Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

UNHA EXPOSICIÓN DO GRUPO CUEVAS ENSINA A CONOCER AS MELLORES CASTAÑAS

20 Novembro, 2012

Dar a coñecer as principais variedades de castañas, as súas características, como identificalas e as súas calidades para os distintos usos culinarios, son algúns dos obxectivos da exposición organizada polo Grupo Cuevas nas súas tendas Aquié.
A mostra complétase con imaxes e lendas sobre as orixes do castiñeiro, receitas para cociñar coas castañas máis adecuadas, e unha sección coas achegas dalgúns dos mellores cociñeiros españois que participaron no Foro Castaña, entre eles Jordi Roca, Andrea Tumbarello, Pepe R. Rei ou Juan Mari Arzak.
A exposición inclúe unha detallada explicación do proceso seguido para a elaboración do mundialmente recoñecido marron glacé, ademais de todas as propostas que ofrece a ampla Liña Chef, desde Castañas en almíbar ata a Guarnición de castañas con ciruelas, piñones e cogomelos, para converter de modo fácil e nun minuto un prato básico noutro moi especial.
A iniciativa enmárcase dentro das iniciativas do Grupo Cuevas para dar a coñecer a castaña ourensá como marca de prestixio, e fomentar a súa presenza e o seu aprecio na gastronomía española. Os resultados deste labor reflíctense xa nas cartas dos restaurantes máis galardoados do país, onde a castaña foise introducindo de forma crecente, recomendándose nalgún caso pratos como Caza dos montes de Toledo con castaña de Ourense ou castaña de Cuevas.
A exposición estará aberta en Aquié Ourense e Aquié Porriño durante o mes de novembro.

EVA DELGADO FALA DE LOTES E CESTAS DE NADAL PARA RADIO GALEGA

12 Novembro, 2012

Cristina García no programa A Tarde de Radio Galega, fala con Eva Delgado, Directora de Liña Distribución en Grupo Cuevas, sobre as cestas de Nadal.
Os lotes e cestas adáptanse ás necesidades dos clientes en función do seu orzamento ou de características concretas como que todos os artigos sexan con denominación de orixe de Galicia.
Minuto 47 a 54.
Escoitar programa en:

MARRON GLACÉ CUEVAS NAS NOTICIAS DE ANTENA 3

10 Novembro, 2012

Maite González, xerente de Cuevas e Cía, explica a delicada preparación do noso marron glacé. O ouro dos montes galegos elabórase durante 240 horas pasando por un proceso de cocción, pelado a man, baño en almíbar, glaseado e embasado.
Parte 3. Minuto 1:34 a 3:12
Ver reportaxe en:

SELECCIÓN LOTES, CESTAS E BAÚIS NADAL 2012

2 Novembro, 2012

En Grupo Cuevas gústanos o Nadal porque saca o mellor de nós mesmos, os nosos mellores desexos, os nosos mellores propósitos. Porque nos volve nenos. Gustaríanos que nestas datas todo o mundo encontre un motivo para ser feliz e que os sorrisos se alonguen.
Descargar catálogo.

PREMIOS IV CONCURSO AQUI PINTAMOS TODOS

29 Outubro, 2012

Por cuarto ano consecutivo, Grupo Cuevas convocou o seu tradicional concurso de debuxos que este ano tiña como finalidade buscar a mascota Aquié entre todos os premiados.
Os debuxos foron identificados e debidamente gardados, para ser avaliados polo xurado que o tivo difícil para escoller entre o amplo abanico de animais que compartían protagonismo con personaxes de debuxos animados tan coñecidos como Mickey Mouse, Bob Esponja ou Son Goku.
O xurado e os premiados foron os seguintes:
<b>Xurado centro de FLEMING</b>
Ana Garrido, Concelleira de educación
Xoán Baltar, Ilustrador
Artur Yuste, Director Grupo Cuevas
<b>Premiados centro de FLEMING</b>
Tegra García, Primer Premio (4 años)
María Borrajo Sanmamed, Segundo Premio (6 años)
Uxía Martínez López, Tercer Premio (5 años)
<b>Xurado centro do Porriño</b>
Nelson Santos, Alcalde do Porriño
Rita Mª Sío, Directora do Colexio Santo Tomás
Gino Rocal, Xefe de Publicidade de Atlántico Diario
<b>Premiados centro de PORRIÑO</b>
Alberto Martínez Cortegoso, Primer Premio (8 años)
Alba González Fernández, Segundo Premio (6 años)
Miriam Ramilo Rodríguez, Tercer Premio (8 años)
Ver reportaxe Fleming

Ver reportaxe Porriño

Ver mascota