21 Febreiro, 2012
Aproveitando a man dos nosos cociñeiros Carina Carreira e José Luís Fernández gravamos unhas fáciles e suculentas receitas para a sección “Escola de Cociña” do programa “Cousas para comer” que se emite todosos martes ás 21:50 en Telemiño, R Televisión e Santiago Televisión.
Ver imaxes making off
Ver televisión á carta
19 Febreiro, 2012
Cuevas e Cía Marron Glacé estará presente en Gulfood 2012, feira que se celebrará do 19 ao 22 de Febreiro en Dubai.
Gulfood é a feira da Alimentación e a Hostalería máis importante de Oriente Medio. Conta con visitantes internacionais de África do Norte e Central, do subcontinente Indio, así como Asia e Rusia. A feira é un escaparate para os fabricantes, distribuidores e provedores de todo o mundo que representan todos os sectores crave dentro da alimentación.
Se desexa concertar unha entrevista connosco ou realizar algunha consulta estaremos encantados de atendelo no Hall Shk Rashid – Caseta R-S8
Saber máis sobre a feira
14 Febreiro, 2012
Hoxe 14 de febreiro, día de San Valentín, os premiados do noso sorteo dunha bicicleta tandem vermella foron:
– En Ourense: Supermercado Aquí de Allariz, Josefa González Feijoo.
– En Pontevedra: Supermercado Aquié de O Porriño, Isolina Rodríguez Rodríguez.
Durante esta semana recolléronse máis de 18.000 solicitudes, grazas a todos os participantes e parabéns aos premiados.
http://www.grupocuevas.com/news/20120214_GanadorasTandem.pdf
6 Febreiro, 2012
Nos supermercados Aqui/Aquié estamos levando a cabo unha curiosa campaña de San Valentín e sorteamos entre os nosos clientes unha espectacular bicicleta tándem vermella que podes ver exposta nos centros Aquié de Ourense (Rúa Doctor Fleming Nº30) e en O Porriño (en Rúa Pinar Nº2).
Ao abonar a túa compra en caixa e ensinar o túa tarxeta cliente, recibirás un cupón. Escribe no cupón unha gabanza, a máis bonita, a máis graciosa ou a máis romántica que se che ocorra e deposítao na urna da promoción.
Con todos os cupóns recibidos realizaremos dous sorteos, un entre os clientes dos nosos centros da provincia de Pontevedra e outro entre os clientes dos centros da provincia de Ourense.
A data tope de recepción de cupóns é o sábado 11 de febreiro. Os gañadores serán informados telefonicamente da hora da entrega do tándem, que se realizará o 14 de febreiro.
As parellas deben andar xuntas e “AQUI” sabemos como conseguilo… XUNTOS EN TÁNDEM!
Ver imaxe da campaña
Ver galería
3 Febreiro, 2012
“A Tarde” emite un programa especial desde a feira de Xantar en Ourense. Cristina García entrevista a Francisco Gayoso, xerente de Ruta Jacobea, sobre as calidades dos pratos preparados para os supermercados Aquié. Mentres, Alberto Rivero, en directo desde a caseta, fala con María Castro, responsable de mercadotecnia de Grupo Cuevas para retrasmitir a preparación dun deses pratos: Plátano flambeado con chocolate.
Durante a xornada de hoxe, os visitantes de Xantar puideron ver en directo a preparación de varios pratos e puideron degustalo nas súas dúas modalidades: o prato recentemente preparado e o mesmo prato envasado.
No menú de hoxe: pementos de piquillo recheos de allo porro con salsa de queixo, guiso de sepia con patacas, brocheta de solombo con salsa de cogomelos e plátano flambeado con chocolate.
Oír programa