Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

GRUPO CUEVAS, UNHA APOSTA POR SORTEAR A CRISE A BASE DE CRECEMENTO

23 Decembro, 2012

En momentos nos que decenas de empresas se entumecen, mesmo se empequenecen polos avatares da crise, algúns grupos xa non só manteñen o tipo senón que fan apostas por crecer e expandirse como unha mancha de aceite.
Grupo Cuevas ten en novos supermercados a clave para a súa expansión en Galicia. Insignias como Aquí, Aquié ou Plenus foron tomando posicións no sector do gran consumo de tal forma que a compañía galega prevé pechar este ano con cen millóns de euros en vendas.
O 2013 ábrese con algúns proxectos que poderían comezar a visualizarse no primeiro trimestre do ano como é por exemplo a nova plataforma para o tratamento e conservación de froitas, verduras e hortalizas.
Descargar noticia completa

GRUPO CUEVAS ESTREA UNHA APLICACIÓN DESEÑADA NO CAMPUS DE OURENSE

30 Novembro, 2012

O sistema loxístico, financiado no marco do Plan Galego de I+D+i Incide, foi presentada este venres na sede de Grupo Cuevas por Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo; Artur Yuste, director xeral de Grupo Cuevas e Víctor Lorenzo, director de Tecnoloxía do Grupo Cuevas.
O novo sistema está deseñado para planificar as rutas loxísticas e para optimizar as vendas. Foi realizado co Grupo de Sistemas Informáticos de Nova Xeración da Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense, con Florentino Fernández e Juan Francisco Gálvez á cabeza, durante os últimos tres anos.
A aplicación permite que os comerciais poidan optimizar o seu tempo e evitar quilómetros inútiles deseñando a mellor ruta dependendo das necesidades de cada cliente e os horarios que mellor lle van para atender ao vendedor, tamén facilita información ao comercial sobre establecementos que poden converterse en clientes potenciais dentro desa ruta. Ademais, tamén axiliza as rutas loxísticas de entrega e as recalcula en tempo real en casos de calquera incidencia, como estradas cortadas.
Con tan só un mes de funcionamento, o sistema xa supón un importante aforro en custos como o do combustible ademais de facer máis cómodo e efectivo o traballo dos comerciais.
Ampliar información

RECOLLIDA DE XOGUETES EN SUPERMERCADOS AQUÍ, AQUIE E PLENUS

23 Novembro, 2012

Baixo o lema “Chega ti a onde non dan chegado os Reis Meigos” Grupo Cuevas propúxose que ningún neno quede sen xoguetes este Nadal. Ata o próximo 7 de xaneiro, aquelas persoas que o desexen poderán entregar todo tipo de xoguetes, sempre que estean en bo estado, en calquera dos nosos establecementos Aquí, Aquié e Plenus. A única condición é que os xoguetes non sexan bélicos nin promovan calquera tipo de actitude violenta. Queremos sensibilizar aos nosos nenos para que comprendan a necesidade de ser solidarios con aquelas persoas que menos teñen, especialmente nestas datas.
Todo o material recollido antes do 6 de xaneiro será entregado a organizacións non lucrativas para a súa repartición no período do Nadal. Os recollidos logo desta data, serán xestionados polas mesmas organizacións que traballan para mellorar a calidade de vida da infancia en dificultade.