29 Outubro, 2012
O grupo de bloggers e twitteros gastronómicos Tapas&Blogs reuiniuse este fin de semana na cidade das burgas para coñecer de primeira man a oferta gastronómicas da nosa cidade.
Maite González, Xerente de Cuevas e Cía Marron Glacé, estivo con eles falándolles das amplas posibilidades da castaña e do noso produto estrela, o marron glacé.
Web Tapas&Blogs
Facebook Tapas&Blogs
Lista de blogueiros
Por cuarto ano consecutivo, Grupo Cuevas convocou o seu tradicional concurso de debuxos que este ano tiña como finalidade buscar a mascota Aquié entre todos os premiados.
Os debuxos foron identificados e debidamente gardados, para ser avaliados polo xurado que o tivo difícil para escoller entre o amplo abanico de animais que compartían protagonismo con personaxes de debuxos animados tan coñecidos como Mickey Mouse, Bob Esponja ou Son Goku.
O xurado e os premiados foron os seguintes:
<b>Xurado centro de FLEMING</b>
Ana Garrido, Concelleira de educación
Xoán Baltar, Ilustrador
Artur Yuste, Director Grupo Cuevas
<b>Premiados centro de FLEMING</b>
Tegra García, Primer Premio (4 años)
María Borrajo Sanmamed, Segundo Premio (6 años)
Uxía Martínez López, Tercer Premio (5 años)
<b>Xurado centro do Porriño</b>
Nelson Santos, Alcalde do Porriño
Rita Mª Sío, Directora do Colexio Santo Tomás
Gino Rocal, Xefe de Publicidade de Atlántico Diario
<b>Premiados centro de PORRIÑO</b>
Alberto Martínez Cortegoso, Primer Premio (8 años)
Alba González Fernández, Segundo Premio (6 años)
Miriam Ramilo Rodríguez, Tercer Premio (8 años)
Ver reportaxe Fleming
Ver reportaxe Porriño
Ver mascota
11 Outubro, 2012
A revista Inforetail (Información de retail & consumo do século XXI) fai un repaso dos horizontes de expansión das principais insignias de distribución en España no seu exemplar número 4.
Grupo Cuevas mantén a súa tendencia crecente dos últimos anos e as súas previsións apuntan a obter unhas vendas de máis de 100 millóns de euros. Ademais, o investimento previsto para o presente exercicio supera os tres millóns de euros, destinados, principalmente á expansión comercial da insignia Aquié e á construción dunha plataforma loxística de frío da súa marca Frunatur.
Ver reportaxe
5 Outubro, 2012
Grupo Cuevas, Caldaria Termal e Modera Media asinan un convenio coa Universidade de Vigo que pretende crear un Campus de Ourense máis vivo e estreitar lazos entre o alumnado e o mundo empresarial.
O programa seleccionará mediante unha convocatoria a tres alumnos de último curso das tres titulacións que se imparten na facultade para realizar prácticas formativas nas empresas colaboradoras. Ao mesmo tempo, os alumnos poderán vincular os seus proxectos de fin de carreira á actividade produtiva en cuestión e recibirán o importe equivalente á matrícula do presente curso académico 2012-2013.
Grupo Cuevas apadriñará un estudante do grao de Administración e Dirección de Empresas. Caldaria Grupo Termal fará o mesmo no grao de Turismo e Modera Media apadriñará a un matriculado no grao de Consultoría e Xestión da Información.
Ver noticia
1 Outubro, 2012
Queremos premiar a túa fidelidade por iso se entre o 1 de outubro e o 15 de decembro acumulas 50 puntos coas túas compras, regalámosche totalmente gratis unha paleta ibérica Guadiala. Todo un luxo gastronómico e un verdadeiro pracer para os sentidos.
Promoción limitada a clientes con cartón de fidelización e válida nos nosos centros Aquí, Aquié e Plenus.
Ver bases