setembro de 2013. Cada participante poderá escoller a técnica, cores e materiais que desexe para plasmar a súa idea, sempre aplicados á lámina de participación facilitada por Aquié.
Descargar bases
Descargar lámina para debuxar
15 Xullo, 2013
"A principal peza para que un país funcione é o empresario"
"O Grupo Cuevas somos almacenistas de natureza e detallistas de convicción"
"Por que non utilizar o idioma galego se a maioría falamos galego"
Artur Yuste i Tarragó (Lleida, 1979, técnico superior de Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas) é director xeral do Grupo Cuevas dende 2010, hólding de empresas dedicado á distribución alimentaria almacenista e detallistas, radicado en Ourense dende hai 146 anos. As súas insignias Aquí, Aquié, Plenus e Cuevas Cash operan en Galicia en 24 establecementos, cunha superficie conxunta de máis de 16.000 metros cadrados. O Grupo Cuevas factura ao ano máis de 100 millóns de euros. A actividade alimentaria xera 290 postos de traballo directos e en torno a 1.000 indirectos.
Ver entrevista completa
4 Xullo, 2013
A ensina comprometida coa alimentación saudable traslada á capital galega o seu novedoso formato de supermercado sensorial, e a súa sección de dieta equilibrada que personaliza os menús diarios.
Aquié estreouse este xoves 4 de xullo en Santiago de Compostela coa súa orixinal combinación de luz, cor, ambientación diferente, compra saudable, interacción co cliente e tecnoloxía. Para a primeira apertura no norte de Galicia, a marca que foi designada como unha das seis tendas máis innovadoras do mundo en 2009, elixiu un local de mil metros cadrados situado na intersección entre a Rúa República Arxentina e Rúa Hórreo, nun céntrico contorno comercial e hotelero.
O investimento ascende a 1,1 millóns de euros (excluídos os gastos inmobiliarios). A contribución deste proxecto á melloría do mercado de traballo local consiste na creación de 22 empregos directos e inmediatos, establecendo a medio ou longo prazo o obxectivo de ampliar a 40. Do mesmo xeito que nos demais centros da ensina máis comprometida coa vida sa, o investimento do tempo e coa responsabilidade social, a totalidade do persoal terá contrato indefinido desde o primeiro día.
A novedosa proposta do novo establecemento, que se aproxima aos mil metros cadrados de superficie total, concede especial relevancia ás seccións de fresco (froitería, carnicería, chacinería, panadería e peixería), que presentan un formato moi diferenciado respecto de outras superficies comerciais, e aportan un valor engadido moi destacado na oferta global e na imaxe da marca. E en lugar especial, a sección Que Facemos Hoxe, a exitosa proposta de menús diarios e personalizados, con dobre garantía por estar baseados na cociña galega de autor e por incluír a supervisión de expertos nutricionistas vinculados á Cátedra Cuevas.
Ampliar información
Silvana Amorín, no magazine local "Santiago Te Ve", fala do novo Aquié en Santiago de Compostela con Artur Yuste, director xeral de Grupo Cuevas.
Para ver a entrevista ir a TV á carta, sección Santiago Te Ve, data 04/07/13,a partir do minuto 02:25.
www.santiagotv.es
O programa de TVE, “Un país para comérselo”, presentado por Imanol Arias e Juan Echanove, recolle neste capítulo a aventura dos protagonistas en terras de Ourense. Comezan a súa andaina nun bosque no que están felizmente perdidos. Nel encontran a José Luis Cuerda, con quen compartirán a viaxe.
Ourense é un inmenso bosque, un anaco de terra verde con miles de cousas por descubrir. Imanol e Juan coñecerán de primeira man a metamorfose da castaña para elevala ao seu máximo esplendor: o marron glacé. Dende o minuto 34 ´ 30
Ver programa