Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

A REVISTA INFORETAIL FALA DE GRUPO CUEVAS NO SEU NÚMERO DE SETEMBRO

11 Outubro, 2012

A revista Inforetail (Información de retail & consumo do século XXI) fai un repaso dos horizontes de expansión das principais insignias de distribución en España no seu exemplar número 4.
Grupo Cuevas mantén a súa tendencia crecente dos últimos anos e as súas previsións apuntan a obter unhas vendas de máis de 100 millóns de euros. Ademais, o investimento previsto para o presente exercicio supera os tres millóns de euros, destinados, principalmente á expansión comercial da insignia Aquié e á construción dunha plataforma loxística de frío da súa marca Frunatur.
Ver reportaxe

GRUPO CUEVAS APADRIÑA UN ALUMNO DA UNIVERSIDADE DE VIGO

5 Outubro, 2012

Grupo Cuevas, Caldaria Termal e Modera Media asinan un convenio coa Universidade de Vigo que pretende crear un Campus de Ourense máis vivo e estreitar lazos entre o alumnado e o mundo empresarial.
O programa seleccionará mediante unha convocatoria a tres alumnos de último curso das tres titulacións que se imparten na facultade para realizar prácticas formativas nas empresas colaboradoras. Ao mesmo tempo, os alumnos poderán vincular os seus proxectos de fin de carreira á actividade produtiva en cuestión e recibirán o importe equivalente á matrícula do presente curso académico 2012-2013.
Grupo Cuevas apadriñará un estudante do grao de Administración e Dirección de Empresas. Caldaria Grupo Termal fará o mesmo no grao de Turismo e Modera Media apadriñará a un matriculado no grao de Consultoría e Xestión da Información.
Ver noticia

UNHA PALETA IBÉRICA PUEDE SER TÚA

1 Outubro, 2012

Queremos premiar a túa fidelidade por iso se entre o 1 de outubro e o 15 de decembro acumulas 50 puntos coas túas compras, regalámosche totalmente gratis unha paleta ibérica Guadiala. Todo un luxo gastronómico e un verdadeiro pracer para os sentidos.
Promoción limitada a clientes con cartón de fidelización e válida nos nosos centros Aquí, Aquié e Plenus.
Ver bases

CUEVAS E CÍA S.A. ESTREA TENDA ONLINE

17 Setembro, 2012

Grupo Cuevas prosegue a súa expansión, esta vez a través da venda por Internet da súa liña de Marron Glacé.
Cuevas e Cía iniciou a súa actividade en 1944 e agora reforza con este lanzamento a súa aposta polo mercado dixital. O proceso de compra implantado na tenda é un circuíto sinxelo, que permite ao cliente elixir o produto, compralo e recibilo en case calquera lugar do mundo. Dende hoxe, xa se pode gozar dun anaquiño de alma de bosque en tan só un click.
Ver tenda