30 Outubro, 2013
O 30 de outubro o alumnado da materia de Envases e Embalaxes (3ª Deseño de Produtos de la EASD) visitou o supermercado Aquié, na rúa do Hórreo.
Ademais de recoller información para a investigación básica do proxecto de envase que están a realizar, o alumnado de Produtos foi recibido por Mari González Lamelas (Directora de Supermercados) para realizar un percorrido guiado por toda a tenda e coñecer un novo concepto de supermercado onde todo, ata o máis mínimo detalle, está deseñado para ter un sentido.
Ampliar noticia:
Web de la escuela:
24 Outubro, 2013
Empeza a tempada da castaña e aínda que este ano vén con atraso, espérase unha produción superior á do ano pasado. Maite González, xerente de Cuevas e Cía, fai un repaso polo ciclo de transformación da castaña para os informativos de Radio Galega. Dende o minuto 45.
Escoitar programa
13 Outubro, 2013
Por quinto ano consecutivo, Grupo Cuevas convocou o seu tradicional concurso de debuxos nos supermercados Aquié que este ano tiña como eixe principal: A que sabe o verán?
Os debuxos foron avaliados polo xurado que o tivo difícil para escoller entre o amplo abano de obras.
O xurado e os premiados foron os seguintes:
<b>Xurado centro de FLEMING</b>
Ana Garrido, Concelleira de educación
Mari Sol Rojo Vázquez, profesora en EASD Antonio Faílde
Artur Yuste, Director Grupo Cuevas
<b>Premiados centro de FLEMING</b>
Olga de Martín Cabano, Primer Premio (8 años)
Pablo Sprunken Ramos, Segundo Premio (10 años)
Ángel Prol Sánchez, Tercer Premio (5 años)
<b>Xurado centro de O PORRIÑO:</b>
Nelson Santos, Alcalde de O Porriño
Rita Mª Sío, Directora do Colexio Santo Tomás
Gino Rocal, Xefe de Publicidade de Atlántico Diario
<b>Premiados centro de O PORRIÑO</b>
Lara Bastos Cabaleiro, Primer Premio (8 años)
Clara Lorenzo Martínez, Segundo Premio (10 años)
Breixo Nogueiras Sánchez, Tercer Premio (9 años)
Ver reportaxe Fleming
Ver reportaxe Porriño
7 Outubro, 2013
Durante os meses de outubro, novembro e decembro supermercados Aquié e Aquí regalarán a todos os clientes que estean interesadas clases de cociña para aprender a elaborar un menú sorprendente para catro persoas por menos de 15 €.
As clases son os martes, mércores e xoves de cada semana de 19:00 a 21:00 e serán impartidas polos xefes de cociña Iván Chaves e Tino Igrexas. En cada clase aprenderase a elaborar un primeiro, un segundo e unha sobremesa.
Achégate a calquera dos nosos establecementos e recolle o teu convite.
Ver bases
1 Outubro, 2013
A revista da Escola de Negocios de Novacaixagalicia recolle no seu número 16 unha ampla entrevista co director xeral de Grupo Cuevas, Artur Yuste.
A evolución da empresa, a estratexia de marron glacé, os cambios no sector da distribución, a nova plataforma de froita, a reacción dos consumidores antes as novidades e os novos retos son algúns dos temas que se abordan.
Ver entrevista completa