Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

GRUPO CUEVAS IMPULSA A PASTA CON FARIÑA DE CASTAÑA CON ANDREA TUMBARELLO

11 Xuño, 2012

Nestes últimos días Grupo Cuevas mantivo encontros e reunións co prestixioso xefe de cociña Andrea Tumbarello para testar varios produtos nos que se traballa dende hai meses. Unha das claves dos estudos pasa por elaborar unha fariña de castaña que ao mesturala coa de trigo dá lugar a un produto de alta calidade. A iniciativa pretende potenciar o aproveitamento da castaña, tanto dende o punto de vista gastronómico como turístico. Para iso puxéronse en marcha varias frontes de traballo. Grupo Cuevas contactou cos xefes de cociña dos restaurantes máis prestixiosos do país tanto para que acudan á cidade de As Burgas a realizar demostracións dos pratos que xa elaboran con castaña, como para descubrir o potencial do froito que aínda non foi explotado.
Noticias en prensa

INÍCIASE O II CICLO DO FORO DA CASTAÑA CON MARTA FERNÁNDEZ

1 Xuño, 2012

Organizado polo Grupo Cuevas e o Inorde, o II Foro da castaña deu comezo o pasado venres, 1 de xuño, coa intervención da popular presentadora de "As Mañás de Catro" Marta Fernández, quen se mostrou moi próxima ao público durante a súa exposición.
Olores e cores de outono que nos acompañan dende a infancia, a presentadora evocou recordos da súa nenez entorno ao humilde froito e destacou como foi noutros tempos ingrediente indispensable na cociña máis popular e como retorna agora aos fogóns máis prestixiosos en receitas elegantes e sofisticadas de máis da metade de restaurantes españois que posúen algunha estrela Michelín.