Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

LEVA O XORNAL CADA DÍA DE BALDE

16 Setembro, 2012

Desde hoxe e ata o 13 de outubro se a túa compra supera os 25€, regalámosche o xornal en todos os nosos centros Aquí, Aquié e Plenus.
Promoción limitada a 50 xornais diarios e a clientes con cartón de fidelización.
Diario Atlántico na provincia de Pontevedra e La Región en Ourense.
Ver imaxe da campaña

ARZAK, UN GRANDE DA COCIÑA, NO FORO DA CASTAÑA

10 Setembro, 2012

O próximo luns, día 10 de setembro, Juan Mari Arzak (xullo 1942) chega a Ourense por primeira vez, convidado polo Foro estable creado polo Grupo Cuevas e o INORDE, coa castaña como principal protagonista.
Do apreciado produto dos bosques ourensáns e da súa achega á gastronomía, dos seus gustos, do banco de sabores que posúe no seu restaurante, de como nacen os novos pratos na alta cociña, das súas grandes receitas, da súa traxectoria vital, da súa experiencia nas mesas máis importantes da vida española, do futuro da restauración, da súa paixón polas empanadas, de por que non pode comer pulpo…. ou como situar un restaurante entre os dez mellores do mundo, son algúns dos temas dos que falará en Ourense. A castaña terá un protagonismo especial na súa intervención, por tratarse dun produto que o xefe de cociña vasco foi incorporando constantemente ás súas receitas, con singulares e persoais preparacións.
O acto terá lugar no Centro Cultural Simeón ás 20:30. Entrada gratuíta.
Ver anuncio

AQUIE INVITACHE A MERENDAR

16 Agosto, 2012

A froita é importante na dieta dos mais pequenos, sobre todo no verán. Coa calor e con todo o que xogan, necesitan hidratarse, repor vitaminas e minerais, e a mellor forma é tomando froita.
Cada día ata o 1 de setembro, en Aquié regalamos aos nenos tarrinas de froita para a súa merenda. Cortada en anacos e lista para consumir, porque a froita é a mellor das larpeiradas.
Descargar folleto

IV CONCURSO DE DEBUXOS AQUIE. BUSCAMOS MASCOTA.

31 Xullo, 2012

Supermercados Aquié convoca o seu tradicional Concurso Infantil de Debuxos que nesta edición 2012 ten como obxectivo escoller a mascota Aquié. Poderán participar todos os nenos que non superen os 12 anos de idade e o concurso dá comezo o día 1 de agosto ata o sábado 15 de setembro de 2012. Cada participante poderá escoller a técnica, cores e materiais que desexe para plasmar a súa idea, sempre aplicados á lámina de participación facilitada por Aquié.
Esquece os personaxes coñecidos dos debuxos animados e fai o que se che pase pola cabeza, o que che guste a tu, ao mellor é o que nos gusta tamén a nós. Cando te poñas a debuxar, pensa no ben que o estás a pasar mentres inventas a nosa mascota, verás como che sae mais chulo.
Descargar bases

Descargar lámina para debuxar

PREMIADOS DA CAMPAÑA ‘PREGUNTALLE AO CHEF DE COCIÑA’

30 Xullo, 2012

Os premiados cunha comida para dúas persoas, dentro da iniciativa "Pregúntalle o Xefe de cociña", levada a cabo durante o mes de xuño no noso centro Aquié da rúa Doutor Fleming foron:
Mª Isabel Troitiño
Juana Solis Fernández
Otilia Vilacha Rodríguez
Amelia Alvarez Hortas
Mª de los Dolores Estevez Tieira
Roberto Fernández
O sorteo destes vales realizouse entre todos os clientes que durante este período formularon distintas consultas aos nosos xefes de cociña.
Parabén aos premiados.