Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

A CASTAÑA CHEGA AO MENÚ DE LUXO

16 Marzo, 2012

Segundo un estudo realizado pola empresa ourensá Cuevas, pioneira no tratamento culinario do produto, case dous de cada tres restaurantes españois con estrela Michelín teñen na súa carta algún prato con este produto.
A castaña, con denominación de orixe propia en Galicia, gañouse un oco nos padais máis esixentes. E non só polo popular marron glacé. O Grupo Cuevas acaba de lanzar unha nova liña que ofrece doce xeitos de consumila: confitadas, en puré, en salsas, en recheos, como guarnición ou como cremas doces para sobremesas.
O valor da castaña e os seus beneficios para a saúde son pouco coñecidos. É un froito non alerxénico, tolerado por celíacos e pouco calórico pola súa alta porción de auga. Contén hidratos de carbono, fibras, vitaminas do grupo B e C, selenio e potasio.
Ver reportaxe completo

A XUNTA SELECCIONA A GRUPO CUEVAS PARA O SEU LIBRO I.20

12 Marzo, 2012

“I.20 Innovación empresarial en Galicia. 20 casos de éxito” é o novo libro editado pola Xunta – Ministerio de Ciencia e Innovación co que pretende dar a coñecer a experiencia de empresas galegas para demostrar que a innovación si é posible.
Un libro que recolle 20 casos de éxito construídos en Galicia coa i por diante. I de innovación, de internacionalización e i de imaxinación.
A Xunta seleccionou para este libro aos supermercados Aquié de Grupo Cuevas, galardoados en 2009 nos Word Retail Awards como un dos seis proxectos máis innovadores do mundo.
Versión dixital do libro

Reportaxe Innovamás Nº 25

STAND QFH NA REVISTA VEN AMÉRICA

1 Marzo, 2012

A revista mexicana Ven América recolle no seu número 56 do mes de marzo unha ampla reportaxe sobre Xantar 2012, Salón Galego de Gastronomía e Turismo. Nela podemos ver a caseta QFH como exemplo dunha das 90 degustacións ofrecidas polos diferentes expositores. Os visitantes puideron probar novos sabores e texturas, aprender a preparar distintos pratos ou ata coñecer novas posibilidades culinarias.
Ver reportaxe

Coñecer máis sobre a revista

ESCOLA DE COCIÑA EN AQUIÉ

21 Febreiro, 2012

Aproveitando a man dos nosos cociñeiros Carina Carreira e José Luís Fernández gravamos unhas fáciles e suculentas receitas para a sección “Escola de Cociña” do programa “Cousas para comer” que se emite todosos martes ás 21:50 en Telemiño, R Televisión e Santiago Televisión.
Ver imaxes making off

Ver televisión á carta

CUEVAS E CÍA MARRON GLACÉ ESTARÁ PRESENTE NA FEIRA GULFOOD EN DUBAI

19 Febreiro, 2012

Cuevas e Cía Marron Glacé estará presente en Gulfood 2012, feira que se celebrará do 19 ao 22 de Febreiro en Dubai.
Gulfood é a feira da Alimentación e a Hostalería máis importante de Oriente Medio. Conta con visitantes internacionais de África do Norte e Central, do subcontinente Indio, así como Asia e Rusia. A feira é un escaparate para os fabricantes, distribuidores e provedores de todo o mundo que representan todos os sectores crave dentro da alimentación.
Se desexa concertar unha entrevista connosco ou realizar algunha consulta estaremos encantados de atendelo no Hall Shk Rashid – Caseta R-S8
Saber máis sobre a feira