Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

EXPOSICIÓN DE CABACEIROS EN AQUIE

9 Abril, 2012

Ata o 30 de abril poderás contemplar e gozar dunha magnífica colección de horreos mentres fas a compra nos nosos centros Aquié. As reproducións, a escala 1:10, son unha réplica exacta de horreos reais elaborados polas mans de Xosé Arturo Fernández, un dos máis recoñecidos e expertos artesáns.
Os cabaceiros teñen en cada zona de Galicia unhas características propias que foron creándose a base da experiencia dos propios agricultores segundo as variedades climáticas de cada lugar. Desta forma, non só conservábase en boas condicións o millo senón tamén o peixe, os embutidos e outros alimentos.
En Aquié poderás atopar cabaceiros de madeira, de varas, ao estilo Pontevedra (combinan madeira e pedra), con teitos de lousa ou de teza… Porque en Aquié a compra pode ser diferente.
Ver fotografías

O COCINEIRO DAVID DE JORGE RECOMENDA O NOSO MARRON GLACÉ

4 Abril, 2012

O coñecido e televisivo cociñeiro David de Jorge, que emite diariamente un programa de cociña de 14:30 a 15:00 chamado Robin Food en ETB2, viuse seducido polo noso marron glacé. David de Jorge cualificou o noso produto como “pecado mortal versión confite”.
Ver noticia

A REVISTA DULCES NOTICIAS FALA DE GRUPO CUEVAS EN GULFOOD

1 Abril, 2012

No número 278 da revista Dulces Noticias podemos atopar unha reportaxe sobre a feira Gulfood. Un ano máis, a feira de alimentación de Dubai foi o lugar elixido por un bo número de empresas españolas de alimentación para expor as súas novidades e realizar e afianzar os contactos comerciais que lles permitan reforzar a súa presenza nos emerxentes e puxantes mercados árabes do Golfo Pérsico.
Ver noticia