Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

PLENUS SUPERMERCADOS CHEGA Á WEB

23 Xullo, 2012

Plenus Supermercados é a marca de Grupo Cuevas que recolle toda a experiencia e valor das demais insignias do grupo, para presentala nun modelo de franquía. Dende hoxe esta marca está presente tamén en Internet.
Visitar web

GRUPO CUEVAS PRESENTA OS RESULTADOS DE 2011 E AS PREVISIÓNS DE 2012

4 Xullo, 2012

A cifra de negocio do Grupo Cuevas elevouse en 2011 a 94,11 millóns de euros, un 12,1% máis que ao peche de 2010, nun positivo exercicio no que a solidez da compañía se viu reforzado co auxe das exportacións, coa ampliación da canle de distribución e coa execución e planificación de novos investimentos estratéxicos.
Nos dous últimos anos (entre 2009 e 2011), a facturación creceu un 21,4%, a pesar do escenario de crise, da caída do consumo interno e das restricións financeiras para activar investimentos. Ademais, a liña de crecemento do Grupo Cuevas non se deterá en 2012, xa que o obxectivo pasa por alcanzar este ano a barreira dos 100 millóns de euros en cifra de negocio.
Ao peche de 2011, o cash-flow situábase en 2,16 millóns, un 29,6% máis que un ano antes. A previsión para 2012 ascende a 2,3 millóns. Esta cifra estimada representa un incremento do 62% dende 2009.
Por outra parte, a empresa Frunatur, do Grupo Cuevas, ten en marcha un proxecto tecnolóxico de ampliación e mellora das súas instalacións produtivas situadas na rúa principal do Polígono de San Cibrao dás Viñas. A operación estratéxica baséase na construción dunha plataforma de frío -adxacente á nave actual-, para albergar as últimas tecnoloxías en conservación e en procesado de froitas e hortalizas. O presuposto supera os 1,3 millóns de euros. A nova planta, que entrará en servizo o próximo ano, converterá a Frunatur nunha das selectas empresas do sector dotada de plataforma de frío completa.
Ampliar información

Informe de prensa

GRUPO CUEVAS NO FORO ENRIQUE PEINADOR SOBRE EMPRESAS CON IDENTIDADE GALEGA

25 Xuño, 2012

O luns 25 celebrouse no salón de actos do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense o Foro Enrique Peinador sobre empresas con identidade galega. Grupo Cuevas estivo presente como exemplo de empresa polo uso deste idioma. María Castro e Antonio Suárez explicaron como as vontades e as conviccións marcan de xeito claro os comportamentos colectivos. No Grupo Cuevas non se considerou nunca o uso do galego como unha obrigatoriedade nin unha conveniencia temporal; nin se valorou nunca como un plus de negocio. Protexeuse, iso si, a expresión libre que foi collendo forma constantemente. Así é como o hábito do galego acabou callando como consecuencia do exercicio sistemático dunha conciencia: a de ser galegos.
Ver programa

Prensa

Ver vídeo

AS MAÑÁS DE CATRO FALA DA CASTAÑA NA ALTA COCIÑA

22 Xuño, 2012

O magazine Las Mañanas de Cuatro recolle a conferencia de Pepe Rodríguez Rey dentro do Foro da castaña organizado por Grupo Cuevas. As castañas pasaron de ser produtos humilde a estar na maior parte dos restaurantes que teñen unha estrela Michelín. Un produto cun baixo contido calorífico, rica en fibras e vitaminas. Todo un mundo de posibilidades.

PEPE RODRIGUEZ REI, PREMIO NACIONA DE GASTRONOMÍA, NO FORO DA CASTAÑA

18 Xuño, 2012

O luns 18 de xuño, de 19:00 h a 20:00, no centro cultural da Deputación, Pepe Rodríguez, premio nacional de Gastronomía ao mellor cociñeiro español, falaranos sobre "Por que os produtos humildes conquistan a alta cociña. A cociña pobre é agora gastronomía exquisita".
Pepe Rodríguez Rey é o mellor exemplo de como a cociña con produtos humildes, que en tempos eran o único recurso para saciar a fame, entrou nos pratos dos grandes xefes de cociña. Premio nacional de Gastronomía en 2011, como mellor xefe de cociña español e Premio Xefe de cociña Millesimé. Distínguese por ser un xefe de cociña elegante e harmónico. O seu restaurante El Bohío, en Toledo, captou o interese dos prestixiosos críticos gastronómicos do mundo pola súa fusión entre a cociña creativa e a cociña tradicional. Posúe unha estrela Michelín dende 1999. Curtido cos grandes da cociña como Berasategui, Jean Luc Figueras ou Ferrán Adriá, El Bohío é hoxe un centro de aprendizaxe obrigatoria para as novas xeracións de cociñeiros.
Pepe Rodríguez Rey elaborará en directo os seus pratos con castaña.
Ver imagen

Dossier de prensa