31 Xullo, 2012
Supermercados Aquié convoca o seu tradicional Concurso Infantil de Debuxos que nesta edición 2012 ten como obxectivo escoller a mascota Aquié. Poderán participar todos os nenos que non superen os 12 anos de idade e o concurso dá comezo o día 1 de agosto ata o sábado 15 de setembro de 2012. Cada participante poderá escoller a técnica, cores e materiais que desexe para plasmar a súa idea, sempre aplicados á lámina de participación facilitada por Aquié.
Esquece os personaxes coñecidos dos debuxos animados e fai o que se che pase pola cabeza, o que che guste a tu, ao mellor é o que nos gusta tamén a nós. Cando te poñas a debuxar, pensa no ben que o estás a pasar mentres inventas a nosa mascota, verás como che sae mais chulo.
Descargar bases
Descargar lámina para debuxar
30 Xullo, 2012
Os premiados cunha comida para dúas persoas, dentro da iniciativa "Pregúntalle o Xefe de cociña", levada a cabo durante o mes de xuño no noso centro Aquié da rúa Doutor Fleming foron:
Mª Isabel Troitiño
Juana Solis Fernández
Otilia Vilacha Rodríguez
Amelia Alvarez Hortas
Mª de los Dolores Estevez Tieira
Roberto Fernández
O sorteo destes vales realizouse entre todos os clientes que durante este período formularon distintas consultas aos nosos xefes de cociña.
Parabén aos premiados.
23 Xullo, 2012
Plenus Supermercados é a marca de Grupo Cuevas que recolle toda a experiencia e valor das demais insignias do grupo, para presentala nun modelo de franquía. Dende hoxe esta marca está presente tamén en Internet.
Visitar web
4 Xullo, 2012
A cifra de negocio do Grupo Cuevas elevouse en 2011 a 94,11 millóns de euros, un 12,1% máis que ao peche de 2010, nun positivo exercicio no que a solidez da compañía se viu reforzado co auxe das exportacións, coa ampliación da canle de distribución e coa execución e planificación de novos investimentos estratéxicos.
Nos dous últimos anos (entre 2009 e 2011), a facturación creceu un 21,4%, a pesar do escenario de crise, da caída do consumo interno e das restricións financeiras para activar investimentos. Ademais, a liña de crecemento do Grupo Cuevas non se deterá en 2012, xa que o obxectivo pasa por alcanzar este ano a barreira dos 100 millóns de euros en cifra de negocio.
Ao peche de 2011, o cash-flow situábase en 2,16 millóns, un 29,6% máis que un ano antes. A previsión para 2012 ascende a 2,3 millóns. Esta cifra estimada representa un incremento do 62% dende 2009.
Por outra parte, a empresa Frunatur, do Grupo Cuevas, ten en marcha un proxecto tecnolóxico de ampliación e mellora das súas instalacións produtivas situadas na rúa principal do Polígono de San Cibrao dás Viñas. A operación estratéxica baséase na construción dunha plataforma de frío -adxacente á nave actual-, para albergar as últimas tecnoloxías en conservación e en procesado de froitas e hortalizas. O presuposto supera os 1,3 millóns de euros. A nova planta, que entrará en servizo o próximo ano, converterá a Frunatur nunha das selectas empresas do sector dotada de plataforma de frío completa.
Ampliar información
Informe de prensa