7 Outubro, 2013
Durante os meses de outubro, novembro e decembro supermercados Aquié e Aquí regalarán a todos os clientes que estean interesadas clases de cociña para aprender a elaborar un menú sorprendente para catro persoas por menos de 15 €.
As clases son os martes, mércores e xoves de cada semana de 19:00 a 21:00 e serán impartidas polos xefes de cociña Iván Chaves e Tino Igrexas. En cada clase aprenderase a elaborar un primeiro, un segundo e unha sobremesa.
Achégate a calquera dos nosos establecementos e recolle o teu convite.
Ver bases
1 Outubro, 2013
A revista da Escola de Negocios de Novacaixagalicia recolle no seu número 16 unha ampla entrevista co director xeral de Grupo Cuevas, Artur Yuste.
A evolución da empresa, a estratexia de marron glacé, os cambios no sector da distribución, a nova plataforma de froita, a reacción dos consumidores antes as novidades e os novos retos son algúns dos temas que se abordan.
Ver entrevista completa
16 Setembro, 2013
O Foro da castaña abre a súa terceira edición co mellor cortador de xamón do mundo: Florencio Sanchidrián.
Este luns 16 estará en Ourense cos seus coitelos que leva por todo o mundo para mostrarnos a arte de cortar un xamón, pero non un xamón calquera: o xamón de porco celta alimentado con castaña.
Ver imaxe
9 Setembro, 2013
Galicia viu caer en miles o emprego na industria e a construción, hai axustes no campo e no mar e, se non fose pola campaña de verán, o recorte sería duro tamén nos servizos. Non obstante, unha área non só resiste, senón que xera traballo: o da distribución.
O Correo Galego de hoxe recolle unha ampla reportaxe sobre este nicho no mercado laboral actual.
Grupo Cuevas conta coas marcas Aquí, Aquié e Plenus.
Ver reportaxe
19 Agosto, 2013
Grupo Cuevas foi galardoada nos International Business Stevie Awards 2013 con 6 premios por dúas das súas webs.
Os international Business Awards foron creados en 2002 e son os únicos premios a escala mundial que recoñecen os logros empresariais. Entréganse para diversas categorías, entre as que se inclúen as de Xestión, Empresa do Ano, Servizo ao Cliente, Recursos Humanos, Tecnoloxía da información, Mercadotecnia, Novos Produtos, Relacións Públicas, Online e Novas Tecnoloxías. En cada categoría prémianse aos tres mellores proxectos co Ouro, Prata e Bronce. Este ano participaron 40 países cun total de 3.300 candidaturas.
Grupo Cuevas fíxose co seguinte palmarés con dúas das súas webs:
www.grupocuevas.com
Ouro en Best Overall Web Desing
Ouro en Food@Beverage
Prata en Best Home Page
www.marronglace.com
Ouro en Best E-Commerce Site
Prata en Best Interface Design
Bronce en Best Software Programming/Design
A lista completa de todos os gañadores por categorías encóntrase dispoñible en http://www.stevieawards.com/IBA/
Alcumados os "Stevies", da palabra grega "coroado", os premios entregaranse durante un evento de gala que terá lugar o luns 14 de outubro no Hotel W en Barcelona.
www.grupocuevas.com
www.marronglace.com
http://www.stevieawards.com/IBA/